Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O Departamento de Informática do IES Isidro Parga Pondal acorda aprobar os seguintes criterios mínimos para a avaliación do Proxecto de Administración de Sistemas Informáticos en Rede. O alumnado deberá cumprir con ditos criterios para acadar unha cualificación igual ou superior ao 5:

  1. Caso de que o proxecto o necesite, deseñarase un modelo de negocio que permita coñecer de antemán a estrutura do proxecto. En todo caso describirase o proxecto dende dous puntos de vista: o punto de vista dos que usarían o resultado do proxecto e o punto de vista dos que formarían parte do que o proxecto describe.

  2. Se o proxecto contempla una infraestrutura o servizos de rede: 

  • Débese crear un esquema de rede onde se detalle o direccionamento IP e o equipamento de rede empregado, xustificando tanto o direccionamento como os modelos empregados para a creación da rede.

  • Deberase prestar atención á creación de VLANs no caso en que a rede local do proxecto así o recomende.

  • Deberase especificar o software dos servizos de Internet empregados no proxecto, incluíndo o sistema operativo no que se implementarán.

  • Xustificarase o uso de sistemas de hosting fronte a posibilidade de administrar os sistemas na rede local.

  • Deberase implementar máis de un servizo entre DNS, DHCP, HTTP, FTP, Email, Chat e VoIP.

  • Se excepcionalmente se considera que o proxecto require de un ou ningún destes servizos deberase acordar co profesorado a idoneidade da solución aportada con anterioridade á presentación, e xustificalo durante a mesma. 

  1. Deseñaranse as solucións de alta dispoñibilidade segundo a arquitectura de rede e infraestrutura do sistema planeado.

  2. Se o proxecto contempla a realización dunha o máis páxinas web: 

  • Deseño e implementación web utilizando XHTML e CSS. 

  1. Se o proxecto contempla o uso de información almacenada: 

  • Uso de documentos XML para estruturar a información.

  • Deseño conceptual (modelo Entidade-Relación) dunha base de datos.

  • Deseño lóxico (modelo relacional) dunha base de datos.

  • Deseño físico (implementación da base de datos nun Sistema Xestor de Bases de Datos (SXBD)).

  • Mecanismos de copias de seguridade dos datos.

  • Configuración específica dun SXBD para as necesidades do traballo que se realiza. 

  1. Se o proxecto contempla la instalación de sistemas operativos: 

  • Se especificará claramente los sistemas operativos utilizados para clientes y servidores respecto as súas versións.

  • Xustificarase o uso de sistemas operativos comerciais en detrimento do software libre.

  • Especificaranse todos os servizos configurados en servidores xustificando o seu uso.

  • Entregarase unha planificación de copias de seguridade, así como unha descrición dos sistemas de almacenamento redundante utilizados. 

  1. En caso de adquisición de hardware especificar: 

  • Custe de equipamento por compra/renting.

  • Xustificación do modelo/arquitectura/tecnoloxía escollida.

  • Custe de instalación/implantación sistema

  • Estimación custe mantemento hardware anual. En caso de servidores de marca, información de contratación do mantemento con condicións.

  • Solucións de tolerancia a fallos hardware:

  • Copias de seguridade/ redundancia datos

  • Redundancia de sistemas.

  • Uso de máquinas virtuais.

  • Sistemas de protección ante desastres: SAIs, RAID, caixas de seguridade ...

  • Posibles ampliacións hardware. Especificar temporalidade e custo asociado. 

  1. Teranse en conta os aspectos xerais das normativas legais implicadas.