Skip to Content

Actividades

1º BAC CONGRESO ESCOLA RURAL EN RIBADAVIA

03/05/2024 08:30
03/05/2024 22:00

O pasado venres, 3 de maio, un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato integrado por Sara Armada, Carmen Fustes, Zoe Gómez, Alba Martínez e Laura Salgueiro, xunto coas profesoras Bea Otero, Patricia Vázquez e Sara Filgueira, participaron no II Congreso Nacional Escola Rural, celebrado en Ribadavia. Alí, as nosas representantes deron a coñecer ante docentes de toda España os proxectos e actividades que se levan a cabo no noso centro.
Grazas ó @cfrdeferrol por contar con nós para esta actividade.

#congreso #escolarural #escuelarural #iescaboortegal #cfrferrol #educación


OBRADOIRO DE INTRODUCCIÓN AO CINE DE ANIMACIÓN 2ª PARTE

29/04/2024 11:30
29/04/2024 14:00

Un grupo de 15 alumnas/os de ESO e 1º BAC participa na segunda sesión do obradoiro "ANÍMATE! introdución ao cine de animación" da man do artista local Borja Guerrero Parapar, o luns 29-04-24 de 11:30 a 14:00 horas.

Trátase de abrir unha vía de traballo e de creación enfocado ao mundo do audiovisual e do cine. As novas tecnoloxías permítennos traballar no mundo da animación con material próximo sen necesidad de contar cun gran presuposto, facer producións “profesionais” co mundo que nos rodea, todo vai depender da nosa pericia e destreza coas distintas ferramentas e materiais que utilicemos: – Imaxinación, Gañas, Materia prima (lápices, papeis, plastilina, obxectos de refugallo…) e Tablet ou móbil.

Segunta parte
A modo de práctica, os asistentes crearán as suas propias animacións en stop motion.
Finalmente, cada participante fará un plano ou máis a partir dun guión gráfico, cada un destes planos corresponderase cunha parte dun filme.
Deste xeito e entre todos trataremos de facer unha pequena curtametraxe.

A actividade está organizada polo equipo de Biblioteca e o departamento de Educación Pástica.

 

50 ANIVERSARIO DA REVOLUÇAO DOS CRAVOS

25/04/2024 11:00
25/04/2024 11:30

Hoxe entramos á clase ó ritmo de "Grândola, vila morena" e repartimos caraveis para conmemorar o 50 aniversario da Revoluçao dos Cravos.


 

 
 
 

2º ESO DÍA DO LIBRO NO COLE

23/04/2024 11:30
23/04/2024 14:00

Con motivo do Día do Libro, o alumnado de 2º ESO visita, de 11:30 a 14:00 horas, o CEIP Manuel Fraga Iribarne para compartir cun grupo de primaria a lectura dunha selección de textos.

Organizan a Biblioteca e os departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega.

Foi unha xornada ben bonita xa que a rapazada de 2ºESO foi de visita ó Cole para lerlles uns textos ós máis pequenos e lemos fragmentos dalgunhas obras insispensables da literatura europea

2º ESO DÍA DO LIBRO MERCADO DE LIBRO USADO

23/04/2024 11:00
23/04/2024 11:30

Para conmemorar o Día do Libro montamos un mercado de intercambio de libros usados no recreo


OBRADOIRO DE INTRODUCCIÓN AO CINE DE ANIMACIÓN 1ª PARTE

22/04/2024 11:30
22/04/2024 14:00

Un grupo de 15 alumnas/os de ESO e 1º BAC participa na primeira sesión do obradoiro "ANÍMATE! introdución ao cine de animación" da man do artista local Borja Guerrero Parapar, o luns 22-04-24 de 11:30 a 14:00 horas.

Trátase de abrir unha vía de traballo e de creación enfocado ao mundo do audiovisual e do cine. As novas tecnoloxías permítennos traballar no mundo da animación con material próximo sen necesidad de contar cun gran presuposto, facer producións “profesionais” co mundo que nos rodea, todo vai depender da nosa pericia e destreza coas distintas ferramentas e materiais que utilicemos: – Imaxinación, Gañas, Materia prima (lápices, papeis, plastilina, obxectos de refugallo…) e Tablet ou móbil.

Primeira parte

Introdución ao mundo da animación: Falaremos do precinema para axudarmos a entender o funcionamento da animación, para isto valerémonos de múltiples xoguetes ópticos que nos darán unha visión máis real e cercana do que é a animación; o seu funcionamento e os principios teóricos.

Proxección de curtametraxes en stop motión: A modo de exemplo e para introducirnos no cinema de animación visionaremos diferentes curtas, onde poderemos comentar e analizar sobre a propia realidade plástica do stop motión e todo o que nos aporta.

