Skip to Content

Charla Gen-Tech

O 19 de abril o enxeñeiro informático Daniel Turiño, de Altia, deu unha charla no noso centro sobre saídas profesionais no mundo das TIC e sobre a súa experiencia e vida profesional ao alumnado da materia optativa de TIC de 2º de bacharelato. Os asistentes puideron preguntar desde cuestións sobre opcións de futuro ata referidas á intelixencia artificial.

Premios extraordinarios ESO

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23 

Requisito: Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño (DOG núm. 120, do 29 de xuño), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

 Acceso á aplicación e consulta de probas de cursos anteriores.

Premios extraordinarios Bacharelato Curso 2022/23

Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23 (código de procedemento ED311A)

Toda a información

Enlace sede electrónica (código de procedemento ED311A)

Prazo de presentación de solicitudes: do 26 de abril ao 25 de maio de 2023.

A realización da proba terá lugar o día 14 de xuño de 2023 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (https://www.edu.xunta.gal). A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa poderá modificar a data de realización da proba por causas debidamente xustificadas.

Premer no enlace para consultar os lugares de realización da proba

Premer no enlace para consultar listaxe definitiva de alumnado admitido

Enlace probas cursos anteriores

10ª Convocatoria Becas Eurolingua

II Concurso de derivadas

Álbum: CURSO 2022/23 -> Concurso de derivadas

Convocado polo Club de Ciencias do Díaz Pardo, foi estruturado nunha fase previa e en roldas eliminatorias ata chegar á gran final gañada polas alumnas de 2º de bacharelato Inés Sánchez Fernández e Jimena Terrones Otero. Abundante público seguiu as distintas sesións do concurso nos recreos.

Concreción curricular

Novidades

f) Criterios de oferta educativa, agrupamentos en ámbitos, itinerarios e optatitividade, de ser o caso.

Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde do 13 de febreiro de 2023 pola que se establece o currículo das materias optativas do bacharelato e se regula a súa oferta

Iníciase un proceso de recollida de información para a elaboración da oferta educativa para o curso 2023/24.

As novidades foron informadas nas aulas de grupo.

Os titores de 3º, 4º ESO e 1º Bacharelato enviaron os enlaces das enquisas para a recollida de datos a través das aulas virtuais. 

Prazo para enviar as enquisas: 11 de abril (inclusive)

Aínda que as eleccións manifestadas non teñen carácter vinculante, prégase responsabilidade na resposta co fin de colaborar na organización do curso 2023/24

j) Criterios xerais para a avaliación, promoción e titulación 

Viaxes culturais a París e Londres

Álbum: CURSO 2022/23 -> Viaxes culturais a París e Londres

Reserva de praza alumnado centros adscritos Curso 2023/24

Rematado o procedemento de reserva de postos escolares para o alumnado procedente dos centros adscritos, informamos que os postos dispoñibles en 1º ESO e 1º Bacharelato no IES Isaac Díaz Pardo para o curso 2023/24 son suficientes para atender as solicitudes presentadas en prazo.

Radio Mimina

O 15 de febreiro comeza a funcionar a radio do instituto, Radio Mimina, coa gravación do primeiro podcast para conmemorar o día de Rosalía de Castro.

Distribuir contido


by Dr. Radut