Skip to Content

Actualidade ANPA

TRUCOS PARA RECOÑECER BULOS

Iñaki Quenerapú visitou hoxe o noso centro para impartir esta interesante charla ao alumnado de 3º ESO.

Moitas grazas á ANPA por facelo posible.

 

CHARLAS DE REGULACIÓN EMOCIONAL

Hoxe remataron as sesións sobre regulación emocional que Belén Montesa e Juan Carlos Permuy impartiron no noso centro ao alumnado de 2º bacharelato.

A súa actuación completouse cunha charla dirixida ao profesorado e outra ás familias.

Esta actividade é unha proposta da ANPA do IES de Cacheiras, financiada pola Deputación da Coruña.

CHARLAS DE REGULACIÓN EMOCIONAL NO IES DE CACHEIRAS

Este mes no noso centro o equipo de Belén Montesa estará impartindo estas charlas ao alumnado de 2º bacharelato, ao profesorado e ás familias.

Trátase dunha iniciativa da ANPA, financiada pola Deputación da Coruña.

TEATRO PARA 1º BACHARELATO. #2PILGRIMS

Grazas ao Concello de Teo, que ofreceu a obra, e á ANPA, que finaciou o transporte ata o auditorio Constante Liste, o alumnado de 1º de bacharelato puido asistir á representación de #2Pilgrims, de Redrum teatro.

NOVO FUTBOLÍN

Grazas a ANPA podemos desfrutar dun novo futbolín na zona cuberta.

Moitas grazas!

 

GRADUACIÓN DE 2º BACHARELATO CURSO 21-22

Este venres o alumnado de 2º Bacharelato celebrou a súa graduación que contou cunha sorpresa especial por parte dos seus padriños.

Moitas grazas á ANPA pola súa colaboración na organización e financiamento deste acto.

 

Moita sorte nesta nova etapa das vosas vidas!!

 

CHARLA "PORTUGUESES A OUVIR GALEGO: SURPRESAS E ARMADILHAS"

Marcos Neves impartiu a charla Portugueses a ouvir galego: surpresas e armadilhas ao alumnado de portugués de 4º ESO e Bacharelato.

Esta charla puido levarse a cabo grazas á colaboración da ANPA.

OBRADOIRO DE POESÍA CON YOLANDA CASTAÑO

Grazas á ANPA o alumnado de 3º ESO puido hoxe asistir aos obradoiros de poesía que impartiu Yolanda Castaño.

 

 

OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL CON PAULA CARBALLEIRA

Grazas a ANPA, o alumnado de 1º ESO puido desfrutar esta semana do noso xa tradicional obradoiro de narración oral con Paula Carballeira.

ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO PARA O CEIP DE CALO

Grazas á ANPA, a Aula de Teatro actuou para os rapaces do CEIP de Calo no Auditorio Constante Liste.

Agradecemos de novo ao Concello a cesión do auditorio para esta actuación.

Distribuir contido


by Dr. Radut