Skip to Content

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

Segundo a RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2024, o alumnado que é susceptible de ser acreditado en competencias dixitais (a acreditación ten carácter voluntario) é:

  • NIVEL INCICIACIÓN: Alumnado de 4º da ESO que obteña o título de graduado ou graduada.
  • NIVEL INTERMEDIO: Alumnado de 4º da ESO que obteña o título de graduado ou graduada e supere as probas de nivel intermedio (Áreas 1, 2, 3, 4 e 5).
  • NIVEL INTERMEDIO: Alumnado de 2º de Bacharelato que obteña o título de graduado ou graduada e supere a proba de nivel intermedio (Área 4). En caso de non superar a proba certificaranse as áreas 1, 2, 3, e 5.

A proba de certificación de nivel intermedio para o alumnado de 4º da ESO desenvolverase no mes de maio (datas sen confirmar), e a proba de certificación de nivel intermedio para o alumnado de 2º de Bacharelato desenvolverase no mes de abril (datas sen confirmar).

No caso de desexar presentarse ás probas de acreditación será necesario entregar na secretaría do centro a seguinte solicitude debidamente cumprimentada: SOLICITUDE DE INSCRICIÓN (tamén dispoñible na administración do centro). Data límite para facelo o xoves 14 de marzo.

Pódese consultar máis información nos seguintes enlaces:

AdxuntoTamaño
ANEXO Solicitude de inscrición.pdf170.16 KB
INSTRUCIÓNS Acreditación de Competencias Dixitais Alumnado.pdf239.8 KB
Marco Galego de Competencias Dixitais (estrutura).pdf10.46 MB


page | by Dr. Radut