Skip to Content
TELÉFONOS DE CONTACTO: 881960101 - 698148050 - 698148051

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO 2023-2024

Na mañá dos días 10 e 11 de abril vaise levar a cabo en toda a Comunidade Autónoma de Galicia a avaliación de diagnóstico no 2º curso da ESO.

Esta avaliación trátase dunha proba anónima de carácter anual e que pretende avaliar as competencias do alumnado en comunicación lingüística (Lingua Galega, Lingua Castelá e Lingua Estranxeira) así como en matemáticas.

Esta proba non ten ningún efecto académico e non se reflectirá no expediente do alumnado. O seu obxectivo principal no é outro que obter información sobre o sistema educativo e do grao de adquisición das competencias en cada centro. Os resultados analizaranse de forma conxunta tomando como referencia o alumnado de toda Galicia.

Pódese consultar máis información no seguinte enlace: AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO 2023-2024.

BECAS E AXUDAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS 24-25

Convocado polo Ministerio de Educación o prazo para solicitar bolsas e axudas para o alumnado que no vindeiro curso 2024-2025 curse estudos de Bacharelato, Formación Profesional ou Universitarios.

prazo establecido para realizar a solicitude abrangue do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024 (ambos incluídos ata as 15:00 horas do 10 de maio).

Pódese consultar máis información accedendo ao seguinte enlace: INFORMACIÓN, ou ben accedendo á páxina web: BECAS E AXUDAS MINISTERIO EDUCACIÓN.

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

Segundo a RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2024, o alumnado que é susceptible de ser acreditado en competencias dixitais (a acreditación ten carácter voluntario) é:

  • NIVEL INCICIACIÓN: Alumnado de 4º da ESO que obteña o título de graduado ou graduada.
  • NIVEL INTERMEDIO: Alumnado de 4º da ESO que obteña o título de graduado ou graduada e supere as probas de nivel intermedio (Áreas 1, 2, 3, 4 e 5).
  • NIVEL INTERMEDIO: Alumnado de 2º de Bacharelato que obteña o título de graduado ou graduada e supere a proba de nivel intermedio (Área 4). En caso de non superar a proba certificaranse as áreas 1, 2, 3, e 5.

A proba de certificación de nivel intermedio para o alumnado de 4º da ESO desenvolverase no mes de maio (datas sen confirmar), e a proba de certificación de nivel intermedio para o alumnado de 2º de Bacharelato desenvolverase no mes de abril (datas sen confirmar).

No caso de desexar presentarse ás probas de acreditación será necesario entregar na secretaría do centro a seguinte solicitude debidamente cumprimentada: SOLICITUDE DE INSCRICIÓN (tamén dispoñible na administración do centro). Data límite para facelo o xoves 14 de marzo.

Pódese consultar máis información nos seguintes enlaces:

ADMISIÓN DE ALUMNADO (CURSO 2024-2025)

Unha vez rematado o prazo de reserva de praza para o alumnado procedente do centro adscrito CEIP Manuel Fraga Iribarne infórmase que todo o alumnado de 6º de primaria que realizou a solicitude  ten praza asignada para o vindeiro curso 24-25.

Comeza no mes de marzo o proceso de admisión, sendo o prazo de presentación de solicitudes ordinarias do 1 ao 20 de marzo de 2024 (ambos incluídos)

As familias poderán presentar as solicitudes de admisión do alumnado de xeito presencial (formato papel cumprimentado o modelo ED550B) no centro educativo, ou ben de xeito electrónico (formato dixital) a través da aplicación accesible no seguinte enlace:

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

Pódese consultar máis información na instrución da Consellería no seguinte enlace: INSTRUCIÓN.

 

 

OFERTA MODULAR ADULTOS "SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS E REDES" (#FPGalicia)

Publicada ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se actualiza a ofertade formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros  públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

No IES Cabo Ortegal impártese o ciclo medio modular presencial de adultos "Sistemas Microinformáticos e redes", podéndose consultar os prazos de admisión na seguinte ligazón: ADMISIÓN CICLO 2023-2024.

Pódese tamén consultar toda a información relevante en:

https://www.edu.xunta.es/fp/

4º ESO PROGRAMA D´TEC

06/05/2024 08:30
06/05/2024 17:30

O alumnado de 4º ESO participa no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol no Programa D'tec o luns 6-5-24 de 08:30 a 17:30 horas.

Trátase dunha xornada de innovación que inclúe:

1º.- Taller D´Tec En Caída. TecnolabA actividade consiste nunha aproximación experimental á telemetría e ao deseño. Os participantes terán unha dobre misión. Por unha banda, deseñar un sistema de descenso para un piloto de probas (un ovo) e polo outro, programar un sistema que lles permita recoller datos mediante telemetría, monitorizando diferentes parámetros do descenso. O reto consistirá en conseguir que o noso piloto sobreviva e que o dispositivo recolla os datos da caída, que deberán manterse en valores compatibles coa supervivencia do piloto.

2º.- Taller D´Tec Cosendo o futuro. Os e-téxtiles: Hoxe en día estamos rodeados de materiais innovadores, que cada vez se integran máis na nosa vida cotiá. E os tecidos non escapan a esta revolución. Comprobámolo? Durante o taller recibiremos unha formación básica en programación e posteriormente pasaremos á fase de deseño, creando unha peza ou complemento que integrará unha placa electrónica programable e reaccionará aos estímulos que programemos (cambios de intensidade de luz, ruído, movemento…).

 

A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía.

1º BAC CONGRESO ESCOLA RURAL EN RIBADAVIA

03/05/2024 08:30
03/05/2024 22:00

O pasado venres, 3 de maio, un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato integrado por Sara Armada, Carmen Fustes, Zoe Gómez, Alba Martínez e Laura Salgueiro, xunto coas profesoras Bea Otero, Patricia Vázquez e Sara Filgueira, participaron no II Congreso Nacional Escola Rural, celebrado en Ribadavia. Alí, as nosas representantes deron a coñecer ante docentes de toda España os proxectos e actividades que se levan a cabo no noso centro.
Grazas ó @cfrdeferrol por contar con nós para esta actividade.

#congreso #escolarural #escuelarural #iescaboortegal #cfrferrol #educación


3ºESO SANTIAGO

30/04/2024 08:30
30/04/2024 20:30

O pasado martes 30 de abril o alumnado de 3ºESO realizou unha saída didáctica a Santiago de Compostela acompañado das profesoras Patricia Vázquez e Sara Filgueira.
Pola mañá acudiron á Cidade da Cultura para visitar a exposición de realidade aumentada "Hábitats. Natureza estendida". E, tras unha pausa para xantar, pola tarde participaron nun roteiro histórico-literario pola cidade vella.
A actividade foi organizada conxuntamente polos departamentos de Lingua Galega e Literatura, Física e Química e polo EDLG.

#saída #excursión #compostela #edlg #exposición #hábitats #literatura


OBRADOIRO DE INTRODUCCIÓN AO CINE DE ANIMACIÓN 2ª PARTE

29/04/2024 11:30
29/04/2024 14:00

Un grupo de 15 alumnas/os de ESO e 1º BAC participa na segunda sesión do obradoiro "ANÍMATE! introdución ao cine de animación" da man do artista local Borja Guerrero Parapar, o luns 29-04-24 de 11:30 a 14:00 horas.

Trátase de abrir unha vía de traballo e de creación enfocado ao mundo do audiovisual e do cine. As novas tecnoloxías permítennos traballar no mundo da animación con material próximo sen necesidad de contar cun gran presuposto, facer producións “profesionais” co mundo que nos rodea, todo vai depender da nosa pericia e destreza coas distintas ferramentas e materiais que utilicemos: – Imaxinación, Gañas, Materia prima (lápices, papeis, plastilina, obxectos de refugallo…) e Tablet ou móbil.

Segunta parte
A modo de práctica, os asistentes crearán as suas propias animacións en stop motion.
Finalmente, cada participante fará un plano ou máis a partir dun guión gráfico, cada un destes planos corresponderase cunha parte dun filme.
Deste xeito e entre todos trataremos de facer unha pequena curtametraxe.

A actividade está organizada polo equipo de Biblioteca e o departamento de Educación Pástica.

 

2º ESO DÍA DO LIBRO NO COLE

23/04/2024 11:30
23/04/2024 14:00

Con motivo do Día do Libro, o alumnado de 2º ESO visita, de 11:30 a 14:00 horas, o CEIP Manuel Fraga Iribarne para compartir cun grupo de primaria a lectura dunha selección de textos.

Organizan a Biblioteca e os departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega.

Foi unha xornada ben bonita xa que a rapazada de 2ºESO foi de visita ó Cole para lerlles uns textos ós máis pequenos e lemos fragmentos dalgunhas obras insispensables da literatura europea

2º ESO DÍA DO LIBRO MERCADO DE LIBRO USADO

23/04/2024 11:00
23/04/2024 11:30

Para conmemorar o Día do Libro montamos un mercado de intercambio de libros usados no recreo


1º BAC DESAFÍO CANSAT CERCEDA

23/04/2024 07:50
23/04/2024 17:00
O 23 de abril de 2024 foi o lanzamento do noso satélite. Foi todo ben con relación á carcasa e ó paracaídas. O paracaídas logrou abrir á perfección e a lata non sufríu danos graves.
Pero non todo foi óptimo para o noso equipo PixinSat, tivemos problemas coa placa do Arduino e non puidemos recoller ningún dato á hora do lanzamento.
Nos vídeos que se mostran a continuación podedes ver a recollida do Sat e a noticia do Telexornal.

