FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Física e química
Comeza a segunda edición de PILABOT
Enviado por admin o Lun, 13/01/2020 - 21:35
|
Ao longo das próximas semanas, o noso instituto participará no concurso PILABOT patrocinado pola Consellería de Medio Ambiente. Pilabot é un concurso entre 150 centros educativos de educación primaria e secundaria de Galicia para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e as súas familias. Considéranse pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila botón, acumulador ou batería que estea precintado, que se poida portar coa man e non sexa industrial nin de automóbiles. En todo caso, a orixe dos residuos das pilas debe ser doméstico, procedente das familias do alumnado e do persoal do propio centro escolar. Para a recollida das pilas, cada alumno/a recibirá unha caixiña de cartón que se debe ir baleirando as veces que sexa necesario no bidón contedor que se atopa na entrada do instituto. O consurso comezou oficialmente o 13 de xaneiro e rematará o 31 de marzo. Pode consultar as bases do concurso na páxina www.pilabot.gal e tamén seguir as novidades nas redes sociais. |
MINIPROGRAMACIÓNS DE FÍSICA E QUÍMICA
Enviado por guillin o Dom, 27/10/2019 - 23:25Nos arquivos que se xuntan podedes atopar o resumo da programación de Física e Química nos distintos niveis, centrándose case exclusivamente nos contidos a impartir e no xeito de avalialos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE FÍSICA E QUÍMICA 2019-20
Enviado por guillin o Dom, 20/10/2019 - 18:25No arquivo que se xunta podedes atopar a programación de departamento de Física e Química para o curso 2019-20 na materia de Física e Química.
Ciencia na rúa
Enviado por admin o Mér, 08/05/2019 - 14:02O pasado sábado o alumnado do club de ciencia de 3.º e 4.º ESO participou no XXIII Día da Ciencia na Rúa que se vén celebrando anualmente no parque de Santa Margarida na cidade da Coruña. Presentaron varios experimentos e actividades acompañados da profesora Carmen Bernabéu e Diego Calvo. Parabéns a todos!
Día da Ciencia na rúa (A Coruña)
Enviado por admin o Dom, 06/05/2018 - 22:52Allumnas de 3.º ESO participaron esta fin de semana no Día da Ciencia na rúa que se vén celebrando na cidade da Coruña. Coordinadas polas profesoras Carmen Bernabéu e Esther Rodríguez, atenderon ao público con explicacións e varios experimentos de reaccións químicas.
No Día da ciencia na rúa (A Coruña)
Enviado por admin o Dom, 07/05/2017 - 16:44Varias alumnas de 2.º ESO acompañadas pola profesora Carmen Bernabéu representaron ao noso instituto na XXII Día da Ciencia na Rúa que se celebrou este sábado no Parque de Santa Margarida da cidade da Coruña. Foi unha intensa xornada moi concorrida de público, o que contribuíu a realizar os obxectivos desta actividade: presentar a ciencia que se fai nos centros escolares, popularizar o coñecemento científico e dar protagonismo ao alumnado.
Visita ás instalacións industriais de "Forestal del Atlántico"
Enviado por admin o Lun, 16/11/2015 - 22:56O alumnado de 2.º bacharelato científico-tecnolóxico visitou esta mañá a empresa de Forestal del Atlántico, en Punta Promontoiro. Organizado polos departamentos de Matemáticas e Física e Química, os participantes puideron coñecer as instalacións e o proceso para a fabricacións de produtos desta empresa como as colas e resinas para uso da industria madeireira e da impregnación de papel.
Obradoiro de Química (Programa de Mellora - 2.º ESO)
Enviado por admin o Mér, 04/02/2015 - 20:36O luns, 2 de febreiro, desenvolveuse unha nova actividade do Programa de Mellora. Os alumnos de 2.º ESO inscritos puideron realizar tres experimentos no laboratorio de química, guiados pola profesora Teresa Rodríguez.
Campus científicos de verán, 2013
Enviado por admin o Xov, 14/03/2013 - 21:00Trátase dunha oferta de 1.808 prazas para estudandes de 4º ESO E 1º BAC que poderán participar en proxectos científicos nun dos 16 Campus de Excelencia, entre os días 30 de xuño e 27 de xullo de 2013. Ata finais deste mes está aberto o prazo de inscrición. Consulta os requisitos académicos e probas en http://www.campuscientificos.es/
O cerebro, 15 W de potencia
Enviado por admin o Ven, 08/03/2013 - 13:28O alumnado de 3.º e 4.º ESO asistiu onte ao espectáculo de ciencia "O cerebro. 15 W de potencia”.
Foto e nova no Diario de Ferrol
Visita ao MUNCYT
Enviado por admin o Sáb, 06/10/2012 - 11:29
Visita ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía |
Programa de Mellora: Obradoiro de Física
Enviado por Covadonga o Mér, 14/03/2012 - 01:03Enorme aceptación tivo a actividade desta semana: Obradoiro de Física levado a cabo por Carmen Bernabeu, Pilar Lorenzo e Teresa Rodríguez, as tres profesoras de Física e Química do IES Mugardos. Presión, densidade, magnetismo. Sen dúbida unha magnífica sesión.