Skip to Content

Becas e axudas

10ª Convocatoria Becas Eurolingua

Probas de nivel lingüístico

Probas de recuperación dalgún dos módulos Trinity College of London
  • Data: 6 de abril de 2022
  • Lugar: aula usos múltiples do IES
  • Horario:
  • De 10:00 a 12:00 horas. Alumnado que ten que recuperar o módulo  "Reading and writing"
  • De 15:30 a 17:30 horas. Alumnado que ten que recuperar o módulo "Listening and speaking"
Cada alumno/a disporá dunha convocatoria individualizada
 
O alumnado ten que chegar media hora antes da convocatoria, provisto do DNI
 
Consultar calquera dúbida co departamento de inglés 

Probas de nivel lingüístico para alumnado de 4º ESO e Bacharelato de centros públicos

As Probas de Acreditación de Lingua Inglesa (Trinity College London) celebraranse, no centro, os días 15, 16 e 17 de decembro de 2021.

A Consellería financia a totalidade das probas de lingua inglesa que foron solicitadas polo centro. 

Exame escrito: terá lugar o vindeiro mércores 15 de decembro na Aula de Usos Múltiples. O alumnado ten que estar no centro ás 15.30 horas. O alumnado que o precise poderá quedar a xantar no centro (pode traer o xantar ou encargalo, con antelación, na cafetería do centro). O alumnado que pemaneza no centro estará acompañado polo profesorado do departamento de inglés e un cargo directivo. 

Probas de speaking e listening: terán lugar o xoves 16 e o venres 17 de decembro, nas aulas de 1º Bacharelato A, 1º Bacharelato B e 1º Bacharelato C do centro . Cada alumno/a ten xa  a súa convocatoria por escrito do día e a hora que lle corresponde examinarse.

A información relativa ás probas está dispoñible na aula virtual de cada curso con alumnado matriculado nas probas (4º ESO e Bacharelato).

Lembrade traer a memoria USB cos vosos datos completados e o topic preparado para o oral. Tedes que presentar o DNI en cada unha das probas.

Alumnado beneficiario de bolsa de estudos Bacharelato

Publicada na páxina web do Ministerio de Educación a listaxe de solicitantes que resultaron beneficiarios de bolsa.
De acordo co artigo 52 da convocatoria, enténdese que quedan denegadas todas aquelas solicitudes presentadas que non figuren nestas listaxes.
A Resolución da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se resolve a convocatoria, pon fin á vía administrativa. O prazo para a interposición dos recursos aos que se fai referencia na mencionada Resolución comeza o 7 de maio de 2019. O prazo para interpoñer recurso de reposición remata o 6 de xuño de 2019, inclusive.

Distribuir contido


by Dr. Radut