FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Economía
O Curruncho da Ciencia
Enviado por fgeiras o Lun, 02/10/2023 - 17:10Botamos a andar.
Gústache a ciencia e sábelo!
Dende os diferentes departamentos relacionados coa ciencia do IES Mugardos, propoñeremos un calendario con actividades moi interesantes para todo o curso.
Descobriremos, investigaremos e haberá premios e agasallos pero, sobre todo, divertirémonos polos escrutables camiños da CIENCIA.
Agardámoste no primeiro recreo do vindeiro venres 06 de outubro, diante do Laboratorio.
Finanzas para mortais (Eduemprende)
Enviado por Julio Otero o Xov, 13/04/2023 - 08:40
O pasado 29 de marzo o alumnado de Economía da empresa de 2ª de bacharelato asistiu ao obradoiro Finanzas para Mortais, promovido por Eduemprende e impartida por profesionais do mundo da banca e as finanzas do Banco Santander.
Aprenderon e recordaron conceptos base na actividade emprendedora e profesional, do mundo laboral e máis da xestión das ideas.
2.º BAC - FuAX: Finanzas para mortais
Enviado por admin o Xov, 10/02/2022 - 14:13
Alumnado de Fundamentos da Administración e Xestión (FuAX) Mércores 9 e 16 de febreiro 11:35 - 13:00 horas |
Este programa ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Esta actuación está encadrada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende.
Minimarket Emprende Xove (2018)
Enviado por admin o Dom, 13/05/2018 - 20:37Un numeroso grupo de alumnos e alumnas das diferentes materias relacionadas coa Economía, desde 4.º ESO ata bacharelato, impartidas pola profesora Carmen Meiriño, participaron na quinta edición de Minimarket EmprendeXove celebrado este sábado no Auditorio de Ferrol. Trátase dun concurso patrocinado pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ferrolterra, Eume e Ortegal que premia o talento, o espírito emprendendor e a orixinalidade de proxectos dos estudantes. Nesta ocasión xuntáronse un total de once centros da bisbarra. Parabéns a todos!!!
Participación na Olimpíada Galega de Economía
Enviado por admin o Dom, 08/04/2018 - 17:42
O sábado 7 de abril tivo lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense a Olimpíada Galega de Economía. O departamento de Economía do IES Mugardos enorgullécese de ter participado un ano máis, contando coa participación do alumno Nicolás Nieto, da materia de Economía de Empresa (2.º Bac). Para el e para a profesora Mara Meiriño, o noso recoñecemento pola boa disposición e esforzo. Parabéns! |
Participación na VIII Olimpíada Galega de Economía
Enviado por admin o Lun, 03/04/2017 - 18:17O pasado venres 31 de marzo tivo lugar na Facultade de Economía e Empresa de A Coruña a VIII edición da Olimpíada Galega de Economía. O departamento de Economía do IES Mugardos enorgullécese de ter participado un ano máis, contando coa participación de cinco estudantes de 2º de Bacharelato: Cristina Filgueiras, Raquel Pérez, Alberto Pérez, Miguel Pereira e Adán Rivera. Vaia por diante o noso recoñecemento ao alumnado paticipante pola súa disposición e esforzo. Noraboa!
Proxectos para o Premio Desafío Emprende, 2017
Enviado por admin o Dom, 02/04/2017 - 12:42Os profesores do Departamento de Economía, Carmen Meiriño e Manuel López, animaron a todo o alumnado dos distintos cursos de Economía 4º ESO e 1ºBAC. e máis Fundamentos da Administración e Xestión de 2º BAC. a participar no concurso Desafío Emprende organizado pola Fundación La Caixa. Este concurso ten os obxectivos de promover os valores e a actitude emprendedora entre os estudantes. Trátase de desenvolver un proxecto empresarial que solucione unha necesidade detectada na sociedade de xeito innovador e creativo.
A resposta do noso centro foi abraiante, tanto polo número de alumnos que participaron (un total de 14 grupos de 4 a 6 alumnos cada un) coma polo nivel de implicación, traballo e os resultados, mesmo coa presenza en redes sociais, dos proxectos desenvolvidos.
Moitos destes grupos crearon unha web onde divulga as características dos seus produtos como se fose unha empresa profesional. Algúns tamén crearon contas en Facebook, Twitter e outras redes sociais.
Estamos moi orgullosos do traballo feito por todos eles e agora estamos agardando os resultados do concurso. O 7 de abril coñeceranse os 35 seleccionados entre máis de 1400 presentado en toda España que irán ao Campus Desafío Emprende en Barcelona a principios de maio. Deses 35, cinco serán os afortunados que han gozar dunha semana de formación en Silicon Valley, San Francisco, a comezos de xullo.
Estaremos entre os elixidos? En calquera caso, o traballo destes rapaces e rapazas merece gran recoñecemento da nosa parte. Parabéns! Gran traballo!
Velaquí os proxectos:
OUTROS:
Hot Freeze, aparello para arrefriamento rápido de bebidas.
Key out, dispositivo para localizar axiña chaves y outros obxectos.
Bag Vibrator, mochila que dá masaxes cervicais e alivia problemas de columna.
Light Consum, aplicación que nos avisa se deixamos luces acesas así como dos consumos eléctricos dos aparellos do fogar fogar.
Na Olimpíada de Economía celebrada en Vigo
Enviado por admin o Lun, 20/06/2016 - 22:04O pasado venres, 17 de xuño, catro alumnos de 2.º bacharelato participaron na VII edición da Olimpíada de Economía. As probas desenvolvéronse na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Vigo. Desde aquí o recoñecemento ao esforzo realizado polos alumnos e a profesora, Mara Meiriño.
Participación na MInimarket Emprende Xove (AJE-Ferrolterra)
Enviado por admin o Lun, 30/05/2016 - 10:42Obradoiro para a aprendizaxe de traballo en equipo
Enviado por admin o Ven, 29/01/2016 - 21:50Alunm@s de 4° de ESO e de 1° de Bacharelato tiveron hoxe venres 29 de xaneiro un obradoiro para aprendizaxe do traballo en equipo, patrocinado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra.
1.º Premio e finalistas do Emprende Ferrolterra Xove, 2015
Enviado por admin o Ven, 08/05/2015 - 20:57
1.º Premio Emprende Xove da Asociación Jóvenes Empresarios (AJE) de Ferrolterra na categoría de bacharelato ao proxecto empresarial Asemade, quedou finalista o proxecto Traveling Objects Parabéns a todos os participantes e a Mara Meiriño,
|
Olimpíada de Economía
Enviado por admin o Sáb, 11/04/2015 - 22:21As alumnas de 2.º Bacharelato Verónica González, Fátima Díaz e Yaiza Loureiro participaron o pasado 9 de abril na Olimpíada Galega de Economía que tivo lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela.
Merecen un enorme recoñecemento xa que nestas datas están a enfrontar a recta final do curso, con moitos exames e moito estrés. E aínda así empregaron toda unha longa tarde nesta actividade. Parabéns polo esforzo adicado.
Participación na V Olimpíada Galega de Economía
Enviado por admin o Sáb, 21/06/2014 - 12:26O pasado día 18 de xuño tuvo lugar a V edición da Olimpíada Galega de Economía na Facultade de Administración de Empresas de Lugo. Participaron as alumnas de 2.º BAC: Cristina Reborido e Zoe Rivera.
Premios Emprende Xove
Enviado por admin o Xov, 24/04/2014 - 10:01Satisfeitos coa nosa participación na segunda edición dos premios Emprende Xove convocados pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra. Os equipos de 3.º ESO e 1.º BAC realizaron moi bos proxectos de creación de empresa para o que tiveron que concebir unha idea, desenvolver un proxecto de negocio, valorar alternativas de investimento e defendelo perante un tribunal de expertos.
A culpa é da vaca
Enviado por Mara o Xov, 30/05/2013 - 10:18Levo xa varios anos dando a lata a todo o se deixa coa frase "xa sei, a culpa é da vaca". Por se a alguén aínda non o ataquei coa lectura do conto de onde vén a frase e por se vos apetece lelo, aquí vos deixo o conto.
LA CULPA ES DE LA VACA
-------------------------------------
Se estaba promoviendo la exportación de artículos colombianos de cuero a Estados Unidos, y un investigador de la firma Monitor decidió entrevistar a los representantes de dos mil almacenes en Colombia. La conclusión de la encuesta fue determinante: los precios de tales productos son altos, y la calidad muy baja.
El investigador se dirigió entonces a los fabricantes para preguntarles sobre esta conclusión. Recibió esta respuesta: no es culpa nuestra; los curtidos tienen una tarifa arancelaria de protección del quince por ciento para impedir la entrada de cueros argentinos.
A continuación le preguntó a los propietarios de las curtidurías, y ellos contestaron: no es culpa nuestra; el problema radica en los mataderos, porque sacan cueros de mala calidad. Como la venta de carne les reporta mayores ganancias con menor esfuerzo, los cueros les importan muy poco.
Entonces el investigador, armado de toda su paciencia, se fue a un matadero. Allí le dijeron: no es culpa nuestra; el problema es que los ganaderos gastan muy poco en venenos contra las garrapatas y además marcan por todas partes a las reses para evitar que se las roben, prácticas que destruyen los cueros.
Finalmente, el investigador decidió visitar a los ganaderos. Ellos también dijeron: no es culpa nuestra; esas estúpidas vacas se restriegan contra los alambres de púas para aliviarse de las picaduras.
La conclusión del consultor extranjero fue muy simple: los productores colombianos de carteras de cuero no pueden competir en el mercado de los Estados Unidos "¡PORQUE SUS VACAS SON ESTÚPIDAS!"
Atréveste a soñar?
Enviado por Mara o Xov, 30/05/2013 - 09:35Pois iso... a pesar da que está caendo, debemos continuar atrevéndonos a soñar...ou non?
Sabias palabras sobre a crise
Enviado por Mara o Xov, 30/05/2013 - 09:12
Leo no blog dunha profesora de economía (Eva Baena) unha cita que me parece moi boa e debe facernos reflexionar.
SABIAS PALABRAS SOBRE LA CRISIS… POR ALBERT EINSTEIN
“No pretendamos que las cosas cambien, si siempre hacemos lo mismo. La crisis es la mejor bendición que puede sucederle a personas y países, porque la crisis trae progresos. La creatividad nace de la angustia como el día nace de la noche oscura. Es en la crisis donde nacen la inventiva, los descubrimientos y las grandes estrategias. Quien supera a la crisis se supera a sí mismo sin quedar superado. Quien atribuye a la crisis sus fracasos y penurias violenta su propio talento y respeta más los problemas que las soluciones. La verdadera crisis es la crisis de la incompetencia. El inconveniente de las personas y de los países es la pereza para encontrar las salidas y las soluciones. Sin crisis no hay desafíos; sin desafíos, la vidad es una rutina, una lenta agonía. Sin crisis no hay méritos. Es en la crisis donde aflora lo mejor de cada uno, porque sin crisis todo viento es caricia. Hablar de crisis es promoverla, y callar en la crisis es exaltar el conformismo. En vez de esto, trabajemos duro. Acabemos de una vez con la única crisis amenazadora, que es la tragedia de no querer luchar por superarla”.
Cita de Albert Einstein, The world at I see it, 1935. Extraída del libro Homo Economicus, Anxo Penalonga, 2012.
Que nos espera na educación pública?
Enviado por Mara o Lun, 27/05/2013 - 12:29Alá polo mes de marzo circulou moito polas redes sociais este video crítico cos recortes educativos.
Como o vedes? Credes que será así o noso futuro?
P.D. A partir do minuto 10-11 hai un exemplo de clase de Economía e de profesora de Economía que non comparto en absoluto. Por que temos que cargar con este sambenito os de Economía, cando a Economía o que busca (ou debe buscar) é atopar a maneira de satisfacer as necesidades das persoas? Os tópicos, que cruz!
Para levantar un pouco a moral
Enviado por Mara o Lun, 27/05/2013 - 12:23Estou pasando á web do instituto algunhas das entradas que fixemos e coas que traballamos en Edmodo este curso.
Cando rematou a 2ª avaliación como despedida utilizamos este video. A mensaxe era: "xa sabedes, a mal tempo...boa cara".
Economía real ou economía financeira?
Enviado por Mara o Lun, 27/05/2013 - 12:20A economía real ocúpase da produción de bens e servizos, que son os que realmente satisfan as necesidades das persoas. Aínda que o aspecto financeiro é moi importante, cando as cousas están difíciles volvemos ás orixes. Neste artigo ponse se manifesto cales son as bases da actividade económica.
A distribución? da riqueza en EEUU
Enviado por Mara o Lun, 27/05/2013 - 12:15
Este video amosa dun xeito moi claro a desigualdade na distribución da renda en EE.UU.
Baséase nun estudo feito pola Universidade de Harvard onde se lle preguntou a 5000 americanos cal crían que era distribución da renda en EE.UU e cal sería a distribución ideal. Móstranos o resultado nunhas gráficas moi elocuentes incluíndo información sobre cal é a distribución real e como evolucionou nos últimos 40 anos.
Botádelle unha ollada. A información é impresionante. (E despois dirán que avanzamos...)
E agora...
Enviado por Mara o Lun, 27/05/2013 - 12:07Ben... unha vez máis xa rematou o curso en 2º de Bacharelato. Que rápido pasa o tempo... a que si? Como sei que non é fácil o futuro inmediato, deixo un video cunhas reflexións cando menos interesantes.
Nova sección bilingüe en Economía de 1º de BAC
Enviado por Mara o Mar, 14/05/2013 - 08:46Como xa sabedes o IES Mugardos iniciou hai catro cursos o proxecto de seccións bilingües en Inglés na educación secundaria obrigatoria. Comezou con Educación Física en 1º e 2º de ESO e continuou con Ciencias Sociais en 3º de ESO.
O Departamento de Economía quere dar continuidade a este proxecto iniciando unha nova sección bilingüe en Bacharelato, na materia de Economía de 1º.
Que vantaxes ten estudar Economía parcialmente en inglés? Como ben sabedes o Inglés é o idioma dos negocios e do mundo da empresa. Ademais, as entrevistas de traballo esixen cada vez máis o dominio do inglés como requisito imprescindible.
A programación non sufrirá apenas alteracións (trátase de estudar a Economía de 1º de Bacharelato) e non se penalizará ou baixará nota por non usar de modo correcto o idioma inglés. A única variación nos criterios de avaliación consistirá en beneficiar ao alumno/a que se esforce en utilizarlo.
Así, aprenderemos Economía e comezaremos a utiizar un vocabulario específico en inglés que vos pode resultar de moita axuda no voso futuro laboral. O estudo da Economía deste xeito engade un “plus” ofrecéndovos un valor engadido que vos situará nunha situación de vantaxe no difícil contorno que nos toca vivir.
Déixovos uhha presentación onde explico como imos organizar a sección bilingüe en Economía. (Ver documentos adxuntos)
Animádevos e aproveitade esta oportunidade.
Información sobre a nova sección bilingüe en Economía de 1º de Bacharelato
Enviado por Mara o Dom, 12/05/2013 - 13:25O departamento de Economía pretende informar detalladamente ao alumnado de 4º de ESO e aos seus pais/nais da oferta dunha nova sección bilingüe en Inglés na materia de Economía de 1º de Bacharelato.
Para iso convócase ao alumnado (xunto cos seus pais/nais) de 4º de ESO dos centros educativos da comarca (CPI Conde de Fenosa de Ares, Colexio Loyola de Mugardos e IES Mugardos) a unha reunión que terá lugar no salón de actos do IES Mugardos o vindeiro xoves 23 de maio ás 16'30 h.
Esperamos contar coa vosa presenza para aclarar calquera dúbida e animar a cursar esta nova sección bilingüe de Economía.
Premio Emprende Xove 2013
Enviado por admin o Dom, 14/04/2013 - 21:34
1.º Premio Emprende Xove da Asociación Jóvenes Empresarios (AJE) de |
Proxectos emprendedores
Enviado por admin o Mar, 26/03/2013 - 14:00O suplemento El Comarcal (marzo, 2013) de La Voz de Galicia recolle os tres proxectos presentados ao concurso da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE). Ler o artigo.
Unha explicación da crise "ao burro"
Enviado por Mara o Xov, 06/10/2011 - 11:56Aínda que é un pouco simplista e faltan moitos aspectos por analizar, esta presentación do profesor Sergi Sanchiz Torres pon o punto sobre algunhas da íes explicativas das orixes da crise actual.
Especuladores, reflexionade!
Morreu Steve Jobs
Enviado por Mara o Xov, 06/10/2011 - 11:45Este día tráenos una nova triste: morreu Steve Jobs.
Se non coñecedes este discurso na Universidade de Stanford no ano 2005, creo que paga a pena escoitalo, xa qué unha verdadeira lección sobre como enfrontar os reveses que nos pon a vida.
Presentación do departamento de Economía
Enviado por Mara o Xov, 06/10/2011 - 11:05Recomendo este vídeo: