Skip to Content

Curso 2023-2024

A AULA DE TEATRO DO IES DE CACHEIRAS, 3º PREMIO BOAS PRÁCTICAS DE EDUCACIÓN INCLUSIVA 2023

A nosa Aula de teatro recibiu o 3º Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2023.

Afonso García, creador da Aula de teatro solidario e inclusivo, recolleu o premio o día 28 de novembro, xunto coa directora, Olga Simón, no Congreso Internacional de Educación Inclusiva que se celebrou en Santiago.

Ambos participaron como relatores no congreso explicando aos asistentes este proxecto que dirixen Afonso García e Xosé Eixo e que conta coa participación de alumnado, profesorado, persoal non docente, familias, asociacións e concello.

Parabéns polo magnífico traballo!

COMEZO DOS OBRADOIROS IMPARTIDOS POR QUEROTE +

A organización Querote+ comezou esta semana a impartir os obradoiros de educación afectivo-sexual ao alumnado de 3º ESO.

ECOPUNTO

Na entrada do centro instalouse un Ecopunto no que podedes depositar diferentes materiais para a súa reciclaxe.

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO "DESEÑA A TÚA PORTA VIOLETA"

Este martes entregáronse os premios a 1º ESO A e 4º ESO C, gañadores do concurso Deseña a túa porta violeta.

Parabéns!!

25N NO IES DE CACHEIRAS: AS NOSAS PORTAS VOLVERON SER VIOLETAS

Por segundo ano consecutivo o Equipo da Biblioteca e o EDLG convocaron este concurso que volveu ten unha grade acollida por parte do alumnado.

Grazas polas vosas aportacións, a decisión do xurado foi moi difícil!

GAÑADORES DO CONCURSO "DESEÑA A TÚA PORTA VIOLETA"

COMEZA O CLUB DE CIENCIA DO IES DE CACHEIRAS!

Este xoves, 23 de novembro, comezou o club de ciencia do IES de Cacheiras, onde rapazas e rapaces dende 1º de ESO ata 1º de Bacharelato van descubrir nos laboratorios do centro e nos arredores o comportamento da natureza na que vivimos.

Este ano ímolo dedicar a luz como eixo central, e imos desenvolver todo tipo de experiencias relacionadas ca luz dende a Bioloxía e Xeoloxía, a Tecnoloxía, a Física e Química e as Matemáticas.

Pero todo iso terá que agardar un anaco, xa que o primeiro que nos puxemos a preparar foi un deseño para un logo que terá que ser a nosa seña de identidade para todo o centro. Agardamos con ganas a próxima xuntanza do club para  poñernos cuns pequenos experimentos de óptica que nos permitan comezar a nosa aventura!

OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDO

Esta semana comezaron as sesións do Obradoiro de Técnicas de estudo que o orientador do noso centro, Xoán Ugarte, imparte ao alumnado de 1º ESO.

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO

Con motivo da celebración do Mes da ciencia en galego, podes achegarte á nosa biblioteca para ler ou levar prestada algunha das recomendacións lectoras do equipo da biblioteca.

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO

O club de lectura de 1º ESO reuniuse esta semana para comentar a novela Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz.

Distribuir contido


by Dr. Radut