Skip to Content

Circulares

ANPA: Circular actividades

Prezadas familias.

Queremos achegarvos información acerca dunha serie de actividades extraescolares que queremos ofrecer para o curso 2024/25, e que se levarán a cabo en colaboración con diversos centros da vila e do Concello de Sada.

O prazo para apuntarse é ata o venres, 27 de setembro.

No documento tedes toda a información.

Si necesitades algunha información adicional chamade ao 697 461 356  (só en horario de tarde).

 

ANPA: Circular entrega de libros

Prezadas familias:

Informámosvos dos seguintes asuntos:

Entrega de libros

Aínda non dispoñemos dos libros de francés de 3º e 4º de ESO, non obstante, para que o alumnado poda dispoñer dos libros o antes posible, faremos entrega dos demais.

Normas básicas para o uso dos libros:

Todos os libros entregados ao alumnado deberán de forrarse con plástico transparente, non adhesivo, antes do seu primeiro uso.

nome do/a alumno/a poñerase sobre o forro (nunha etiqueta, ou de forma visible).

Non se poderá escribir, subliñar, dobrar as follas para marcar temas, nin facer ningún tipo de marca nos libros.

Ao final de curso devolveranse os libros en bo estado, sen roturas, pegatinas nin manchas, debendo repoñer aqueles que non cumpran estas condicións.

Ao recibir os libros, o alumnado participante, nai, pai ou tutor que recolla os libros asinará a súa entrega.

É importante recordar ao alumnado que trate de conservar os libros tal e como lle agradaría recibilos. 

Horario de recollida dos libros:

Data Horario
Luns, 16 de setembro 18:10 a 19:00 h
Martes, 17 de setembro 16:00 a 17:00 h
Mércores, 18 de setembro 12:20 a 12:40 h

Lugar: Local do ANPA do IES Isaac Díaz Pardo (entrando á esquerda)

En canto teñamos os libros que faltan, informarémosvos por esta mesma vía.

 Doazón de libros

Estamos estudiando a posibilidade de ampliar o banco de libros, e estendelo tamén a bacharelato para os próximos cursos.

Por iso, solicitamos a vosa axuda, doando aqueles libros de cursos anteriores que non necesitedes. Simplemente, podedes deixalos en conserxería nunha bolsa indicando DOAZÓN PARA ANPA.

Canles de comunicación

Recordamos que ademais de utilizar a páxina web do instituto, dónde se publicarán as circulares, tamén utilizaremos unha lista de difusión por whatsapp. Para que vos cheguen estes avisos, é necesario que gardedes o número de teléfono nos vosos contactos (639 526 785 ANPA As Brañas).

Novas altas

Por último, deixámosvos un enlace ao formulario para aquelas familias que queirades entrar a formar parte da asociación e non o fixerades aínda.

ENLACE AO FORMULARIO DE ALTA CURSO 2024-25

Para calquera dúbida ou aclaración que necesitedes podedes poñervos en contacto con nós a través do correo electrónico ou do noso número de teléfono

ANPA: Circular setembro 2024

Estimadas familias.

Informámosvos dos seguintes asuntos:

Entrega de libros

Estamos xestionando a adquisición de libros para completar os que xa temos de cursos anteriores. Unha vez iniciado o curso informarémosvos de como faremos a entrega a través da páxina do centro.

Canles de comunicación

Ademais de utilizar a páxina web do instituto, dónde se publicarán as circulares, tamén utilizaremos unha lista de difusión por whatsapp. Para que vos cheguen estes avisos, é necesario que gardedes o número de teléfono nos vosos contactos (639 526 785 ANPA As Brañas), en caso contrario, non vos chegarán os avisos vía whatsapp.

Novas altas

Por último, deixámosvos un enlace ao formulario para aquelas familias que queirades entrar a formar parte da asociación e non o fixerades aínda.

ENLACE AO FORMULARIO DE ALTA CURSO 2024-25

Para calquera dúbida ou aclaración que necesitedes podedes poñervos en contacto con nós.

Atentamente

A Xunta Directiva da Anpa As Brañas

Alta/renovación socio ANPA Curso 2024/25

Prezadas familias:

Facémosvos chegar o formulario no que podedes darvos de alta/renovar como socios da ANPA para o curso 2024/25.

Animádevos a formar parte da asociación, coa que pretendemos facilitar a colaboración entre nais e pais co centro escolar, e entre todos crear un entorno educativo máis positivo e enriquecedor para as nosas fillas e fillos.

LIGAZÓN AO FORMULARIO

Importante:
A alta só será efectiva unha vez efectuado o pago da cota anual: 20 €.
Datos para realizar o pago:

  • Nº de conta: IBAN ES09 2080 0035 1330 4004 0960 de Abanca (non temos bizum)
  • Titular: Asociación Anpa As Brañas
  • Concepto: COTA ANUAL + nome e apelidos da alumna/o (No caso de máis dunha alumna/o, podedes poñer o de máis idade)

Data límite da alta: 31/08/2024

As altas realizadas fóra desta data non se beneficiarán do acceso ao banco de libros.

