Mantemento e servizos á producción

Participación en GaliciaSkills 2023

Os días 25, 26 e 27 de outubro tivo lugar en Silleda o evento GaliciaSkills 2023. Trátase dun campionato práctico no que alumnado de Formación Profesional de centros galegos de 24 modalidades mostran as súas destrezas e habilidades realizando diferentes probas. Os gañadores participarán no SpaisnSkills en Madrid en abril de 2024. O IES de Fene estivo representado polo alumno do ciclo dual de Instalacións de Calor, Abel Chao, titorizado pola profesora Inés Piñeiro. Abel alzouse coa medalla de prata na modalidade de Fontanaría e Calefacción.

Parabéns a ámbolos dous!!

             

Entrevista en Radio Fene a Fernando Fresnillo e Juan Seijo

O mércores 8 de xuño, o profesor do departamento de Mantemento Juan José Seijo e o dinamizador da relación das empresas coa FP Fernando Fresnillo Montero foron entrevistados por Henrique Sanfiz, de Radio Fene, para entre outras cousas falar da FP Dual en xeral e de algunhas cousiñas sobre esta modalidade de formación no noso instituto en particular.

RadioFusión. Os coches son ordenadores con rodas

Audio da entrevista

Programacións didácticas 2021-22

Proxecto de innovación: A Realidade Aumentada aplicada na Tecnoloxía Hidráulica

O proxecto “A Realidade Aumentada aplicada na Tecnoloxía Hidráulica” resultou premiado na Resolución do 9 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional.

O presente proxecto xurde da idea de aplicar as novas tecnoloxías na práctica diaria da aula, preténdese que os profesores empreguen novos recursos que capten a atención do alumnado e adaptarnos os novos cambios nas competencias e perfís profesionais que se precisan, resultado das novas tecnoloxías. Con este proxecto preténdese traballar as competencias relacionadas ca Industria 4.0, concretamente ca tecnoloxía Hidráulica.

 

A tecnoxía Hidráulica está a experimentar unha constante evolución, actualmente está inmersa na transición cara o que se coñece como Industria 4.0, onde os sistemas hidráulicos son controlados a través de software que integran numerosas funcións de control e lóxica de movementos que anteriormente eran controladas hidromecánicamente. Nesta búsqueda atopamos na realidade aumentada o vehículo para achegarnos o noso alumnado, por un lado estamos a axilizar o volume de información relacionada ca automatización hidráulica e por outro empregamos a tecnoloxía móbil accesible a tódolos usuarios.

A realidade aumentada proporciona información engadida a un espazo real e aplícase en operacións de mantemento mediante a visualización das instalacións con información engadida sobre o seu estado. Do mesmo xeito a reparación de avarías con manuais de apoio dixitais diminúe o tempo de espera co conseguinte aforro de tempo e recursos.

Na seguinte ligazón www.departamentomantementoiesdefene.com atópase toda a documentación xerada no proxecto.

 

 

Xornada de portas abertas 11 de xuño

O vindeiro 11 de xuño terá lugar a unha nova convocatoria da Xornada de portas abertas no IES de Fene. Nela daranse a coñecer os ciclos formativos que se ofertan actualmente neste centro a todas aquelas persoas que queiran asistir.

Nesta Xornada, os Departamentos de Soldadura, Automoción e Instalación e mantemento do IES de Fene tentarán informar sobre as moitas posibilidades, principalmente nas moitas saídas laborais que estes Ciclos ofrecen, a persoas desempregadas, empresas, familias e público en xeral.

Seguemento do evento do 11 de xuño no Facebook do departamento de Mantemento

Resumo da xornada do pasado 2 de maio

Agardamos por vós nesta Xornada do día 11 de xuño!

 

 

 

 

 

Distribuir contido