Infórmate

 

ISMAEL RAMOS, PREMIO NACIONAL DE POESÍA JOVEN 2022

Sentímonos moi orgullosos de que un profesor deste centro, Ismael Ramos, acabe de recibir o Premio Nacional de Poesía Joven 2022 "Miguel Hernández", concedido polo Ministerio de Cultura e Deportes.

Facédelle un oco a Lixeiro na vosa lista de lecturas!

 

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2022/10/07/poeta-mazaricos-ismael-ramos-gana-premio-nacional-poesia-joven-miguel-hernandez/00031665143745127770522.htm

https://www.lamoncloa.gob.es/serviciosdeprensa/notasprensa/cultura/Paginas/2022/071022-pn-poesia-joven.aspx

https://www.eldiario.es/cultura/poeta-gallego-ismael-ramos-premio-nacional-poesia-joven-2022_1_9605018.html

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (listaxe definitiva)

Publicada a listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros, que pode ser consultada de xeito telemático na propia aplicación Fondolibros ou ben de xeito presencial no taboleiro do noso centro.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (listaxe provisional)

Publicada a listaxe provisional do Fondo Solidario de Libros, que pode ser consultada de xeito telemático na propia aplicación Fondolibros ou ben de xeito presencial no taboleiro do noso centro.

Recordade que este ano, ao non haber convocatoria extraordinaria de setembro, a adxudicación definitiva farase xa o 22 de xullo.

LIBROS DE TEXTO (2022/23)

Libros de texto ESO

Libros de texto Bacharelato

 

Atención, facemos corrección dun erro no ISBN do libro de Xeografía e Historia de 2º ESO: o isbn correcto é 9788468239118.

 

 

Campus gratuíto

 

O Departamento de Educación quere dar a coñecer a posibilidade de realizar un campus gratuíto organizado polo club Balonmán Ribadosar.

 

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA. ACTIVIDADE DE PIRAGÜISMO EN BARCOS DRAGÓN DENTRO DO PLAN PROXECTA

O día 14 de xuño de 2022, ás 9:00 h. está prevista unha saída ao Club náutico de Portosín, para participar nunha actividade de piragüismo en barcos Dragón dentro do programa Xogade de Deporte Escolar da Xunta de Galicia, como actividade do plan Proxecta desenvolvido polo departamento de Educación Física. A chegada está prevista ás 14:15 h.

 Os participantes serán alumnado de 2º ESO.

 A actividade é totalmente gratuíta.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2022/23

O prazo para solicitar a participación no Fondo Solidario de Libros do próximo curso estará aberto dende o 19 de maio ata o 22 de xuño.

Pódese consultar toda a información e mesmo xestionar a solicitude de xeito telemático dende a páxina da Consellería:

Fondo Solidario de Libros

 

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA. FASE FINAL DO CAMPIONATO DE BÁDMINTON CATEGORÍA CADETE DO PROGRAMA XOGADE, DE DEPORTE ESCOLAR DA XUNTA DE GALICIA, DENTRO DO PLAN PROXECTA

O departamento de Educación Física está a organizar unha saída para participar no Campionato de Bádminton, Fase Final, do programa Xogade, de deporte escolar da Xunta de Galicia, dentro do plan Proxecta desenvolvido polo departamento.

 A saída cara oPavillón deportivo de SERRA DE OUTES, onde se realizará a proba, será o día 27 de abril de 2022, ás 9:15 h., a chegada está prevista ás 14:15 h.

 Os participantes serán alumnado de 3º ESO, que se clasificou na primeira fase.

 A actividade é totalmente gratuíta.

 O profesorado acompañante será:

- Yolanda Ferreiro

- Francisco Javier González

 A relación de participantes clasificados para a fase final pódese consultar no foro de novas da aula virtual, no curso Educación Física de 3º ESO.

 

Powered by Drupal - Design by artinet