Skip to Content

Colaboración ANPA

Grazas á colaboración da ANPA sumamos unha mesa máis para o tempo de lecer

Distribución de máscaras

Está dispoñible na secretaría do centro a relación definitiva de solicitudes concedidas (todo o alumnado beneficiario das axudas de material escolar). Non hai solicitudes excluídas.

O luns 13 de decembro comezará a distribución das máscaras correspondentes polos días lectivos que restan ata final de curso.

As persoas solicitantes poden recollelas na Secretaría do centro en horario de  9:00 a 14:00 horas.

Criterios e procedemento de distribución de máscaras

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

Alumnado beneficiario

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22:

Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2021/22

 

Non fose beneficiaro da axuda para adquirir material escolar, pero:
  1. Pertenza a familias cunha renda per cápital igual ou inferior a 6.000 €
  2. Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar

Prazo solicitudes:

10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG.

(15/11 - 26/11)

Proxecto desenvolvido pola Consellería do Mar

Obxectivo: Visibilizar as posiblidades que ofrece o sector pesqueiro
Destinatario: Alumnado 4º ESO
Temporalización: 1º Trimestre

Saídas do alumnado de Bacharelato nos períodos de lecer

A partir do luns 18 de outubro, o alumnado de Bacharelato que porte carné poderá saír do centro durante os períodos de lecer.

O Consello Escolar do IES Isaac Díaz Pardo, en sesión ordinaria celebrada o 29 de setembro de 2021, acordou:

Autorizar as saídas voluntarias nos períodos de lecer do alumnado de ensino non obrigatorio. Esta autorización está limitada ao alumnado que curse ensinanzas de Bacharelato.

O centro recadará as correspondentes autorizacións dos proxenitores do alumnado menor de idade non emancipado, para o cal remitirá información completa ás familias. As autorizacións deberán ser entregadas na Secretaría do centro, con data límite 15 de outubro de 2021.

O alumnado de ensino non obrigatorio maior de idade e menor de idade que conte con autorización dos proxenitores para a saída do centro nos períodos de lecer deberá portar carné expedido polo centro aos efectos de facilitar a identificación ante o profesorado de garda.

O alumnado deberá observar en todo momento as medidas de seguridade previstas nos protocolos e recomendacións sanitarias e retornar á actividade lectiva en tempo.

As condutas contrarias á convivencia que se poidan producir no tempo que o alumnado pase fóra do centro rexeranse polo establecido na Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut