Skip to Content

Curso 2015-2016

ROTEIRO LITERARIO EN VIGO

30/05/2016 08:30
30/05/2016 21:00

O noso alumnado de 4º ESO realiza un roteiro literario en Vigo con Francisco Castro sobre o libro Tes ata as 10. Posteriormente visitou a Fundación Fermín Penzol.

 
 

 

CLUB DE LECTURA

23/05/2016 11:50
23/05/2016 12:50

Rematamos o club de lectura de 4º ESO gozando coa lectura e cun doce. O libro escollido foi Tes ata as 10 de Francisco Castro; ademais preparamos o roteiro que realizaremos en Vigo co propio autor.

A ESMORGA

24/05/2016 11:15
24/05/2016 12:10

Hoxe vimos a película A Esmorga e realizamos unha charla coloquio sobre os distintos temas que trata o filme.

 

OS NOSOS TRABALLOS

19/05/2016 11:53
19/05/2016 12:53

LETRAS GALEGAS: PASAPALABRA

18/05/2016 11:55
18/05/2016 12:55

LETRAS GALEGAS 2016

O 17 de maio adicóuselle o días das letras galegas a Manuel María.

Manuel María

CLUB DE LECTURA

04/05/2016 11:59
04/05/2016 12:59

Rematamos o club de lectura de 1º Bac gozando coa lectura e cun doce. O libro escollido foi A praia dos afogados de Domingo Villar.

Visita á cidade de Lugo

01/02/2016 11:08

VISITA A LUGO

Alumnos de 3º e 4º de ESO, realizaron, no Museo Provincial, a actividade de “Contos do Museo”, actividade organizada polo propio museo; os rapaces tiveron que ler uns contos que previamente o museo envío aos alumnos. Repetiremos a actividade.
Temen recorremos a muralla de Lugo.
Grazas ás compañereiras que leron os libros cos rapaces: Teresa e Cristina, e a Merche por acompañarnos.

Lembrando a Eduardo Pondal

22/02/2016 11:06
Alumnos de 2º, 3º e 3º de ESO lembran co  himno galego a Eduardo Pondal no seu 181º aniversario

Visita a Ferrol

07/03/2016 11:04

VISITA A FERROL

10-11: Visita á Exponav
 

11:30: Charla sobre os 100 anos da Teoría da Relatividade no Teatro Jofre, impartida polo profesor de Física Teórica e gran divulgador José Edelstein:@joseedelstein

Visita de Tamara Freire

16/03/2016 11:02
Tamara Freire faloulle aos rapaces de 1ºESO das legumes
 

Visita de Xosé Tomás

05/04/2016 10:58
Xosé Tomás estivo cos rapaces de 3º ESO 
Dúas horas que tiveron a pouco. Falou de cómics, da súa orixe, deulles unhas normas básicas de como deseñar viñetas, debuxoulles, contoulles a estreita relación dos cómics co cinema e ensinoulles o proceso de creación dun dos seus libros: Nómades (temos un exemplar na biblioteca).



Os rapaces caladiños coma petos: debuxaron, esbozaron historias e actuaron.

 
 

EXPOSICIÓN "LAS SINSOMBRERO"

Durante estas semanas, pódese ver na entrada do centro unha exposición titulada "Las sinsombrero", realizada por alumnado de bacharelato. Con esta exposición preténdese divulgar o legado de moitas mulleres olvidadas  que viviron na primeira metade do século XX en España, dende as figuras femeninas da Xeración do 27, ata todas aquelas mulleres que coa súa obra, as súas accións e a súa valentía foron e son fundamentais para entender a cultura e a historia deste país.

Las sin sombrero

VISITA Á CIDADE DE LUGO

01/02/2016 08:30

O alumnado de 3º e 4º da ESO participou na viaxe á cidade de Lugo organizada pola Biblioteca escolar, onde pasearon pola histórica muralla e participaron na actividade "contos do museo" no Museo Provincial.

Sen lugar a dúbidas foi unha xornada amena e instructiva que quedou plasmada no xornal La voz de Galicia.

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

Despois de varios anos presentando a solicitude, este curso académico o centro foi seleccionado para participar no programa de Inmersión Lingüística en Inglés. Esta actividade lévase a cabo na aldea dos Peares (Ourense), dende o 29 de novembro ao 5 de decembro e está orientada ao alumnado de 4º da ESO. Durante a súa estancia desenvolverán diferentes actividades, todas elas en lingua inglesa: clases, talleres, xogos, excursións, veladas...

Seguro que a experiencia será enriquecedora e moi gratificante. Dende aquí desexámoslles unha feliz estancia.

Os Peares

VISITA AO MUSEO PROVINCIAL DO MAR

17/11/2015 08:30
   

 

O pasado martes 17 de novembro o alumnado de 1º de ESO, acompañados por profesoras dos Departamentos de Bioloxía e de Orientación, desprazouse a San Cibrao e Burela para participar na campaña escolar de divulgación da cultura e os recuros do mar “Un Mar de Cultura: Os nenos e o Mar”.

 

En San Cibrao visitaron o museo provincial do mar e coñeceron o traballo de Paco Frá, o carpinteiro de ribeira da vila (único na Mariña Lucense) e, pola tarde, desprazáronse até Burela para visitar a súa lonxa.

MAGOSTO 2015

16/11/2015 16:00
16/11/2015 17:40

O luns 16 de novembro todo o centro celebramos o magosto con degustación de castañas asadas e participación en xogos populares.

 

OBRADOIRO DE OTERRO REGAL

26/10/2015 08:30
26/10/2015 18:00

O alumnado de 4º ESO e 1º BAC realizaron unha visita ao obradoiro do ceramista Otero Regal; quen lles ensinou as instalacións e lles explicou como era o proceso de elaboración das pezas de cerámica. A continuación asitiu ao cine a ver o filme A praia dos afogados.
E por último realizou un percorrido polo casco antigo de Viveiro, coñendo as historia e os lugares máis emblemáticos da vila.

 

 

VISITA ÁS FRAGAS DO EUME E MOSTEIRO DE CAAVEIRO

20/10/2015
 

 

O 20 de outubro de 2015 o alumnado de 3º e 4º de ESO realizou un percorrido polas Fragas do Eume. Acompañounos o guía do parque, Segundo,  e o profesorado do centro Violeta encargada da biblioteca, Laura profesora de Bioloxía e Jose de Educación Física.

Podedes atopar máis información no blog da bliblioteca e tamén no noso twitter @ortegalendo

Tamén podedes ver o artigo que La Voz de Galicia publicou da actividade o día 23-10-15

Distribuir contido


by Dr. Radut