Skip to Content

Actividades

NAIS/PAIS CHARLA "SUPRIME O CONTROL"

16/05/2019 17:00
16/05/2019 19:00

As Nais e pais do noso alumnado participan nunha charla, dentro do programa "Suprime o Control", na que se ofrecerá unha visión sobre a problemática sobre a violencia de xénero e se achegaránn unhas pautas e ferramentas que permitan abordar dita problemática dende o entorno familiar

CHARLA CON SIMONE SAIBENE, DIRECTOR E GUIONISTA DA PELÍCULA "PELERINAXES" NO AUDITORIO MUNICIPAL DE CARIÑO

09/10/2017 16:00
09/10/2017 17:40

O Concello de Cariño organiza, para todo o centro, unha charla con Simone Saibene, director e guionista da película Pelerinaxes o luns 9 de outubro de 2017 de 16:00 a 17:40 horas.

A película Pelerinaxes narra o camiño que fixeron en 1927 Otero Pedrallo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo André de Teixido e está inspirado no libro Pelerinaxes I de Ramón Otero Pedrayo.

Tamén se proxectou material fotográfico relacionado coa rodaxe do filme que o autor ía explicando aos presentes.

 

VISITA Á CAPELA 2017

06/10/2017 10:00
06/10/2017 14:00

O alumnado de 2º ESO realiza unha visita ao Museo Etnográfico de A Capela e ao CEIP de Mosteiro de Caaveiro en donde practicaron distintos xogos baixo a supervisión do alumnado do centro.


VISITA Á MINA DE DUNITA DE LANDOI

22/09/2017 10:30
22/09/2017 13:30

O venres 22 de setembro de 2017 o alumnado de 1º da ESO realiza unha visita á explotación mineira de Landoi invitados pola Cámara Oficial Mineira de Galicia para conmemorar o Día Europeo dos Minerais. Primeiro tiveron unha charla e unha proxección sobre cómo se extrae e para qué se utiliza a dunita, despois realizaron un percorrido pola canteira, debidamente protexidos, e para finalizar foron agasallados cuns aperitivos para repoñer forzas. De esta actividade fíxose eco o diario La Voz de Galicia o sábado 23 de setembro de 2017.

Ciclo cine bélico (War horse, 2012)

29/10/2014 16:00
29/10/2014 18:30
  • Cine bélico: War horse (2012)
    • ESO, Bac, ESA, pais, nais e/ou titores legais do alumnado
    • 16:40-18:30
    • Aula Usos Múltiples
    • Dtos. Xeografía e Historia e Biblioteca

Actividades Complementarias e Extraescolares

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Podedes acceder ás distintas actividades premendo nos días destacados do calendario de actividades que aparece na columna da dereita.

A continuación tedes as actividades programadas distribuídas por cursos:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut