27 xuño de 2022: Entrega e publicación cualificacións
Entrega boletíns, consello orientador e impresos de matrícula (nas aulas habilitadas). NON HABERÁ TRANSPORTE ESCOLAR
- 1º e 4º ESO:14:00 horas
- 2º e 3º ESO e 1º Bacharelato: 19:30 horas
O alumnado de 4º ESO e o que finaliza estudos no centro deberá devolver o equipo, cargador e maletín, o luns 27 de xuño de 2022 ás 13:00 horas nas aulas de cada grupo.
O alumnado da ESO deberá devolver os libros de préstamo da ANPA. Entregaranse nunha bolsa identificando no exterior apelidos e nome, curso e grupo nas mesas habilitadas no distribuidor.
28 e 29 xuño (ata as 14:00 horas): Revisión e reclamación cualificacións, decisión promoción/titulación
Premer no enlace para consultar procedemento reclamación
Revisión |
O alumnado ou os seus representantes legais poderán solicitar ao profesorado e á persoa docente titora cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o seu proceso de aprendizaxe, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado do devandito proceso. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais. |
Reclamación:
No caso de que persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión de promoción ou titulación adoptada para un alumno ou alumna, este ou os seus representantes legais poderá solicitar por escrito a revisión, no prazo de dous días lectivos contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación. Premer no enlace para acceder aos modelos
|
Solicitude de revisión dunha cualificación |
Xefatura de estudos traslada a solicitude ao departamento didáctico e comunicará tal circunstancia á persoa docente titora.
Xefatura de estudos comunica por escrito a decisión razoada do departamento didáctico de ratificación ou modificación da cualificación revisada e informa por escrito á persoa titora.
|
Solicitude de revisión a decisión de promoción/titulación |
Xefatura de estudos traslada a solicitude á persoa docente titora como responsable da coordinación da sesión de avaliación.
Reunión extraordinaria de avaliación para a revisión do proceso de adopción da decisión de promoción/titulación á vista das alegacións realizadas.
|
Notificación escrita por parte de Xefatura de estudos aos/ás interesados/as da decisión razoada de ratificación ou modificación da cualificación revisada por parte do departamento ou da decisión de promoción/titulación
Esta levarase a cabo o 30 de xuño, ás 14:00 horas, na Xefatura de estudos do centro.
1 e 2 de xullo (ata ás 14:00 horas): Reclamación ante Xefatura Territorial (Artigo 5 Orde do 2 de marzo de 2021). Premer no enlace para acceder aos modelos.
No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión sobre a promoción ou titulación adoptada polo equipo docente, o alumnado ou os seus representantes legais poderán presentar por escrito á dirección do centro docente, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada, reclamación ante a Xefatura Territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.