FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Traballos e premios
Premio Emprende Xove 2013
Enviado por admin o Dom, 14/04/2013 - 22:34
1.º Premio Emprende Xove da Asociación Jóvenes Empresarios (AJE) de |
Proxectos emprendedores
Enviado por admin o Mar, 26/03/2013 - 15:00O suplemento El Comarcal (marzo, 2013) de La Voz de Galicia recolle os tres proxectos presentados ao concurso da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE). Ler o artigo.
Catalogación do xardín
Enviado por admin o Ven, 15/02/2013 - 20:07Herbario realizado polo alumnado de 1.º PCPI:
Alberto, Lara, Bryan, Paula, Yolanda, Antonio, Elizabeth e Tamara.
Profesora: Cristina Montero
Alumnado do IES Mugardos presente no XXV Congreso de ENCIGA
Enviado por Covadonga o Mér, 14/11/2012 - 14:35Entre os días 22, 23 e 24 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela o XXV Congreso de ENCIGA (Asociación de Ensinantes de CIencia de GAlicia) que reunirá no IES Arzebispo Xelmirez I a profesorado de Matemáticas, Bioloxía, Xeoloxía, Física, Química e Tecnoloxía de ensinanza primaria, secundaria e universitaria de toda Galicia.
O IES Mugardos estará presente neste evento dun xeito moi especial xa que serán rapaces e rapazas do centro, acompañados da profesora de matemáticas, Covadonga Rodríguez-Moldes, quenes presenten ao profesorado asistente ao congreso traballos que resultaron premiados no II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos. As comunicacións levan os títulos "Investigación de tamaños na ameixa babosa con alumnado de 3º de ESO" que será exposta o xoves 22 ás 18:30) e "O rectángulo de moda fala galego: O Rei Tángulo" que terá lugar o venres 23 ás 16:30. Desexámollles moita sorte e que fagan un bo traballo.
Premios do "Concurso de cabazas, 2012"
Enviado por admin o Xov, 01/11/2012 - 14:23Os membros do xurado decidiron outorgar varios premios, pois dada a calidade dos traballos realizados era case imposible decidirse por un ou dous.
1.º PREMIO
Dous vales, un canxeable por un regalo sorpresa e un vale para a cafetería.
A máis orixinal: A lúa AUTORES: Judith R. e Alberto P. (2.º ESO). |
|
A máis divertida: Pachi, a máis melona AUTORA: Margarita F. (2º. ESO). |
|
A máis creativa: Zapatillas AUTOR: Xurxo R. (2.º ESO). Tívose en conta tamén o esforzo de transporte e baleirado. |
2.º PREMIO
Un vale para a cafetería.
A máis doce A bruxa da cara torta AUTOR: Christian R. (1.º ESO) |
|
A máis comellona Espantasementes AUTOR: David V. (1.º ESO) |
|
A da dentadura perfecta Devoradora AUTORA: Lidia G. (1.º ESO) |
Premio "Obradoiro de vídeo"
Enviado por admin o Ven, 10/08/2012 - 22:01
Premio "Obradoiro de vídeo" |
Entrevista aos autores |
Premio "Obradoiro de vídeo"
Enviado por admin o Dom, 22/07/2012 - 12:02
1º Premio O vídeo titulado "Rebato", realizado por alumnos do noso centro, resultou gañador do concurso organizado pola Deputación da Coruña e a produtora cinematográfica IB Cinema. O traballo foi promovido polo Equipo de Dinamización Lingüística dentro do Obradoiro de edición de vídeo impartido no instituto o 24 e 25 de abril polo director de cine Xosé Zapata. |
1º. Premio e mención "Incubadora de Sondaxes"
Enviado por admin o Mér, 20/06/2012 - 23:51
II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) vén de comunicar a resolución do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos na que o traballo dos alumnos de 3º ESO acadou o primeiro premio e o de 2º ESO unha mención especial do xurado. O acto de entrega de premios está previsto para o 21 de xuño, ás 12:00 horas, na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela. Adamais, o equipo de 3º ESO foi seleccionado para representar á Comunidade Galega na Fase Nacional que se desenvolverá en Valladolid. Desexamos manifestar o noso máis afervoado recoñecemento a todos os grupos participantes e ao departamento de Matemáticas polo seu esforzo e dedicación. Parabéns!!! 1º PREMIO MENCIÓN ESPECIAL - Título: A decadencia dun mito estético: “o rectángulo da moda fala galego”
- Centro: IES de Mugardos (A Coruña).
- Titora: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey. - Alumnos: Rubén González Rodríguez, Joao Pedro Moreira Dos Santos, Mercedes Pereira Rodríguez e Sara Vázquez Rumbo. |
Entrega do premio do I Concurso de Banda Deseñada
Enviado por iseoane o Lun, 12/03/2012 - 17:00
No segundo recreo de hoxe, 12 de marzo, entregouse o premio do I Concurso de Banda Deseñada convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística e mais a Biblioteca. O galardón recaeu no traballo Antía e o gato máxico, presentado baixo o psedónimo de Violeta. Unha vez aberto o sobre resultou ser da autoría de Natalia Fernández, alumna de 2º BAC. O xurado valorou positivamente a correcto manexo dos recursos narrativos propios do cómic (planos, globos, metáforas visuais, onomatopeas) así coma a execución do debuxo e precisión dos detalles. |
Preme na ilustración |
Paisaxes agrarias de España
Enviado por manuelpousa o Mér, 07/03/2012 - 14:10Como visualizamos os diferentes espazos de España? Algo máis que o que vemos den de a ventanilla do coche ou do avión. Así o viron José e Anais.
Historia das drogas (II)
Enviado por manuelpousa o Mér, 07/03/2012 - 14:06Rosalía fixo esta presentación, máis breve pero con imaxes interesantes
Parlamento Xove, 2012
Enviado por admin o Xov, 01/03/2012 - 00:26
O pasado sábado dous equipos de bacharelato do IES Mugardos participaron na fase preliminar da terceira edición do Parlamento Xove. É esta unha actividade organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Deputación da Coruña que ten por obxectivo fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias a través de debates estruturados con regras precisas. O asunto a debater dialecticamente esta fin de semana foi: "A xuventude no contexto mundial actual: cara a un modelo máis participativo ou máis individualista?". O equipo de 1º BAC estivo formado por Goretti, Andrea, David e Javier. O de 2º BAC integrárono Natalia, Emily e Bernardo. Como pode intuirse, é necesaria unha preparación previa de investigación e preparación de argumentos nas dúas posturas a defender que foi dirixida pola profesora de filosofía Ofelia Lubián e por Serafín Álvarez, profesor de galego. A competición resultou moi interesante e formativa se ben non se obtivo a clasificación para a fase final que se celebrará no Parlamento Galego.
Diario de Ferrol: "El IES Mugardos representó a la comarca en el Parlamento Xove" |
El anarquismo-Callejeros en Mugardos (según Iván y Mariño)
Enviado por manuelpousa o Lun, 20/02/2012 - 14:38Mariño e Iván volven a sorprender cun vídeo entretido, dinámico e cun bo nivel. Prometen amplialo e mencionar a Bakunin, Kropotkin, a CNT e o terrorismo. Non perdades a canción final e ese Tolstoi tan particular. Un vídeo moi pouco educativo pero que dá gusto ver.
I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Enviado por Mayobre o Mér, 05/10/2011 - 22:10No curso 2010-11 a Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) convocou o I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Na categoría A: 1º e 2º da ESO acadaron o PRIMEIRO PREMIO: - Título: As novas tecnoloxías, fóra da aula, no IES de Mugardos. - Titora: María Ángel Martínez Rodríguez.
- Alumnos: Sergio Vila Plana, Carmen Sanmartín Fero, Verónica González Regueiro, Carlos Rodeiro Mauriz e Andrés Novoa Menaya.
|
Na categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos Participaron: Título: A Estatística na ESO e no Bacharelato en Galicia Alumnos: Bernardo Cendán Sánchez; Eduardo Fernández Pérez; Emily Gómez Machado; Wendy Teresa Prego Anglada Titor: José Luis Mayobre Antón |
Parabén a todos os participantes.
1º. PREMIO “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”
Enviado por admin o Mér, 03/08/2011 - 22:36Parabéns a Verónica, Andrés, Carlos, Carmen e Sergio de 2º. ESO por acadar o primeiro premio no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO. Estamos moi orgullosos porque sabemos de todo o esforzo e dedicación investido neste proxecto. Parabéns á profesora María Martínez e a todo o departamento de Matemáticas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11