Skip to Content

Visita a Galiciencia do alumnado de 3º e 4º de ESO

O mércores 22 de novembro o alumnado de 3º e de 4º de ESO visitou Galiciencia, no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense. 

Nesta feira científica, estudiantes de outros centros de Galicia explicáronnos os seus proxectos científicos e amosaron os seus prototipos, experimentos e resultados. Ademáis, asistimos a un obradoiro sobre astronomía e Internet e a un espectáculo que propuña, cun enfoque didáctico e ameno, un percorrido polo coñecemento que temos na actualidade do Universo.

Premendo a foto inferior pode visualizarse o álbum da actividade

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Galiciencia


album | by Dr. Radut