Iniciar sesión: Acceso

XUNTA

Distribuir contido
Actualizado: hace 6 horas 52 min

Instrucións da DXEFPIE pola que se convocan, con carácter extraordinario, probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes plásticas e deseño nas especialidades con prazas vacantes para o curso 2020-21

Mér, 05/08/2020 - 15:24
Idioma Gallego

O prazo de inscrición comprende desde o día da publicación desta Instrución ata o día 7 de setembro de 2020.

A data de realización das probas específicas será o día 10 de setembro na EASD elixida na 1ª opción.

 

Anuncio principal: 

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/2021

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

Departamento: 

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial

Colectivo: 

Alumnado Centros

Resolución definitiva dos centros seleccionados no programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2020/21

Mar, 04/08/2020 - 10:52
Idioma Gallego

Achégase a resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros seleccionados conforme ao disposto na base décima da Resolución do 10 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria, educación especial e formación profesional dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para incorporarse ao programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2020/21

Anuncio principal: 

Convócase a centros docentes públicos de educación infantil, primaria, ESO, educacion especial e FP para incorporarse ao programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2020/2021

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Centros

Resolución provisional do baremo para a selección do concurso de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galega no Colexio Vicente Cañada Blanch de Londres

Ven, 31/07/2020 - 15:48
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución provisional do baremo para a selección do concurso de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galega no Colexio Vicente Cañada Blanch de Londres.

As persoas aspirantes poden presentar alegacións no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

Anuncio principal: 

Convocado concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no Colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido)

Tema: 

Lingua galega Comisións de servizo

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Publicación da Resolución definitiva de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal do corpo de mestres para o curso académico 2020/21

Ven, 31/07/2020 - 14:50
Idioma Gallego

Publícase a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2020/21 para o persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellería, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino ou substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

Anuncio principal: 

Adxudicación de destino provisional para o curso académico 2020/2021, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados,interinos,substitutos...

Tema: 

Programas e plans Destinos provisionais e outros concursos

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria

Colectivo: 

Profesorado

Publicación da Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes de secundaria para o curso académico 2020/21

Ven, 31/07/2020 - 14:20
Idioma Gallego

De acordo co establecido no punto sétimo da Resolución do 17 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia nº 127, do 29 de xuño), publícase a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal docente dos corpos de secundaria para o curso académico 2020/21.

O prazo para formular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 3 de agosto ata o 3 de setembro de 2020, ambos incluídos. As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). De formular a reclamación de xeito presencial a persoa que a realice presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.

As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse a través de http://edu.xunta.es/cadp e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Cando se renuncie a todas as listas será necesario, ademais, remitir a documentación xustificativa escaneada ao seguinte enderezo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.gal.

 

Anuncio principal: 

Adxudicación de destino provisional para o curso académico 2020/2021, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados,interinos,substitutos...

Tema: 

Programas e plans Destinos provisionais e outros concursos

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Carmen Pomar sinala a mención de excelencia aos máster como un instrumento para a mellora da oferta especializada do SUG

Ven, 31/07/2020 - 13:54
Idioma Gallego

Summary: 

Salienta o modelo da universidade galega como un referente en España e apostou por seguir construíndo un sistema competitivo, único e de calidade Anuncia que cada un deles recibirá este ano unha achega económica de 20.000 euros Obtiveron esta distinción os máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética (UDC), en Enxeñería Informática (UDC) e en Enxeñería Ambiental (USC) A conselleira en funcións fixo entrega destas mencións aos reitores das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional en funcións, Carmen Pomar, entregou hoxe aos reitores da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; e da Universidade da Coruña, Julio Abalde; as Mencións de Máster Universitario Excelente a titulacións universitarias oficiais destas institucións académicas.

Durante a súa intervención, a titular en funcións do departamento educativo da Xunta sinalou estas mencións como “un instrumento para a mellora progresiva da oferta académica especializada do Sistema Universitario de Galicia (SUG), ao recoñecer a solvencia científico-técnica e a capacidade formadora de determinadas titulacións”. Neste sentido recordou que este recoñecemento forma parte das medidas contempladas no Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia, impulsado pola Xunta de Galicia “para potenciar a calidade nas universidades galegas e, ao tempo, para seguir avanzando no camiño da vangarda e a excelencia”.

“Trátase dunha aposta polo futuro da nosa comunidade –dixo–, que busca satisfacer a necesidade de formación especializada que require a nosa contorna socioeconómica”, co fin de estimular o aproveitamento académico e a transmisión de coñecemento á sociedade. “Seguimos apostando pola construción dun Sistema universitario de Galicia competitivo, único e de calidade. Aínda queda moito traballo por diante, pero o modelo da universidade galega é xa pioneiro e referente en España”.

No referido aos tres máster que obtiveron a Mención á Excelencia, Pomar destacou que as tres titulacións acadaron altas puntuacións en todos os aspectos valorados. A este respecto, puxo en valor “as altas taxas de demanda que teñen, a titorización individualizada que ofrecen ao alumnado e, como resultado, a satisfacción do mesmo”, así como o esforzo que realizan a prol dunha aprendizaxe práctica, a presenza de profesorado excelente e a valoración da súa inserción laboral.

Pomar quixo destacar tamén que esta mención de excelencia favorecerá a competitividade dos máster públicos “ao garantir á sociedade esa calidade en todos os aspectos académicos e de inserción laboral”. Ademais, explicou que, por acordo da Comisión de Seguimento do plan de financiamento universitario, cada un deles recibirán unha achega económica de 20.000 euros para este ano 2020 co obxecto de impulsar todas as accións de mellora reflectidas na súa estratexia.

Selo de calidade

Nesta primeira convocatoria de Mención de Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia obtiveron este selo de calidade o máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética, e o máster en Enxeñería Informática (ambos da Universidade da Coruña); así como o máster universitario en Enxeñería Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta iniciativa impulsada pola Consellería de Educación, acredita, por unha banda, o nivel académico e a solvencia científico-técnica dos estudos que acadan este recoñecemento; e, doutra banda, tamén supón unha garantía de futuro para os estudantes. Ten unha vixencia de cinco cursos académicos ao fin dos cales poderá ser renovado por períodos sucesivos de igual duración.

Información xeral Universidade Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

A Consellería de Educación reforzará os centros educativos con 543 docentes de apoio para o desenvolvemento da Iniciativa ARCO

Ven, 31/07/2020 - 12:14

Summary: 

Hoxe publícase a convocatoria, así como a de Contratos-programa Por primeira vez, o profesorado contratado ao abeiro desta iniciativa incorporarase no primeiro trimestre e permanecerá ao longo de todo o curso ARCO inclúe como novidade o impulso de cambios organizativos e metodolóxicos que permitan o seguimento personalizado das competencias do alumnado Os Contratos-Programa redefinen as súas liñas, incorporando dúas novas: EDUEMOCIONA e Promoción da actividade física Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional reforzará o persoal dos centros educativos con 543 docentes de apoio (221 para Primaria e 322 para ESO) contratados a media xornada para o desenvolvemento da iniciativa de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación dirixidas a centros públicos de primaria e secundaria (ARCO), que contará cun orzamento de 10,5 millóns de euros para o curso 2020/2021.

O departamento educativo da Xunta de Galicia publica hoxe esta convocatoria, cuxo prazo de presentación estará aberto desde o 7 de setembro ata o 25 do mesmo mes, así como a de Contratos-Programa, que se poderán solicitar desde o 15 de setembro ata o 6 de outubro.

Cambios metodolóxicos

A iniciativa ARCO, que pode ser complementaria cos contratos-programa, é un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan organizar os recursos de forma que se facilite ao alumnado o logro dos obxectivos e a consecución das competencias clave, cun enfoque globalizado e interdisciplinar por medio de continuos procesos de mellora favorecendo o máximo desenvolvemento das capacidades, a formación integral e a igualdade de oportunidades.

Por primeira vez, e en resposta ás necesidades de reforzo derivadas da suspensión das clases presenciais nos últimos meses do curso que vén de rematar, o profesorado contratado ao abeiro desta iniciativa incorporarase no primeiro trimestre (víñao facendo no segundo) e permanecerá igualmente ata final de curso.

