Skip to Content

Matemáticas

Vídeo dia pi

Buscando a pi no IES Escolas Proval

 Con motivo do día de pi (Piday), o Departamento de matemáticas organizou un amplo programa de actividades no IES Escolas Proval:

  • Nos días previos ao 14 de marzo, gravaremos e proxectaremos un vídeo no que o alumnado de ESO e FP Básica amosa, en orde, unha cifra do número. De música de fondo o vídeo levará unha peza composta no centro e interpretada pola Rockestra Proval, constituída íntegramente polo noso alumnado.
  • Construiranse cúpulas de Leonardo na entrada do IES, con pezas de madeira cedidas por Imatxina.
  • Xa o 14 de marzo, Día de pi, impartiranse varios talleres para todo o alumnado:
    • Obtención do número pi en obxectos cotiáns.
    • Aproximacións de pi con GeoGebra

 

Día internacional da muller e da nena na ciencia

 

O pasado 11 de febreiro celebrouse o Día internacional da muller e da nena científica. No noso centro, os departamentos de ciencias e matemáticas celebraron esta data con diversas actividades, nas que participou o alumnado de ESO e bacharelato científico:

Visita a Galiciencia do alumnado de 3º e 4º de ESO

O mércores 22 de novembro o alumnado de 3º e de 4º de ESO visitou Galiciencia, no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense. 

Nesta feira científica, estudiantes de outros centros de Galicia explicáronnos os seus proxectos científicos e amosaron os seus prototipos, experimentos e resultados. Ademáis, asistimos a un obradoiro sobre astronomía e Internet e a un espectáculo que propuña, cun enfoque didáctico e ameno, un percorrido polo coñecemento que temos na actualidade do Universo.

Premendo a foto inferior pode visualizarse o álbum da actividade

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Galiciencia

Concursos: fotografía matemática e papiroflexia

Adxuntas bases dos concursos de Fotografía Matemática e de Papiroflexia

Album das fotos matemáticas

Album das fotos de papiroflexia

Distribuir contido


by Dr. Radut