Práctica co software “Stop Motion Studio”: Familiciarémonos co programa de animación para aprender o seu funcionamento, podendo cen­trarnos posteriormente no proceso de animación.

 

IV CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA 'EXERIA'

 

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redondela) e do IES Mendiño (Redondela), en colaboración coa Biblioteca Escolar, convocamos a IV edición do Certame de microrrelato e fotografía Exeria, destinado a todo o alumnado dos tres centros organizadores. 

 

Nesta cuarta edición, a temática proposta son os descubrimentos. Explorar o mundo é unha aventura que nos conecta coa nosa curiosidade e herdanza. Con este certame, celebramos a valentía dos descubrimentos, invitando a compartir historias e imaxes que capturan a esencia destas exploracións. Sumádevos a esta viaxe de palabras e imaxinación, onde cada participante é un navegante moderno. Deixade que as vosas creacións descubran novos horizontes e inspirade outras persoas a facer o mesmo. Animámosvos a mergullarvos no pasado ou a soñar con futuros destinos, capturando a esencia dos descubrimentos nun microrrelato e nunha imaxe. Estades preparadxs para explorar e compartir os vosos mundos? Participade e descubride os territorios ocultos da vosa creatividade!

 

O prazo de presentación dos traballos é do 15 de marzo ó 5 de abril de 2024.

 

Picade aquí para acceder ás bases completas do certame.

3º ESO ENCONTRO CON ANDREA MACEIRAS

05/03/2024 11:30
05/03/2024 12:20

O alumnado de 3º ESO recibe á escritora Andrea Maceiras o martes 5-3-24 de 11:30 a 12:20 horas para conversar arredor da obra O que sei do silencio.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca, EDLG e Lingua Galega.

 

CONCURSO DE ENIGMAS NO INSTI

30/11/2023 08:30
30/11/2023 14:00

Dentro do #mesdacienciaengalegonasbibliotecas, nas últimas semanas desenvolvemos o noso concurso de enigmas, organizado pola Biblioteca, o @edlg_ortegal e o @club_ciencias_ortegal.
Un ano máis o concurso contou con gran participación do alumnado, que durante oito recreos intensos espremeron os miolos para resolver os enigmas científicos e lingüísticos que lle fomos propoñendo diariamente. A cousa estivo emocionante! Tanto, que se produciu un empate na categoría T-Rex! Así que a próxima semana haberá un enigma final para determinar os gañadores!!!


TODOS ACTIVIDADE DE ROGER ARIAS

10/10/2023 12:00
10/10/2023 14:00

Todo o centro acude ao Auditorio de Cariño o martes 10-10-2023 de 12:00 a 14:00 horas no programa de animación á lectura 'Ler conta moito' na que Roger Arias nos ofrece a actividade 'Ver un mundo nun gran de area'. É un espectáculo multidisciplinar que aúna música, poesía e pintura, no que se enfatizan valores como a ecoloxía, a imaxinación ou a empatí.

A actividade está organizada pola Biblioteca Pública do Concello de Cariño e a Biblioteca do IES Cabo Ortegal

ENTREGA DA REVISTA FUME

20/06/2023 11:00
20/06/2023 11:30

O 20 de xuño fixemos entrega dos exemplares da revista Fume cos traballos do alumnado que participou no obradoiro "A linguaxe da ilustración: unha forma visual de contar historias" realizado polo artista local Borja Guerrero Parapar.
Grazas a Borja pola maquetación a OQO Editora pola impresión.
Esperamos continuar coa formación o próximo curso!!!

  

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME EXERIA 2023

12/06/2023 08:30
12/06/2023 20:30

O alumnado finalista do certame literario intercentros 'Exeria', xunto co alumnado que forma parte do EDLG, realiza unha visita a Redondela e á Illa de San Simón o luns 12-6-23 de 08:30 a 20:30 horas. A xornada inclúe unha ruta en catamarán pola ría de Vigo, o acto de entrega de premios do certame, unha excursión pola Illa de San Simón para coñecer a súa historia e un xantar de fraternización co alumnado finalista dos outros centros.

A actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

     

GRAVACIÓN DOS MICRORRELATOS FINALISTAS DO I CERTAME DE MICRORRELATOS CIENTÍFICOS

08/06/2023 10:36

Anxo, Sara, Lucía, Naiara e Zoe de 4º ESO gravaron o seu microrrelato científico na radio de Polos Creativos. Os seus microrrelatos foron os 5 seleccionados dentro do I Certame de Microrrelatos Científicos organizado polo centro.

  

RESOLUCIÓN DO III CERTAME DE MICRORRELATOS E FOTOGRAFÍA "EXERIA"

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Mendiño facemos público o fallo do xurado do III Certame de microrrelatos e fotografía intercentros Exeria, organizado en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e co Equipo de Biblioteca. Para acceder ó documento pica aquí.