As accións de ARCO van dirixidas a apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico, implicando ao grupo de clase nas actividades de reforzo, co fin de conseguir o máximo desenvolvemento emocional, intelectual e social do alumnado. Ademais, este ano como novidade buscarase desenvolver modelos curriculares máis competenciais, interdisciplinares e participativos, así como impulsar a aplicación de cambios organizativos e metodolóxicos que permitan o seguimento personalizado das súas competencias.

Este programa, dirixido aos centros públicos, consta de 3 liñas de actuación que desenvolverán axustes educativos dentro da aula ordinaria, co obxecto de garantir a máxima inclusión favorecendo a participación no grupo-clase e a consecución do máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional de todo o alumnado. A liña 1 inclúe por primeira vez este ano ao alumnado de 4º de Primaria, ademais de ao de 5º e 6º desta mesma etapa, a 2 ao de 1º de ESO e a 3 ao alumnado de 4º de ESO.

Todas as liñas desenvolveranse dentro do horario lectivo e mediante apoios a través do uso de metodoloxías activas e participativas, así como a aplicación de medidas organizativas ao alumnado obxecto da liña.

Para a selección dos centros participantes téñense en conta criterios como as porcentaxes de alumnado que promocionou con algunha área non superada, con necesidades específicas de apoio educativo e repetidor ou os centros que contaron o curso pasado cun grupo de PMAR en 3º de ESO, entre outros. Os centros de secundaria poden participar á vez na liña 2 e 3.

No curso 2019/2020 participaron na Iniciativa ARCO un total de 142 centros de ensino de toda Galicia, que contaron co apoio de 162 profesionais, entre profesorado de primaria e secundaria e especialistas en pedagoxía terapéutica. Para o vindeiro curso esperase chegar a máis de 500 centros docentes.

Novas liñas dos Contratos-Programa

A incorporación na convocatoria 2020/21 de dúas novas actuacións centradas nos ámbitos da actividade física e da xestión emocional que se suman ás incorporadas no curso 2019/20 referentes aos eixes de Igualdade, Convivencia e Inclusión dan mostra do compromiso da administración educativa por ofrecer aos centros educativos oportunidades e recursos para desenvolver os seus proxectos, e seguir afondando na procura de estratexias para cambiar dinámicas e adoptar enfoques metodolóxicos novidosos en horario lectivo.

O desenvolvemento dos Contratos-Programa dará comezo no 1º trimestre do curso. A Consellería de Educación poderá asignar recursos económicos para gastos de funcionamento das distintas modalidades, segundo a dispoñibilidade orzamentaria. Ademais, asignarase unha persoa orientadora aos 20 centros que se lles asignou este persoal en xaneiro 2020 a través da modalidade INCLÚE-T.

Poderán participar nesta convocatoria todos os centros públicos que imparten educación especial, infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP. Para poder participar deben elaborar un plan para a mellora do éxito escolar do alumnado, sobre unha ou varias das 9 liñas de actuación establecidas na convocatoria. Todo o procedemento de solicitude realizarase a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/programaseducativos/. A persoa responsable da dirección do centro será quen terá o permiso de creación da solicitude.

Para o curso 2020/21 os Contratos-Programa estrutúrase en 9 modalidades de actuación en horario lectivo. As dúas novas serán a número 6, EDUEMOCIONA e a número 9, Promoción da Actividade Física.

No marco de EDUEMOCIONA desenvolveranse accións para a mellora da competencia socioemocional de toda a comunidade educativa que redunde no benestar emocional persoal-social e na súa calidade de vida, así como para o desenvolvemento de estratexias que favorezan o aumento da autoestima e a empatía, a mellora das habilidades comunicativas, o incremento do autocontrol emocional, a superación, a identificación das emocións dos demais e o coñecemento das propias.

No caso da liña 9, Promoción da Actividade Física consistirá nun conxunto de medidas organizativas, metodolóxicas ou de actividades deseñadas para o incremento da actividade física efectiva do alumnado durante o horario lectivo, implantando estratexias e metodoloxías de aprendizaxe que permitan a convivencia desta práctica co desenvolvemento normal das sesións lectivas. Poderán participar nela todos os centros obxecto da convocatoria agás os CIFP.

Restantes liñas

As 7 restantes liñas dos Contratos-Programa xa se desenvolveron no curso 2019/2020 e vólvense convocar polo seu éxito de funcionamento.

A liña 1, Mellora das competencias clave, incorporará aquelas medidas que incidan na mellora da competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía e a competencia en comunicación lingüística das linguas curriculares impartidas no centro, co fin de mellorar os resultados e elevar os niveis de éxito escolar. As medidas incluídas nesta actuación serán desenvolvidas polo profesorado do centro dentro do horario lectivo. O alumnado destinatario é todo o de Primaria, ESO e FP Básica.

Na liña 2, Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar, desenvolveranse medidas específicas nos centros de primaria e secundaria con maiores taxas de abandono escolar temperán e absentismo co fin de reducilas. Deste xeito, búscase diminuír o abandono e aumentar as posibilidades de éxito escolar no ensino obrigatorio, potenciando a motivación do alumnado e identificando as dificultades que presente en relación co seu estilo de aprendizaxe. Vai dirixida a alumnado con perfil absentista ou con outras circunstancias que constitúan situacións de especial vulnerabilidade, e que conte con menor motivación e capacidade para aprender.

Ao abeiro da liña 3, IGUÁLA-T, desenvolveranse accións que interveñan no fomento da coeducación, promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, prevención e tratamento da violencia de xénero, promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual, prevención e tratamento da LGBTIfobia e outras medidas semellantes. Poderán participar nela todos os centros aos que se dirixe a convocatoria.

Na liña 4, CON-VIVE, desenvolveranse medidas que favorezan o clima escolar e as relacións entre os membros da comunidade educativa, actuacións preventivas de condutas. O obxectivo é identificar as incidencias relacionadas coa convivencia no seo da comunidade educativa e promover a súa solución. Poderán participar nela todos os centros aos que se dirixe a convocatoria.

A través liña 5, INCLÚE-T, desenvolveranse medidas que fomenten e melloren a inclusión no centro dirixidas á atención á diversidade, á inclusión educativa e social de todo o alumnado, á colaboración con asociacións que traballan na diversidade funcional, ao fomento de recreos igualitarios e inclusivos, ao desenvolvemento de dinámicas de traballo cooperativo, á creación de escolas de nais e pais, e outras medidas semellantes vencelladas á diversidade que pon de manifesto a pluralidade do alumnado.

Entre os seus obxectivos están favorecer a inclusión dos colectivos máis desfavorecidos, como o alumnado inmigrante, o retornado ou que está en risco de exclusión social e promover medidas que fomenten a inclusión, desenvolvendo estratexias referidas á inclusión e a equidade educativa. Poderán participar nela todos os centros aos que se dirixe a convocatoria.

A liña 7 continúa estando dirixida á Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia, que trata de dar resposta ao alumnado con maior motivación para aprender, á vez que supón unha medida de atención á diversidade na que se desenvolverán iniciativas de afondamento nos coñecementos do alumnado, co fin de incrementar a excelencia. Estas medidas traduciranse na planificación de diferentes obradoiros nos que ao longo do curso se traballará de forma cooperativa nun proxecto, ou en iniciativas como as semanas culturais ou científicas, a participación en programas educativos externos ao centro e, en xeral, o traballo por proxectos. Poderán participar nela todos os centros aos que se dirixe a convocatoria que desexen promover a excelencia e que conten con alumnado escolarizado que presenta unha destacada motivación para aprender.

Tamén se volve convocar, ao igual que o curso anterior, a liña 8, de Mellora da calidade na xestión dos centros, que consistirá nun conxunto de medidas ou actividades para mellorar a xestión dos centros docentes baseadas na avaliación dos procedementos que se desenvolven neles. O obxectivo é promover a mellora da calidade da educación por medio da mellora da calidade na xestión administrativa, desenvolver un modelo de xestión que permita estandarizar procedementos comúns dos centros e implantar un sistema de xestión de calidade de cara á súa certificación. Poderán participar nela todos os centros obxecto da convocatoria agás os CIFP.

No curso 2019/2020 participaron nos contratos-programa un total 635 centros, que desenvolveron 2.326 accións nalgunha das 9 liñas de actuación coa implicación de 520 profesores e profesoras. O orzamento destinado ascendeu a máis de 5,2 millóns de euros.