OBRADOIRO DE INTRODUCCIÓN AO CINE DE ANIMACIÓN 1ª PARTE

22/04/2024 11:30
22/04/2024 14:00

Un grupo de 15 alumnas/os de ESO e 1º BAC participa na primeira sesión do obradoiro "ANÍMATE! introdución ao cine de animación" da man do artista local Borja Guerrero Parapar, o luns 22-04-24 de 11:30 a 14:00 horas.

Trátase de abrir unha vía de traballo e de creación enfocado ao mundo do audiovisual e do cine. As novas tecnoloxías permítennos traballar no mundo da animación con material próximo sen necesidad de contar cun gran presuposto, facer producións “profesionais” co mundo que nos rodea, todo vai depender da nosa pericia e destreza coas distintas ferramentas e materiais que utilicemos: – Imaxinación, Gañas, Materia prima (lápices, papeis, plastilina, obxectos de refugallo…) e Tablet ou móbil.

Primeira parte

Introdución ao mundo da animación: Falaremos do precinema para axudarmos a entender o funcionamento da animación, para isto valerémonos de múltiples xoguetes ópticos que nos darán unha visión máis real e cercana do que é a animación; o seu funcionamento e os principios teóricos.

Proxección de curtametraxes en stop motión: A modo de exemplo e para introducirnos no cinema de animación visionaremos diferentes curtas, onde poderemos comentar e analizar sobre a propia realidade plástica do stop motión e todo o que nos aporta.

Práctica co software “Stop Motion Studio”: Familiciarémonos co programa de animación para aprender o seu funcionamento, podendo cen­trarnos posteriormente no proceso de animación.

 

CONCURSO-FOLIADA DAS LETRAS GALEGAS

16/04/2024 09:50
16/04/2024 09:50

 

3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO: Agradecementos

12/04/2024 00:00
12/04/2024 00:00

Laura FO dí: " Ainda estou asimilando a semana que acabamos de pasar cos nosos amibos bretóns. Non teño máis que palabras de agradecemento polo ben que saíu! Creo que esta experiencia foi un claro exemplo de que traballando en equipo, todo funciona. Grazas ao meu alumnado, aos meus compis, ao equipo directivo e por suposto, ás familias. Seguirei presumindo de traballar no mellor instituto de Galiza!

 

n/d

3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO IV: Despedida

11/04/2024 08:30
11/04/2024 21:00

O xoves 11 había que despedirse así que, como bos galegos, fixémolo cunha romaría na que houbo música, baile, danza de arcos e, como non, comida e bebida. Parecía que ninguén se quería ir xa que estiveron de troula ata que anoiteceu. Esperamos que todos teñan un bo e enriquecedor recordo.
Aquí estaremos a vos esperar para cando queirades volver.
Boa viaxe!!! ✈️

 

3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO III: Xeoparque do Cabo Ortegal

10/04/2024 08:30
10/04/2024 20:30

O mércores 10 comezou o recorrido polo noso recén estreado Xeoparque Cabo Ortegal onde o alumnado de bioloxía fixo as presentacións de cada zona.

Despois foron, de vivos como di a tradición, a San Andrés de Teixido e para finalizar visitaron o "banco máis bonito do mundo" nos acantilados de Loiba.

A xornada foi inmellorable xa que o SOL acompañounos durante todo o día!!!

3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO II: Santiago

09/04/2024 08:30
09/04/2024 20:30

Pois hoxe martes 9 a visita foi a Santiago onde, ademais de ver os principais monumentos da localidade e pasear polas súas marabillosas rúas, tivero o privilexio de subir ás cubertas escalonadas de Catedral, que se recorren en toda a súa extensión.

Este ceo de pedra ofrece a opostunidade única de entender as distintas etapas de construción do templo; ter as súas torres, cúpulas e pináculos ao alcance da man e gozar de inmellorables perspectivas sobre as prazas monumentais.


3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO I: A Coruña

08/04/2024 08:30
08/04/2024 20:30

O noso instituto ten convidados: o alumnado de Liffré e tres dos seus profesores están de intercambio polas nosas terras.
O luns 8 tocou visitar A Coruña e, aínda que o tempo non acompañou moito, parece o aproveitaron e o pasaron moi ben

 
 
 

CANSAT PROBA PARACAÍDAS 2

08/04/2024 16:00
08/04/2024 18:00

Este luns 8 probamos unha das carcasas có paracaídas, a carcasa estaba chea de pezas as cales axudáronos a pesar e saber canto pesaría a lata cando se lle meterán as pezas do Arduino.
Comprobamos que a carcasa sobreviviu á herba pero non ó cemento.

