Skip to Content

Reserva de praza e Admisión

Admisión curso 2024/2025. Documentación xustificativa dos criterios alegados no baremo.

Unha vez concluído o prazo ordinario de solicitude de admisión, dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes presentadas en 1º de Bacharelato para o curso 2024/2025 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles para que, os que aínda non o teñan feito, presenten de forma presencial a documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer unha orde de prelación.

Nos cursos de ESO e 2º de Bacharelato todas as solicitudes presentadas obteñen praza.

 

Admisión Curso 2024/25

Alumnado de novo ingreso procedente de centros non adscritos (Prazo: do 1 ao 20 de marzo)

Presentación de solicitude de admisión única:

  • preferentemente de forma electrónica. 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

  • ou de forma presencial no centro educativo.

Modelo solicitude admisión (ED550B)

 Lexislación e información:

Admisión Curso 2023/24: Publicadas as listaxes definitivas alumnado admitido e non admitido

Os interesados poden consultar as listaxes na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro.

Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Admisión Curso 2023/24: Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas. Os interesados poden consultar as listaxes na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro.

Contra as listaxes provisionais poderá formularse reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.

Reserva de praza alumnado centros adscritos Curso 2023/24

Rematado o procedemento de reserva de postos escolares para o alumnado procedente dos centros adscritos, informamos que os postos dispoñibles en 1º ESO e 1º Bacharelato no IES Isaac Díaz Pardo para o curso 2023/24 son suficientes para atender as solicitudes presentadas en prazo.

Distribuir contido


by Dr. Radut