Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Dentro das actividades organizadas polo departamento de Educación Física coa colaboración do equipo directivo e de toda a comunidade educativa, encadrado como unha máis das actividades desenroladas do Proxecto de vida activa e deportiva no marco do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, celebrouse durante os meses de Marzo a Maio a primeira edición da liga de street basket, un novedoso formato de xogo de 3 contra 3 nunha canasta.

Os equipos participantes dividironse en dous competicións por unha banda xogou o alumnado de 1º e 2º da eso con 11 equipos participantes, e pola outra banda outros 7 equipos participantes con alumnado de 3º e 4º da eso.

Despois de facer unha rolda na que se enfrentaron todos os equipos, realizaronse as semifinais e as finais correspondentes a cada unha das competicións diferenciadas.

Os equipos finalistas obtiveron de premio un vale para consumir na cafetería do centro.

Durante toda a competición a actitude dos equipos e o numeroso público foi excepcional amosando deportividade, educación e respeto.

Unha boa experiencia para seguir facendo en próximas edicións.

Deixamos fotos dos finalistas.