TODOS: MAXIA A igualdade non ten truco

29/05/2023 16:00
29/05/2023 17:30

Todo o alumnado do centro participa no espectáculo A igualdade non ten truco o luns 29-05-23 de 16:00 a 17:30 horas.A compañía Magia en la Manga, integrada por Sara Rodríguez e Carlos Tomico, presenta un espectáculo que fai un percorrido por diferentes conceptos básicos do feminismo e procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias una maga contemporánea.

 A actividade está organizada polos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega e o Concello de Cariño

      

TODOS FESTIVAL LETRAS GALEGAS

16/05/2023 11:30
16/05/2023 14:00

Todo o centro disfrutará no instituto da celebración do día das Letras Galegas o martes 16-05-2023 de 11:30 a 14:00 horas.

Haberá un concurso, no que participa parte do alumnado, coas seguintes modalidades:

MODALIDADE DE MÚSICA INSTRUMENTAL:

-      Alejandro (2ºEso): “O son do ar” (frauta)

-      Mauro (1ºESO): “Armenteira” (gaita)

-      Cuarteto Cabo Ortegal: Cris, Mara, Andrea e Noa (2ºEso): “Piornedo” (gaitas e percusión)

MODALIDADE DE RECITADO:

-      Zeltia (1ºESO): “Lúa descolorida” de Rosalía de Castro.

-      Kiara e Sara (4ºESO): “Canción de cuna para Rosalía de Castro” de Federico García Lorca.

 MODALIDADE DE BAILE:

-      Now oso: Noel e Xoel (2ºESO): “A Rianxeira”

     Pichiñas: Andrea, mara, Nahia, Vania, Noa, Adriana, Melisa e Paula (2ºESO): “Pano de cores”.

-      As Ramonas: Laura, Sara, Ana e Lucía (4ºESO): “Alcolitros de Berto e Ramón”.

 

A actividade está organizada polos departamentos de Lingua Galega e Música e os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca.

2º ESO CONTACONTOS CEIP MANUEL FRAGA IRIBARNE

28/04/2023 12:00
28/04/2023 14:00

Oito alumnas de 2º de ESO realizan un contacontos ao alumnado do CEIP Manuel Fraga Iribarne o venres 28-04-23 de 12:00 a 14:00 horas.

 A actividade está organizada polo departemento de Lingua Galega e os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lungua Galega.


OBRADOIRO PLÁSTICO DE ILUSTRACIÓN

26/05/2023 11:30
26/05/2023 14:00

Un grupo de 15 alumnas/os realiza a segunda sesión do obradoiro "A linguaxe da ilustración: unha forma visual de contar historias" da man do artista local Borja Guerrero Parapar, o luns 22-05-23 e o venres 26-05-23 de 11:30 a 14:00 horas.

Comezan cunha presentación de diversos álbumes ilustrados con distintas técnicas, a continuación realizan unha serie de exercicios plásticos para coñecer distintos formatos cos que levar a cabo os proxectos e, para finalizar, crean as súas propias ilustracións a partir dun texto.

Ademáis, o alumnado participante realizará unha entrevista ao ponente, exalumno do noso instituto e autor do logo que utilizamos habitualmente.

A actividade está organizada polo equipo de Biblioteca

4ºESO, 1º e 2º BAC TEATRO CARIÑO

02/03/2023 12:30
02/03/2023 13:30

O alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC asiste o xoves 02-03-2023 de 11:30 a 14:00 horas á representación da obra teatral Alma de Tigre, da compañía Elefante Elegante, no Auditorio de Cariño.

 

A actividade está organizada polo Concello de Cariño coa colaboración do Departamento de Lingua Galega e Literatura, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca Escolar do IES Cabo Ortegal.

 

4º ESO, 1º e 2º BAC CHARLA CONMEMORATIVA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

10/02/2023 11:30

O alumnado de 4º ESO e de 1º e 2º BAC teñen unha charla-coloquio o venres 10-02-23 de 11:30 a 13:10 horas na Biblioteca do Instituto.

A actividade serve para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro) e contará coa participación das exalumnas Eva, Laura e Miriam.

A actividade está organizada polos equipos de Biblioteca e do Club de Ciencias do IES Cabo Orteg

EN BUSCA DO ENIGMA PERDIDO

22/11/2022 08:00
25/11/2022 14:00

Neste Mes da Ciencia en Galego desnvólvese o concurso 'En busca do enigma perdido'. 

Do martes 15 ao venres 18 e do martes 22 ao venres 25 de novembro haberá un enigma para cada categoría que estará exposto durante o recreo na entrada da Biblioteca.

A actividade está organizada pola Biblioteca, o EDLG, o Club de Ciencias e o equipo Erasmus+.   

Aquí vos deixamos o cartel da actividade. Animádevos a participar!!

            

 

4ºESO, 1º e 2º BAC - VISITA A SANTIAGO PARA ASISTIR Á OBRA DE TEATRO 'N.E.V.E.R.M.O.R.E.'

11/11/2022 08:30
11/11/2022 20:30

O alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC visita Santiago de Compostela o venres 11-11-22, de 08:30 a 20:00 horas, para asistir á representación no Auditorio de Galicia da obra de teatro N.E.V.E.R.M.O.R.E., da compañía Chévere, centrada na catástrofe do Prestige.

Pola tarde, o alumnado realizará unha visita por algúns dos lugares máis coñecidos da zona vella compostelá, guiados polo profesorado acompañante.

A actividade está organizada conxuntamente polo Departamento de Lingua Galega e Literatura, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca Escolar do IES Cabo Ortegal.

 

            

 

             

 

 

    

SAMAÍN 2022

A Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizaron unha serie de actividades para a semana do 24 ao 28 de outubro con motivo do Samaín. 

Pode consultarse a continuación a programación para estes días:

No instagram da Biblioteca poden lerse as bases dos dous concursos convocados.

RESOLUCIÓN DO II CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA "EXERIA"

Neste 20 de maio de 2022, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Mendiño facemos público o fallo do xurado do II Certame de microrrelatos e fotografía intercentros Exeria, organizado en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e co Equipo de Biblioteca. Para acceder ó documento pica aquí.

 

 

TODO O CENTRO FESTIVAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

13/05/2022 11:00
13/05/2022 14:00

O venres 13-05-2022 de 11:00 a 12:20 horas haberá diversas actuacións para celebrar o día das Letras Galegas:

1.- O grupo de cantareiras de 2ºBAC "Os Trasmallos" interpretan "Lughariño de Vilare", "San Cristán"  e "Cabaleiros".

2.- Marcos Diéguez Rey de 1º ESO A recita o poema "A fala" de Manuel María.

3.- O grupo de Cantareiras formado por Andrea Castro Cristina Bouza, Noa Yáñez, Eric Castro, Sabela Pérez, Sara Filgueira, Antía Gonçalves e Juan Barcón (de A Roda) interpretan "Alborada de Ourense" e "Danza do Oso".

4.- Un grupo de alumnos de 1º a 4º da ESO interpretan unha coreografía sobre o tema "Terra" de Tanxugueiras.

5.- O grupo de cantareiras de 2ºBAC "Os Trasmallos" interpretan "Eu cantar" e "As tres de sempre".

6.- LUKS e VALI improvisan un tema de Rap.

 

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca,  Dinamización da Lingua Galega e Música.

MES DAS LETRAS GALEGAS 2022

O Departamento de Lingua Galega e Literatura, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca organizaron un programa de actividades que se vai desenvolver ó longo de todo o mes de maio para conmemorar o Día das Letras Galegas e dar a coñecer a figura de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeada neste 2022.

ABRIL, MES DO LIBRO E DA TERRA NO IES CABO ORTEGAL

Programa de actividades para conmemorar o Mes do Libro e da Terra, organizado conxuntamente pola Biblioteca, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Departamento de Lingua Galega e Literatura e Proxecto Ríos.

3º ESO CHARLA CO ESCRITOR ANTONIO M. FRAGA

25/04/2022 09:00
25/04/2022 09:50

O alumnado de 3º ESO recibe ao escritor Antonio M. Fraga o luns 25-04-2022 de 09:00 a 09:50 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca, EDLG e Lingua Galega.

 

 

II CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA "EXERIA"

 

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redondela) e do IES Mendiño (Redondela), en colaboración co Equipo de Biblioteca do IES Cabo Ortegal e co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, convocamos a II edición do Certame intercentros de microrrelato e fotografía "Exeria", destinado a todo o alumnado dos tres centros organizadores. 

Nesta segunda edición, a temática proposta para os traballos é a pandemia e, como novidade, outorgaranse en cada categoría dous premios independentes para o mellor microrrelato e para a mellor fotografía. 

O prazo de presentación dos traballos é do 1 ó 20 de abril de 2022. 

Pica aquí para acceder ás bases completas do certame.

1º ESO A e B RECITAL DE POESÍA POLAS RÚAS DE CARIÑO

21/03/2022 11:30
21/03/2022 14:00

Para conmemorar o Día da Poesía o alumnado de 1º de ESO A e B realiza un recital de poesía polas rúas de Cariño o luns 21 de marzo de 11:30 a 13:45 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca e EDLG.

Distribuir contido


by Dr. Radut