 

 
 
 

1º BAC DESAFÍO CANSAT NO DIARIO DE FERROL

O noso alumnado participante no desafío CanSat que á Axencia Espacial Europea impulsa cada ano foi protagonista da noticia publicada o domingo 31 de marzo no Diario de Ferrol.

Podedes ver a noticia completa no seguinte enlace:

https://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/comarcas-cielo-cuatro-centros-participaran-lanzamiento-cansat-2024-4769007

 

4º ESO VIAXE DIDÁCTICA FIN DE ETAPA

21/03/2024 00:00
21/03/2024 00:00

O alumnado de 4º ESO realiza a súa viaxe didáctica de Fin de Etapa a Tenerife do 16 ao 22 de marzo de 2024.

 


 
 
 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IV CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA 'EXERIA'

 

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redondela) e do IES Mendiño (Redondela), en colaboración coa Biblioteca Escolar, convocamos a IV edición do Certame de microrrelato e fotografía Exeria, destinado a todo o alumnado dos tres centros organizadores. 

 

Nesta cuarta edición, a temática proposta son os descubrimentos. Explorar o mundo é unha aventura que nos conecta coa nosa curiosidade e herdanza. Con este certame, celebramos a valentía dos descubrimentos, invitando a compartir historias e imaxes que capturan a esencia destas exploracións. Sumádevos a esta viaxe de palabras e imaxinación, onde cada participante é un navegante moderno. Deixade que as vosas creacións descubran novos horizontes e inspirade outras persoas a facer o mesmo. Animámosvos a mergullarvos no pasado ou a soñar con futuros destinos, capturando a esencia dos descubrimentos nun microrrelato e nunha imaxe. Estades preparadxs para explorar e compartir os vosos mundos? Participade e descubride os territorios ocultos da vosa creatividade!

 

O prazo de presentación dos traballos é do 15 de marzo ó 5 de abril de 2024.

 

Picade aquí para acceder ás bases completas do certame.

XA TEMOS PUNTO LARANXA

11/03/2024 17:02

Xa está instalado no instituto o Punto Laranxa contra o acoso escolar nos centros educativos galegos cunha imaxe común e uniforme para que sexa perfectamente identificads e accesible.

Este punto laranxa ten un formato físico na propia instalación e outro virtual a través da web de cada centro educativo. A nosa é http://www.edu.xunta.gal/centros/iescaboortegal/node/1780

O seu funcionamento é como o dunha caixa de correos a través da cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.

Para xestionar esta caixa de correos, en cada centro educativo constitúese un equipo de actuación contra o acoso escolar integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro. Deste xeito, o alumnado conta cun equipo de referencia ao que dirixirse no caso de que o precise.

Ademais, no novo Protocolo educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar recentemente actualizado, establécese un procedemento de intervención ante os posibles casos que se coñezan por esta vía.

     

REIVINDICACIÓN DO 8 M

Fermoso mural realizado por Janire Adrián e Andrea Pérez, de 4º ESO, para o noso recuncho violeta.

8M. Non celebramos, reivindicamos!!!

Xa está instalada no corredor de acceso á cafetería a nosa reivindicación do 8M, Día Internacional da Muller.

O alumnado de 4º de Proxecto Competencial preparou estas urnas com recordatorio da impotancia do voto feminino.

Pero esta vez non se trata de votar, queremos que a comunidade educativa reflexione sobre os dereitos das mulleres. Podes responder as preguntas que se propoñen?

Non celebramos, reivindicamos!!!


 

INTEGRACIÓN EN TORONTO. PIALE 2023. BEATRIZ OTERO ESTEBAN

08/03/2024

Beatriz Otero, unha das profes de Tecnoloxía do centro, participou no programa PIALE 2023  que consistiu na integración nun instituto de Toronto durante 4 semanas. Aquí vos deixa un pequeno resumo da experiencia.

 
Música del video musical de Alegría del Circo del Sol
Letra: Calaude Amesse, Franco Dragone, Manuel Trados.
Música: de René Dupéré.

1º BAC DESAFÍO CANSAT XORNADA EN SANTIAGO

06/03/2024 08:30
06/03/2024 08:30

O alumnado de 1º BAC que forma parte do equipo de Polos Creativos participa o mércores 6 de marzo de 08:30 a 18:00 horas nunha xornada informativa de prelanzamento do Cansat na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

O Desafío Cansat está incluido dentro do programa de innovación educativa Polos Creativos, o cal está en pleno desenvolvemento en todos os centros educativos galegos.

A actividade está organizada polo equipo de Polos Creativos do IES Cabo Ortegal

     

 

 

3º ESO ENCONTRO CON ANDREA MACEIRAS

05/03/2024 11:30
05/03/2024 12:20

O alumnado de 3º ESO recibe á escritora Andrea Maceiras o martes 5-3-24 de 11:30 a 12:20 horas para conversar arredor da obra O que sei do silencio.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca, EDLG e Lingua Galega.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut