Leonardo
Diario de moblidade SKILL4U: Rennes, outubro 2014
Enviado por admin o Sáb, 26/09/2015 - 18:24Esta é unha presentación feita polos estudantes Julián e David durante a súa visita a Rennes durante a súa visita a Rennes en outubro de 2014, dentro do proxecto Leonardo SKILL4U
Proxecto de creación do logo de SKILL4U
Enviado por admin o Sáb, 26/09/2015 - 18:16Esta presentación amosa o proceso de creación e deseño así como variaciónos do mesmo e posibles aplicacións do logo de SKILL4U por parte do seu autor David Seoane, alumno que participou neste proxecto Leonardo e rematou o bacharelato en maio pasado
SKILL4U. Elaboración do logo de skill4u no taller de soldadura
Enviado por admin o Sáb, 26/09/2015 - 12:52Esta é unha presentación acerca da elaboración do logo de SKILL4U no IES de Fene. Foi feita no taller de soldadura por profesores e varios alumnos do centro
Proxectos europeos. SKILL4U. Enquisa sobre as practicas noutros países
Enviado por admin o Sáb, 26/09/2015 - 12:41Mobilidade a Bladel, Países Baixos
Enviado por admin o Dom, 12/04/2015 - 10:29Do 22 ao 27 do pasado mes de marzo, dous docentes e duas alumnas viaxaron a Bladel, Países Baixos, para participar no colexio PiusX desta localidade na derradeira reuión do proxecto Leonardo "Skill4u". Nestes encontros rematouse de presentar a documentacion elaborada relativa á realización das prácticas de alumnado de FP noutros países, a organización da "landing week" destes alumnos e a proposta dunha enquisa a realizar entre potenciais candidatos, así como e a organizacion e creacion de contidos na páxina web que se está a crear. Foi unha experiencia moi interesante para todos os participantes
Alumnos do IES de Fene en Alemania. Programa Leonardo LdV IVT - OAPEE
Enviado por admin o Mar, 03/02/2015 - 11:16Skill4u, estadía en Rennes. Entrevista en Radio Fene
Enviado por admin o Lun, 17/11/2014 - 20:05Con motivo da recente estadía en Rennes de dous alumnos, duas profesoras e un profesor do IES de Fene, Radio Fene entrevistou recentemente a algúns deles. Nesta vila da Bretaña francesa tivo lugar unha xuntanza de profesores e alumnos de Holanda, Noruega, Polonia, Francia e Fene no marco do proxecto "skill4u"
Entrevista a Julián e David:
Entrevista a María Nogareda:
Mobilidade á Bretaña
Enviado por admin o Dom, 26/10/2014 - 18:08
Dous estudantes e tres profesores do noso centro participaron nunha mobilidade a Rennes dende o 13 ao 17 de outubro.
Esta mobilidade está enmarcada dentro do programa de Proxectos Europeos Leonardo "Skills4u" no que participamos con socios franceses, holandeses, noruegos e polacos.
Durante estes encontros fíxose unha posta en común das actividades xa feitas e establecéronse os criterios para as que quedan por facer, pois unha vez rematado o proxecto, en 2015, este terá unha continuidade no tempo pois o alumnado de FP poderá realizar as prácticas de FCT nalgún dos países participantes.
A experiencia resultou moi positiva, tanto para o alumnado como para o profesorado, e no seguinte enlace podedes escoitar o que supuxo para eles a oportunidade de poder participar neste intercambio.
Proxecto Leonardo - Abril 2014
Enviado por admin o Xov, 23/10/2014 - 18:40Video realizado por estudantes franceses do 20 ao 25 de abril durante a súa visita con motivo do proxecto Leonardo LDV Partnership que tivo lugar o IES de Fene e no que participaron profesores e alumnos de Francia, Noruega, Holanda, Polonia e Fene.
No seo de este programa estase a crear unha páxina web www.skill4u.eu, que porá en comunicación a estudantes, profesores e empresas implicadas nas prácticas que os alumnos de FP de distintos países fan noutros países, sendo financiado todo isto con fondos europeos
Proxectos europeos do IES de Fene: con centos escolares de Portugal, Holanda, Alemaña e Dinamarca
Durante esta semana, ata o venrese 30 de novembro, o IES FENE é o anfitrión dunha visita preparatoria do proxecto Leonardo dá Vinci. Un grupo de 7 profesores procedentes de Portugal, Holanda, Alemaña e Dinamarca están no noso centro para ultimar o proxecto Leonardo Partnerships, un proxecto similar ao Comenius que actualmente estamos desenvolvendo.
Este proxecto Leonardo, en caso de ser aprobado, terá unha duración de 2 anos e desenvolverase de modo análogo ao Comenius. A idea é crear unha plataforma web que ofreza información actualizada sobre empresas que estean dispostas a recibir alumnos en prácticas, información útil de cara a xestionar o aloxamento e transporte, medios para tutorizar os alumnos, etc.
Este é un proxecto aberto aos claustros dos centros participantes. De feito contémplase tamén a participación dos alumnos no que respecta á presentación do centro, comarca e rexión entre outras cousas.