Skip to Content

Actividades complementarias de novembro

Premios concurso de cómic

Dous dos nosos alumnos de debuxo foron premiados no concurso de cómic AX1. Nuno Cabrera cun accésit na categoría de maiores de 16 anos e Álex Fornos co 2º premio na mesma categoría. Posan cos diplomas acompañados da súa profesora Sabela Arias o pasado venres, día da entrega de galardóns en Santiago.

Samaín na biblioteca

Álbum: CURSO 2022/23 -> Samaín na biblioteca

No IV Concurso de Microrrelatos de Samaín organizado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega resultaron gañadoras do Premio da crítica Mar Bermejo Carreira e Inés Andújar Vilar de 1º ESO C e gañadores do Premio do público Javier Vázquez Bugallo e Iago López Merino de 2º ESO D.

Eleccións Renovación Consello Escolar

Premer no enlace para consultar tríptico

O sorteo público para determinar a composición da Xunta Electoral (titulares e suplentes) que organizará a supervisará o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, terá lugar na secretaría do centro o día 27 de outubro de 2022, ás 10:25 horas.

3 de novembro, 10:00 horas: Constitución Xunta Electoral. 

De acordo coa lexislación vixente procede a:

Aprobar e publicar os censos electorais (dispoñibles na Secretaría do centro para consulta). Prazo límite para presentación de reclamacións: 16 de novembro (ata as 14:00 horas), mediante escrito dirixido á Xunta Electoral. 

Concretar o calendario electoral:

  • Do 4 ao 11 de novembro (ata as 14:00 horas): prazo para a presentación (na Secretaría do centro) de candidaturas aos distintos sectores, conforme ao formulario dispoñible na Secretaría do centro e/ou no seguinte enlace
  • 14 de novembro, 10:25 horas: Reunión da Xunta Electoral (Admisión, proclamación e publicación das candidaturas, sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais e comunicación aos membros das mesas e suplentes de dita circunstancia).
  • 15 e 16  de novembro: Prazo de reclamación á proclamación das candidaturas e admisión de solicitudes de supervisores.
  • 17 de novembro, 12:25 horas: Reunión da Xunta Electoral (Publicación da resolución sobre as reclamacións ás candidaturas, publicación das corrección aos censos e elaboración das papeletas e credenciais dos supervisores).
  • 28 de novembro: Constitución mesas electorais e votacións.
    • Mesa alumnado. Constitución: 08:45 h. Votacións: de 09:00 a 13:30 h.
    • Mesa pais/nais/titores legais. Constitución: 15:45 h. Votacións: de 16:00 a 19:00 h.
    • Mesa profesorado
  • 29 novembro: Reunión Xunta Electoral (Proclamación e publicación dos candidatos elixidos, traslado actas das mesas electorais á Xefatura Territorial e comunicación aos candidatos electos).

Convocatorias dos distintos sectores

Referencias legais:

Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Circular 18/00 pola que se completa a circular 1/98 pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución do órganos de goberno dos centros públicos de ensinanzas non universitarias

Circular 1/98, do 2 de febreiro, da D.X. e Inspección Educativa pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario

Decreto 324/1996 do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos insitutos de educación secundaria 

Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias 

Inauguración da porta do laboratorio de bioloxía

O pasado mes de setembro a micóloga Marisa Castro Cerceda deu unha charla e inaugurou a porta do laboratorio de bioloxía deseñada polo alumnado de debuxo de bacharelato e adicada a ela.

Entrega vales material escolar

Segundo a Resolución do 5 de outubro de 2022 publicada no DOG do 14 de outubro de 2022, os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25 €.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

Recollida na Secretaría do centro a partir do 17 de outubro. Horario de entrega: 9:00 -14:00 horas.

Mediación

Xogos de enxeño

O alumnado de 4º ESO inaugurou hoxe a primeira xornada de xogos de enxeño organizados polo Club de ciencias. Varios equipos compiten nos recreos por sumar puntos nos cinco xogos: Quebracabezas, Puzzle 3D, Enigmas, Tantrix e Tangram.

Distribuir contido


by Dr. Radut