Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O día 11 de abril os grupos A e C de 3º da ESO visitaron os xulgados de Carballo. Trátase dunha actividade que organiza o departamento de Filosofía e que se enmarca no programa Educar en xustiza, que xestiona o departamento de Comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Os grupos foron recibidos pola xuíza Andrea Cernadas, quen explicou a mecánica dos procesos que se levan a cabo nun xulgado de primeira instancia e instrución, e de violencia de xénero.

O alumnado asistiu a varios xuízos rápidos por delitos leves e visitou as instalacións. Entre estas, os calabozos e a sala de recoñecemento de sospeitosos despertaron especial interese.

O próximo día 26 farán a visita os grupos B e D. A actividade forma parte do  programa da materia de Educación en valores cívicos e éticos.