Non obstante, o alta como familia socia non garante a dispoñibilidade de libros de texto do banco de libros da Anpa.

Atentamente

A Xunta Directiva da Anpa As Brañas

ANPA: Recollida libros de texto

Estimad@s Asociad@s,
Informamos que a devolución dos libros ao banco da ANPA deberá facerse o vindeiro día 25 de xuño coincidindo coa entrega das notas , no seguinte horario:
  • Pola mañá de 12:30 a 13:30 horas
  • Por la tarde de 16:30 a 17:30 horas
Os libros deberán deixarse no local do Anpa, e o teléfono estará disponible en todos os horarios por si houbera algunha incidencia (639526785).

Comunicado ANPA

Estimados socios e socias:

Poñémonos en contacto con vos para comunicar a necesidade de formar unha nova xunta directiva para a Anpa As Brañas.

Ao remate deste curso 23/24 tres dos actuais membros deixaremos os nosos cargos.

Foron catro anos de colaboración e participación na actividade do centro, algún deles especialmente complicados como os da pasada pandemia e cremos que chegou o momento do relevo, de que o IES Isaac Díaz Pardo conte cun proxecto novo na Anpa que poida aportar novas ideas.

Os que estean dispostos a afrontar este reto, pregámoslles que se poñan en contacto con nos o antes posible para comentar o  procedemento e os pasos a seguir.

Antes de que remate o curso, convocaremos unha asemblea co  fin de aprobar unha modificación dos estatutos que axude a simplificar a formación do equipo directivo desta asociación e a elección da nova xestora da Anpa As Brañas, para que poida facerse cargo dende o inicio do novo curso.

No caso de non conseguir una nova directiva, verémonos obrigados á disolución da asociación xa que non habería membros bastantes para formar o equipo necesario, polo que pregamos a vosa colaboración para manter un elemento tan importante da comunidade escolar.

 Moitas grazas pola vosa colaboración.

Anpa As Brañas

ANPA: Entrega libros Curso 2023/24

O vindeiro luns, 11 de setembro, procederase á entrega dos libros asignados a aqueles socios que os solicitaran.

A entrega efectuarase no local da ANPA de 18:00 a 19:15 horas. 

ANPA Curso 2023/24

Prezadas familias:

Este ano, como o pasado, a forma de asociarse á ANPA do IES Isaac Díaz Pardo será a través dun formulario en liña cos seguintes campos:

  • Datos familiares precisos para a alta,
  • Solicitude de libros ao banco da ANPA.

Deben xuntar o xustificante do pagamento da cota anual, que este ano será de 20 €, na conta Nº ES09 2080 0035 1330 4004 0960 de ABANCA a nome da asociación ANPA As Brañas, co seguinte texto: "COTA ANUAL DE SOCIO, apelidos e nome do/a alumno/a, curso no que se matricula no ano académico 2023/24".

A cota de socio é unica por familia, polo que no caso de que no centro cursen varios irmáns, a cota é de 20 € para todos os irmáns.

Aínda que o centro está incorporado ao proxecto E-Dixgal para todos os cursos da ESO, continuamos con banco de libros para as materias que non se imparten en dixital.

Poden facerse socios da ANPA en calquera momento do curso pero para solicitar libros o prazo límite para facerse socio e pagar a cota será o 31/08/2023. Este ano cambian os libros de 2º e 4º ESO, polo que precisamos coñecer con tempo as familias que solicitan libros.

AVISO: Para poder ter dereito de acceso ao banco de libros será imprescindible cumprir dous requisitos:

  • Encher formulario e envialo antes do 31/08/2023.
  • Ter pagada a cota de socio de 20 € antes do 31/08/2023.

Premer no seguinte enlace para darse de alta como socio:

https://forms.office.com/r/0vcRAicecJ

 

Comunicado socios ANPA

Prezados socios:

A devolución e recollida de libros pertencentes ao banco da ANPA realizarase o 19 e 21 de xuño no seguinte horario:

  • 19 de xuño: de 16:30 a 19:00 horas
  • 21 de xuño: de 12:00 a 14:00 horas.

Os libros deixaranse no centro, no local da ANPA. O teléfono (639526785) estará dispoñible nos horarios citados por si xorde algunha incidencia.

Proximamente publicarase na páxina web do centro o formulario para a inscrición como socios para o curso 2023/24.

Solicitude libros ANPA setembro 2021

Estimad@s Asociad@s,

 Desde a ANPA infórmase:

  • Que o prazo  máximo para solicitar libros, de todos aqueles que se inscribiron como novos socios para o curso 2021/22 finalizará o próximo xoves  día 9 de setembro ás 14:00 horas  e que fora dese prazo será posible a inscrición como socio, pero o acceso aos libros será só daqueles que queden dispoñibles.
  • En principio prevese como data para a entrega dos libros o día 13 de setembro; en canto á hora e forma de entrega informarase por correo electrónico aos socios ao longo do venres día 10, unha vez se pechen listados.
  • Este curso os libros do fondo serán só de ESO e das materias que non participan en E-Dixgal, isto é:

Inglés de primeiro e segundo de ESO

Inglés, Francés e Galego de terceiro e cuarto de ESO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut