Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Dende a escola de nais e pais do centro levarase a cabo o día 26 de febreiro de 18:30 a 20:30 unha ponencia de Juan Ramos, psicólogo da asociación ANHIDA (@anhidacoruna, asociación de nenos con Trastorno por déficit de atención e hiperactividade), para tratar a desmotivación na adolescencia. Está dirixida tanta a familiares como a docentes.
Nesta charla, Juan, explicará por que parece que na adolescencia non lles motiva nada, xa sexa no instituto, nas tarefas de casa, nas súas responsabilidades... parece que nada funciona se non estamos todo o tempo detrás.
Así, grazas ás súas explicacións, entenderemos como funciona a motivación nos adolescentes, que é o que provoca a súa desmotivación e indagaremos como pais e nais se hai algo que estea ao noso alcance para motivalos cara esas tarefas que se lles resisten.

enapa