Información xeral Programas e plans Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Profesorado Alumnado Centros

Resolución do 30 de xullo de 2020 pola que se regulan os contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria para o curso 2020/21

Ven, 31/07/2020 - 11:38
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 30 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2020/21.

O prazo de presentación de solicitudes e do plan de mellora comeza o día 15 de setembro de 2020 e remata o 6 de outubro de 2020, ambos incluídos.

Servizo relacionado: 

Contratos-programa

File: 

Resolución do 30 de xullo de 2020,

Tema: 

Contratos-programa

Ensinanza: 

Educación infantil Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Resolución do 30 de xullo de 2020 para a posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación (ARCO) dirixidas a centros públicos de educación primaria e secundaria, durante o curso 2020/21

Ven, 31/07/2020 - 11:29
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 30 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación dirixidas a centros públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en réxime de concorrencia competitiva, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, durante o curso 2020/21.

O procedemento de solicitude realizarase unicamente na aplicación www.edu.xunta.es/programaseducativos. A persoa que exerza a función da dirección do centro ou persoa autorizada será quen terá todos os permisos de creación da solicitude. O prazo de presentación será dende o día 7 de setembro de 2020 ata o 25 de setembro de 2020, ambos incluídos.

File: 

Resolución do 30 de xullo de 2020

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

O alumnado contará cun Plan de reforzo para recuperar as aprendizaxes non adquiridas no curso 2019/20

Xov, 30/07/2020 - 15:14

Summary: 

Segundo as instrucións publicadas pola Consellería, estas medidas terán carácter individualizado A Consellería incorporará profesorado de apoio a través dos contratos-programa e o ARCO Poderanse integrar materias en 1º da ESO e realizar agrupamentos específicos de alumnado en 4º curso Idioma Gallego O alumnado contará cun Plan de reforzo para recuperar as aprendizaxes non adquiridas no curso 2019/20

O alumnado galego contará con plans de reforzo e recuperación, elaborados polos equipos docentes, coa finalidade de que recupere as aprendizaxes imprescindibles non adquiridas no curso anterior. Así se establece nas instrucións que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar para o desenvolvemento do curso 2020/2021, tendo en conta a situación derivada da pandemia da covid-19.

Estes plans elaboraranse a partir dos informes individualizados redactados á finalización do curso 2019/2020 e da avaliación inicial, e reforzarán os elementos curriculares esenciais e as competencias e aprendizaxes imprescindibles do pasado ano académico, co fin de garantir a continuidade do proceso de ensinanza-aprendizaxe. O Plan de reforzo desenvolverase mediante axustes curriculares, segundo as necesidades individuais do alumnado demostradas polos resultados da avaliación inicial e estenderase, como mínimo, durante o primeiro trimestre do novo curso.

Así mesmo, as programacións didácticas deberán recoller as aprendizaxes e competencias clave non adquiridas no curso escolar precedente, co fin de detectar as necesidades do alumnado.

Nelas constarán, así mesmo, as adaptacións necesarias que a docencia semipresencial ou non presencial puidesen requirir, de ser necesario poñer en marcha este tipo de ensino, identificando de forma expresa aquelas aprendizaxes imprescindibles para a adquisición das competencias clave, así como o deseño de tarefas globais e das estratexias e instrumentos de avaliación máis adecuados para a consecución deste obxectivo.

Programa de acollida

Segundo as instrucións publicadas hoxe, cada centro desenvolverá tamén un Programa de acollida, co fin de facilitar a incorporación do alumnado afectado pola suspensión da actividade lectiva presencial durante o último trimestre do curso pasado, e que será elaborado polo equipo directivo en colaboración co departamento de orientación e as correspondentes titorías.

O programa consistirá na organización de actividades globalizadas para informar ao alumnado e familias de aspectos como os elementos clave de adaptación do centro ao novo curso, das novas normas de organización e funcionamento do centro e das actuacións de prevención, hixiene e protección.

Así mesmo, no marco deste programa informarase das accións formativas previstas para a mellora da competencia dixital do alumnado necesaria nas modalidades de ensino presencial, semipresencial e non presencial; así como das medidas relativas aos aspectos emocionais e sociais.

Horario de libre configuración

O vindeiro curso o horario de libre configuración de centro destinarase preferentemente ao reforzamento das materias troncais en Primaria e na ESO incluíndo tamén a Lingua Galega e Literatura nas dúas etapas.  A avaliación deste reforzamento estará integrado na materia obxecto do reforzo.

Integración de materias

Ademais, e co fin de facilitar o tránsito do alumnado entre a educación primaria e o primeiro curso da etapa, a organización curricular de primeiro da ESO, consistirá nunha proposta flexible de agrupación de materias por ámbitos de coñecemento.

Esta proposta concretarase por parte dos centros en función das súas propias características e das necesidades recollidas nos informes individuais do alumnado procedente do sexto curso da Educación Primaria. En calquera caso haberá que respectar os contidos, os estándares de aprendizaxe avaliables e os criterios de avaliación de cada unha das materias agrupadas, así como o horario asignado ao conxunto delas. A organización dos contidos nun ámbito realizarase de maneira globalizada, sen fragmentar en contidos específicos de cada materia que integra o ámbito.

PMAR

As instrucións contemplan tamén a flexibilización no acceso aos Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR), sempre e cando esta se considere a mellor opción para que a alumna ou alumno finalice con éxito a ESO.

Polo tanto, con carácter excepcional, durante o curso 2020/21, os únicos requisitos esixibles para que un alumno ou alumna poida acceder a este programa, serán a proposta razoada do equipo docente e informados as nais, os pais ou os/as titores/as legais do alumnado afectado pola medida.

Agrupamentos en 4º da ESO

Así mesmo, e tamén co obxectivo de que o alumnado supere con éxito a ESO, os centros poderán organizar agrupamentos específicos no 4º curso desta etapa, aos que accederán de forma prioritaria os estudantes que teñan cursado e superado o programa de mellora da aprendizaxe e o rendemento e continúen a ter dificultades de aprendizaxe non imputables a falta de estudo ou esforzo.

Excepcionalmente, poderán incorporarse alumnas e alumnos que teñan que repetir 4º de educación secundaria obrigatoria e con dificultades non imputables a falta de estudo ou esforzo.

Dotación de profesorado

Ademais do profesorado que se incorpore aos centros para facer posibles os desdobramentos precisos, a Consellería de Educación dotará os centros de profesorado de apoio e reforzo a través dos Contratos-Programa e do programa ARCO (Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación), e que poderán colaborar no desenvolvemento das devanditas medidas.

O número concreto de docentes que a Consellería de Educación contratará a maiores darase a coñecer unha vez estean pechados os datos de matrícula do vindeiro curso 2020/2021 en todas as etapas educativas non universitarias.

Formación Profesional

No referido á Formación Profesional, a resolución de inicio de curso tamén publicada hoxe indica como novidades a integración nos módulos de 2º curso dos resultados de aprendizaxe non acadados no 1º curso co fin de favorecer a adquisición da competencia xeral do título.

Ademais no curso 2020/2021 os centros terán a posibilidade de establecer franxas horarias (ata un máximo do 20% no réxime ordinario e do 33% en presencial de adultos) para a realización de formación telemática nos módulos dos ciclos que se imparten de forma presencial.

En FP a distancia incorpórase a posibilidade de realizar as titorías colectivas e as probas parciais mediante medios telemáticos.

Información xeral Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Alumnado

Instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos no curso 2020-2021

Xov, 30/07/2020 - 15:09
Idioma Gallego

Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2020-2021.

 

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Ordenación e Formación Profesional

Colectivo: 

Centros

Medidas educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas da EI, EP, ESO e bacharelato

Xov, 30/07/2020 - 14:05
Idioma Gallego

Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en relación ás medidas educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas da educación infantil, da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato.

File: 

Instrucións do 30 de xullo 2020

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros

Educación prevé ter lista para o inicio de curso a rehabilitación enerxética do CEIP Plurilingüe Curros Enríquez (Celanova)

Mér, 29/07/2020 - 12:57

Summary: 

A conselleira en funcións visitou hoxe o centro O orzamento da actuación ascende a case 500.000 euros Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional en funcións, Carmen Pomar, visitou hoxe o CEIP Plurilingüe Curros Enríquez (Celanova), onde o seu departamento está a acometer unha obra de rehabilitación enerxética por un importe total de 494.035,55 €.  Segundo indicou, a Consellería de Educación prevé ter lista a mellora para o inicio do curso escolar, dado que a obra evoluciona favorablemente e o seu prazo de execución é de 2 meses.

A través desta actuación illarase a fachada polo exterior mediante sistema SATE e colocarase illamento térmico en baixo cuberta ou sobre falso teito, segundo zonas. Ademais instalaranse novas fiestras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e luminarias de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación e detectores de movemento.

As obras inclúen tamén a revisión, reparación e limpeza de cubertas; a instalación de falsos teitos nas zonas do colexio onde non están instalados, a cubrición de parte do patio norte; a cubrición e execución do cerramento exterior na parte do patio de infantil e a colocación dun pavimento continuo de formigón no patio norte e na parte do edificio de infantil na que se actúa. Así mesmo repararase e pintaranse os paramentos e carpintería interiores e abrillantarase o pavimento de terrazo.

Esta obra enmárcase no Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas de Galicia 2016/2021. Cómpre lembrar, ademais, que o orzamento para obras en centros de ensino vese incrementado este ano ao abeiro do Plan de Reactivación do Sector Construción para a mellora dos Centros Educativos,  grazas ao que se inxectan 30 millóns máis dos previstos inicialmente, co fin de favorecer a creación de emprego, especialmente entre as pequenas e medianas empresas. Co novo paquete de medidas o investimento elevarase a máis de 51 millóns de euros, e este 2020 realizaranse 535 actuacións de obra e equipamento.

Na provincia de Ourense desenvolveranse máis de 70 actuacións, por importe de máis de 7,3 millóns de euros. Delas, 13 serán grandes obras, entre as que se inclúe esta rehabilitación enerxética do CEIP Plurilingüe Curros Enríquez.

Construcións e melloras Educación infantil Educación primaria Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento Centros

Educación destina 40.000 euros ás axudas complementarias do programa Erasmus+ para o alumnado de ensinanzas artísticas

Mér, 29/07/2020 - 12:53

Summary: 

Poderán acceder a elas todos os que tiveron dereito ás axudas europeas O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de agosto Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional destina un total de 40.000 euros ás axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario Erasmus+ para o alumnado que cursou ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia e que participou neste programa de mobilidade no curso 2019/2020. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destas bolsas complementarias autonómicas, ás que poderán acceder todos os estudantes galegos que tivesen dereito ás axudas europeas.

A duración das axudas e a súa contía mantense, de forma que os beneficiados percibirán bolsas que oscilan entre os 125 e os 195 euros/mes (que se suman ás axudas europeas), en función do país de destino, durante a estadía que pode durar entre os dous e os nove meses. En concreto, o importe será de 195 euros/mes para os países de destino do grupo 1 (Dinamarca, Irlanda, Francia, Italia, Austria, Finlandia, Suecia, Reino Unido, Liechtenstein, Noruega), de 165 euros/mes para os do grupo 2 (Bélxica, República Checa, Alemaña, Grecia, Croacia, Chipre, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, Eslovenia, Islandia e Turquía) e de 125 euros/mes para os do grupo 3 (Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Hungría, Malta, Polonia, Romanía, Eslovaquia e Antiga República Iugoslava de Macedonia).

Unha vez distribuída pola Comisión Avaliadora a contía uniforme en función dos grupos de países, o orzamento restante dispoñible, se o houber, adxudicarase entre os solicitantes que posúan unha maior media no seu expediente académico e asignaráselles unha contía uniforme de 500 euros ata esgotar o orzamento.

Presentación de solicitudes

Poderá solicitar estas axudas o alumnado que estivese matriculado no curso 2019/2020 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores en Galicia e que gozase dunha bolsa Erasmus+ de mobilidade nese mesmo curso académico. Non poderá optar a esta bolsa o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade nos seus países de orixe ou que desfrutase desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de agosto. Farase preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, para o que se poderá empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Bolsas Erasmus Ensinanzas de réxime especial Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial Alumnado

Servizos complementarios

Últimos Artigos

Rede Conxo-Compostela Sur

Eventos

« Agosto 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31