Infórmate

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

Prazo de pre-matrícula  Do 01 de xuño ao 14 de xuño.

Prazo de matrícula: Do 23 de xuño ao 07 de xullo. (Ver calendario de matrícula)

 

Instrucións para realizar a prematrícula e a matrícula

Calendario de matrícula

Documentación a presentar

Seguro escolar (pago de taxas)

Resgardo de matrícula

Impresos de matrícula

 1º ESO

2º  ESO  3º ESO 

 4º ESO

 

 1º BAC

 2º BAC  

Criterios de promoción e titulación para o curso actual (2023/24)

Segungo a ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a
avaliación nesa etapa educativa
e a ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa
etapa educativa.
os criterios de promoción e titulación en ESO e Bacharelato para o actual ano académico son os seguintes:

 

PROMOCIÓN NA ESO

Acadará a promoción o alumnado que superase as materias ou os ámbitos cursados ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, considerándose para o cómputo as materias non superadas do propio curso e as de cursos anteriores. Ademais de nos casos anteriores, o equipo docente poderá decidir a promoción dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran  tamén todas as condicións seguintes:

 a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

b) Que a suma dos períodos lectivos semanais establecidos no anexo IV do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, das materias ou dos ámbitos con avaliación negativa non
sexa superior a dez. Para estes efectos, non se considerarán as materias pendentes de cursos anteriores nin as horas de libre disposición.

c) Que o equipo docente considere que as materias ou os ámbitos con avaliación negativa non lle impiden seguir con éxito o curso seguinte.

d) Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación.

e) Que o equipo docente considere que a devandita promoción beneficiará a súa evolución académica

TITULACIÓN NA ESO

Obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria o alumnado que supere todas as materias ou ámbitos cursados. Ademais de no caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes:

a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

b) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno adquirise as competencias establecidas.

c) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa

PROMOCIÓN NO BACHARELATO

As alumnas e os alumnos conseguirán a promoción do primeiro ao segundo curso de bacharelato cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo. Para estes efectos, só se computarán as materias en que estea matriculada a alumna ou o alumno.

As alumnas e os alumnos do primeiro curso de bacharelato que non cumpran as condicións de promoción establecidas deberán matricularse de todas as materias e repetir o curso na súa totalidade. Neste caso, non se manterán as cualificacións das materias do devandito curso que a alumna ou o alumno superase previamente.

 

TITULACIÓN NO BACHARELATO

Para obter o título de bacharel cumprirá a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato. 

Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir a obtención do título de bacharel por unha alumna ou un alumno que superase todas as materias agás unha, sempre que se cumpran ademais todas as condicións seguintes:

a) Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias clave e os obxectivos vinculados a ese título.


b) Que non se produciu unha inasistencia continuada e non xustificada por parte da alumna ou do alumno na materia.


c) Que a alumna ou o alumno se presentou ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.


d) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa cursadas que, como mínimo, se requiran para a obtención do título pola modalidade ou vía
pola que se remata sexa igual ou superior a cinco. Para os efectos deste cálculo, considerarase a nota numérica obtida na materia non superada.

 

Olimpíada Matemática Galega 2º ESO 2024

O día 25 de abril un total de 8 alumnas e alumnos do noso centro participaron na fase de zona de Santiago de Compostela da Olimpíada Matemática Galega de 2º da ESO que se celebrou na Facultade de Ciencias da Educación da USC.

A alumna MIM quedou clasificada para a fase final galega que se celebrou en Lugo o día 23 de maio.

A nosa alumna acadou o premio a Beleza Matemática que é o xeito máis creativo de resolver un problema.

Para máis información consultar na seguinte https://agapema.org/2024/05/23/cadro-de-honra-da-olimpiada-2014/

 

Canguro matemático 2024

O día 23 de maio o departamento de Matemáticas entregou os diplomas e os agasallos correspondentes ao Canguro matemático 2024 organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM). 

O día 21 de marzo realizaron a proba no centro por niveis un total de 78 alumnas e alumnos.

Dous alumnos de 4º da ESO, BNC e BLL, quedaron entre os 50 primeiros clasificados a nivel nacional dun total de máis de 3000 participantes, concretamente nos postos 14 e 45, respectivamente. 

Unha alumna de 3º da ESO, XLM, quedou no posto 53 a nivel nacional de entre un total de máis de 4000 participantes.

Parabéns para todas e todos xa que o noso alumnado quedou moi ben clasificado a nivel nacional! 

Para máis información consultar na seguinte https://canguromat.es/

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación (20 de maio) desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

Pode consultar toda a información no seguinte enlace:

ENLACE

Calendario de exames extraordinarios de bacharelato

Podedes consultar a data e hora dos exames extraordinarios premendo nos seguintes enlaces:

2º BAC

1º BAC

Unha nova promoción do Pondal

Noraboa ao alumnado que ven de rematar bacharelato e xa está listo para afrontar novos camiños. Moitas grazas pola vosa adicación e moita sorte en todo aquilo que vos propoñades!

 

PLAN DIXITAL. ENQUISA SOBRE O USO DE ABALAR MÓBIL

ABALAR MÓBIL é unha ferramenta para a comunicación entre as familias e os centros educativos a través do teléfono móbil. Enmárcase no proxecto Abalar, unha iniciativa de integración das tecnoloxías da información e a comunicación na práctica educativa en Galicia.

 A través desta aplicación as familias poden seguir a actividade educativa dos/as fillos/as de forma cómoda e rápida, o que permite aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias.

 Trátase dunha aplicación móbil para os sistemas operativos máis difundidos: iOS e Android . A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise desde Apple Store (se o sistema operativo é iOS) ou desde Play Store (se o sistema operativo é Android).

Cada estudante conta cun perfil propio, o que lle vai a permitir ás familias dispoñer das seguintes funcionalidades:

  • Acceder aos datos persoais

  • Consultar as cualificacións

  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia

  • Consultar as faltas de conduta

  • Solicitar unha cita de titoría

  • Consultar os datos do centro educativo

  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo

  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado

  • Modificar o idioma da aplicación

 No PLAN DIXITAL do IES Eduardo Pondal para o curso 23/24 inclúese o obxectivo de conseguir que a maioría das familias e o profesorado utilice a plataforma ABALAR Móbil para comunicarse no referido á vida académica do alumnado. Dentro das accións a desenvolver para acadar o antedito obxectivo inclúese a elaboración e distribución ás familias dunha enquisa orientada a ter información do uso da aplicación por parte das mesmas e o grao de satisfacción.

 Para obter a información pregamos respondan ao breve cuestionario DISPOÑIBLE no bloque FAMILIAS ubicado no lateral esquerdo da páxina web.

 

 A DIRECCIÓN

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet