Xornadas, obradoiros

Obradoiro sobre sostibilidade - 1º APSD

O venres 17 de decembro, o alumnado do 1º curso de APSD do IES Chapela desfrutou dun obradoiro a mans de Manolo González Garrido, socio fundador e expresidente da Cooperativa de Consumo Consciente Árbore (Vigo). A través do obradoiro impartíronse nocións básicas no coidado do noso planeta e como integralo nos coidados propios do desempeño profesional dun/ha TAPSD. Do mesmo xeito, afondouse no concepto das 4R (reducir, reciclar, reutilizar e... recuperar) e nas pequenas accións sostibles que se poden levar a cabo no día a día. O noso planeta é  finito e nós queremos contribuír co noso grao de area dende as nosas aulas.

Inauguración do grafitti DepoRúarte

O pasado venres 21 de xuño inauguramos o grafitti feito polo alumnado de 1º ESO, dentro do programa DepoRúarte, da Deputación de Pontevedra. Para ese día contamos coa presenza de Digna Rivas, deputada en funcións e alcaldesa de Redondela e coa do artista grafiteiro O Ras. Os alumnos e alumnas, conscientes da situación de contaminación na que se atopan as nosas praias e as nosas augas, e da repercusión que teñen as accións do ser humano sobre a natureza, elexiron como título do proxecto "Coidando o noso mar".

Para a creación deste grafitti o alumnado recibiu unhas sesións formativas sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) establecidos pola ONU, temática do programa DepoRúarte 2019. Os traballos no exterior, comezaron o venres 14 de xuño e contaron coa colaboración do grafiteiro o Ras.

Dende o centro queremos agradecer a presenza de Digna Rivas  e as súas palabras, nas que como exalumna do instituto destacou que tanto "a educación en valores como a sustentabilidade e a igualdade están moi presentes neste centro".

Ler a noticia

   
   
   
   
   

Clases de baile impartidas polo alumnado de 1º BACH

Para poñer en práctica o aprendido en bailes de salón nas clases de Educación Física, os alumnos e alumnas de 1º BACH impartiron unha clase de baile no pabellón de Chapela. Durante a xornada puideron compartir a súa destreza no chachachá cos participantes na actividade de Taichí, que organiza o Concello de Redondela. Foi unha sesión moi divertida na que todos e todas aprenderon moito. Grazas pola vosa participación!
Bailes de salón 1 Bailes de salón 2
Bailes de salón 3 Bailes de salón 4
Bailes de salón 5 Bailes de salón 6
Bailes de salón 7 Bailes de salón 8

I Xornadas sobre o Emprendemento

O día 8 de maio leváronse a cabo as I Xornadas sobre o Emprendemento para o alumnado de FP nas que participaron Carmen Iribarren da deputación de Pontevedra, Ruth Pereira do IGAPE de Ourense e Antía Pousa de Xeracción S. Coop. Galega nas ponencias e antigos alumnos e alumnas e emprendedores/as do sector de Servicios á comunidades e da Sanidades nas mesas redondas.
Dende o IES Chapela queremos  agradecer aos participantes a súa colaboración e implicación.
 Xornadas Emprendemento 1  Xornadas Emprendemento 4
 Xornadas Emprendemento 3  Xornadas Emprendemento 2

Vivindo o barrio

O alumnado do primeiro curso do Ciclo Formativo de Grao Superior en Educación Infantil do réxime ordinario puxeron en marcha a última acción da actividade Vivindo o Barrio.

Nesta ocasión o alumnado, en pequenos grupos, acudiu aos diferentes centros educativos da contorna (CEIP Frián-Teis, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Laredo e CEIP Igrexa) para implementar as actividades deseñadas polos mesmos, na xornada matutina do pasado 10 de abril.

Os diferentes grupos foron acompañados polas alumnas do Máster en Profesorado que cursan as súas prácticas no IES Chapela, máis concretamente no Departamento de Servizos á Comunidade.

Dende o Departamento queremos agradecer a todos os centros educativos de Chapela a súa colaboración, facilitando ao alumnado contextos de actuación próximos ao seu futuro profesional.

Vivindo o barrio 1
 
Vivindo o barrio 2

Cúpulas de Leonardo

Durante o mes de abril o Departamento de Matemáticas organiza no vestíbulo do IES Chapela a montaxe das Cúpulas de Leonardo na que participa todo o alumnado da ESO.
Estas estruturas responden a un deseño recollido no “Codex Atlanticus” de Leonardo da Vinci e son proporcionadas pola Fundación Escola Rosalía.

 

 

    Cupulas 4
Cupulas 1     Cupulas 2
Cupulas 3     Cupulas 5

Día Mundial do Autismo

Por mor do día mundial do autismo, o pasado 2 de abril, os alumnos e alumnas do ciclo de FPModular de Integración Social fixeron unha dinámica para visualizalo. Se queredes máis información visita a web na seguinte ligazón https://diamundialautismo.com/
 
Día Mundial do Autismo

Obradoiro de teatro

O alumnado dos ciclos de Educación Infantil e Integración Social asistiron a un obradorio de Teatro para a Resolución de Conflictos con Moisés Mato, creador do teatro da Escoita e director do Movemento de Nonviolencia. Foi unha experiencia moi gratificante e productiva para axudarnos a encarar a resolución de conflictos.
Obradoiro 1 Obradoiro 2

Xornadas de convivencia con AGASFRA

O pasado 26 de marzo o profesorado e o alumnado de 1º de CFGM de APSD organizou una Xornada de Convivencia coa Asociación Galega San Francisco-AGASFRA

Realizaron actividades moi diversas: un percorrido polo instituto coa visita á Aula de Música e concerto do alumnado 2º ESO C, unha visita á Aula de Farmacia e observación de experimentos e a realización nun Obradoiro de Coiro en APSD cunha gran merenda de convivencia.
Desde o Departamento de Servizos queremos agradecer a Loli, profesora de música e ó alumnado de 2º ESO C así como a Mª José, profesora do CFGM de Farmacia e Parafarmacia e ó alumnado de primeiro curso. Tamén o noso agradecemento as alumnas que realizan as prácticas do Master de Profesorado no noso Departamento pola súa gran colaboración.

Estamos xa agardando a próxima xornada de convivencia con AGASFRA, grazas pola vosa visita!!!

GrazasAGASFRA 1  AGASFRA 2AGASFRA
AGASFRA 6 AGASFRA 4
AGASFRA 8 AGASFRA 9
AGASFRA 10 AGASFRA 7
AGASFRA 3

Xogos populares

XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE OS CEIP E O IES DE CHAPELA CON XOGOS POPULARES!!!

O venres 15 de marzo, co obxectivo de promover a convivencia entre o alumnado dos cursos de 6º de primaria dos CEIPs Alexandre Bóveda, Igrexa e Laredo, e o alumnado dos primeiros cursos da ESO do IES, celebráronse as xornadas de xogos populares. Así cando cheguen ao instituto xa terán referentes.

Organizados e dirixidos por alumnado do ciclo de Formación Profesional de Educación Infantil, mesturados en doce grupos realizaron diferentes xogos ao longo da mañá. Este curso cada xogo simula unha estación do “Camiño de Chapela”, e ao remate cada grupo obtén a “Chapeliña” que é unha acreditación das probas superadas: O pano, zancos, o aforcado, paracaídas, sogatira, relevos, sangue, gato-rato…. Estiveron acompañados/as por profesorado dos CEIP e do IES.

   
Xogos 2 xogos3
xogos4 xogos5
xogos6 xogos 7
xogos 8 xogos  10
xogos 11 xogos 12
xogos 13 xogos 17
xogos 18 xogos 19
Distribuir contido