Skip to Content

Actividades

1º ESO A e B RECITAL DE POESÍA POLAS RÚAS DE CARIÑO

21/03/2022 11:30
21/03/2022 14:00

Para conmemorar o Día da Poesía o alumnado de 1º de ESO A e B realiza un recital de poesía polas rúas de Cariño o luns 21 de marzo de 11:30 a 13:45 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca e EDLG.

1ºESOA REGUEIFAS

21/03/2022 16:00
21/03/2022 17:00

O alumnado de 1º ESO A asiste a un obradoiro de regueifas en liña, impartida por Alba María, o luns 21-03-2022 de 16:00 a 17:00 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega.

1ºESOB REGUEIFAS

14/03/2022 16:00
14/03/2022 17:00

O alumnado de 1º ESO B asiste a un obradoiro de regueifas en liña, impartida por Alba María, o luns 14-03-2022 de 16:00 a 17:00 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega.

TERCEIRO NÚMERO DO SABICHÓMETRO

 

No marco da Semana da Prensa 2022, publicamos o terceiro número d'O Sabichómetro 2.0., que dá conta do acontecido no centro na primeira parte deste curso. A revista pódese ler picando aquí.

CONCURSO 11F DIA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

11/02/2022 00:01

O Club de Ciencia organiza un concurso o venres 11 de febreiro con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Para participar neste xogo terás que resolver o encrucillado o máis rápido posible durante os recreos do venres.

 

ENTREGA DE PREMIOS

  

  

CONCURSO DE LOGOTIPOS 'EMBAIXADORES DO XEOPARQUE CABO ORTEGAL'

20/12/2021 20:28

 equipo Erasmus+ do centro organiza un concurso para escoller o logotipo que será a imaxe do proxecto europeo Embaixadores do Xeoparque Cabo Ortegal. En dito concurso pode participar todo o alumnado do centro.

 

AQUÍ ESTÁN OS LOGOS FINALISTAS...

O LOGO GAÑADOR DARASE A COÑECER PROXIMAMENTE NAS REDES SOCIAIS

 

   

 

XA TEMOS LOGO GAÑADOR!! NORABOA MÓNICA!!

    

TODOS CONCURSO: PONLLE MÚSICA Á CIENCIA

22/11/2021 00:30
22/11/2021 14:00

Para celebrar o día da Música (22 de novembro) e o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas os departamentos de Música, Biblioteca, EDLG e o Club de Ciencias convocan un concurso de versións musicais "Ponlle música á ciencia", no que pode participar todo o alumnado.


TODOS CONCURSO: EN BUSCA DO ENIGMA PERDIDO

09/11/2021 08:30
09/11/2021 14:00

Todo o alumnado do centro participa no concurso "En busca do enigma perdido", organizado pola Biblioteca, o Club de Ciencias e o EDLG do IES Cabo Ortegal, do 9 ao 12 e do 16 ao 19 de novembro de 2021


4ºESO e 1ºBAC e 2ºBAC: DOCUMENTAL, COLOQUIO E RECITAL

20/10/2021 10:10
20/10/2021 13:10

O alumnado de 4º ESO e de 1º e 2º de BAC participa o mércores 20-10-21 de 10:10 a 13:10 nunha actividade na que a poeta Emma Pedreira e o director Carlos Lorenzo presentan o documental Vértice de Versos e manterán co público un coloquio, ademáis dun recital da poeta.

SEGUNDO NÚMERO DO SABICHÓMETRO

 

Hoxe publicouse o segundo número d'O Sabichómetro 2.0, no que facemos un repaso polo acontecido no centro durante o segundo e o terceiro trimestres. Pódese ler picando aquí

FALLO DO I CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA

Nas vésperas do Día das Letras Galegas 2021, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Illa de San Simón facemos público o fallo do xurado do I Certame de microrrelatos e fotografía intercentros Exeria:

Os traballos gañadores poden lerse picando aquí.

I CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA

A historia da peregrina Exeria é unha desas historias inspiradoras que todo o mundo debería coñecer. Viviu no século IV d.C. e nesa época iniciou unha atrevida viaxe en solitario ata a Terra Santa, Exipto e Mesopotamia. As súas impresións sobre o periplo, as paisaxes e as xentes que foi vendo durante meses foinas recollendo nun libro, o Itinerarium Egeriae.

En honor a esta curiosa e independente muller, considerada a primeira escritora galega da que temos coñecemento, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Illa de San Simón, en colaboración coa Biblioteca, convocamos conxuntamente o I Certame de microrrelato e fotografía Exeria. Nesta primeira edición, pareceunos que non había mellor tema para homenaxear a esta figura que as viaxes.

Pica aquí para acceder ás bases do certame.

1º BAC CHARLA CON ARANTZA PORTABALES

26/04/2021 16:00
26/04/2021 16:50

O alumnado de 1º BAC ten unha charla coa autora Arantza Portabales o luns 26-4-21 de 16:00 a 16:50 horas

O SABICHÓMETRO ESTÁ DE VOLTA!

 

Neste curso excepcional retomamos a publicación da nosa revista escolar, O Sabichómetro, agora nunha versión dixital e con acceso a materiais audiovisuais, adaptada ós tempos que corren. Podes ler xá o primeiro número, correspondente ó primeiro trimestre, picando aquí

I CAMPIONATO DE CUBO DE RUBIK

I Campionato de Cubo de Rubik do IES Cabo Ortegal, organizado polo Equipo da Biblioteca en colaboración co Club de Ciencias no marco das actividades do Mes da Ciencia en galego.

Nesta mañá gris, a chuvia deunos unha tregua e por fin puidemos celebrar o tan agardado I Campionato do cubo de Rubik, que tiveramos que adiar.

A expectación era máxima no patio e xs participantes estiveron á altura. Canto talento no Cabo Ortegal!!
 
 
 
Dende aquí queremos darlle as grazas a todo o alumnado que participou e os nosos parabéns ós gañadores das dúas categorías por resolver o reto nun tempo récord. Que cracks!

Anxo Taracido, de 2º ESO, gañador da categoría de 1º, 2º e 3º ESO (2 minutos e medio)

Mónica Rodríguez, de 4º ESO, gañadora da categoría de 4º ESO e BACH (7,88 segundos)

Xa sabedes, todo o mundo a practicar que o próximo ano temos que superar estas marcas!

Pica aquí para ver o vídeo resumo do campionato!

CONMEMORACIÓN 25 N

O alumnado de 1º da ESO que cursa a materia de Investigación e tratamento da información elaborou este vídeo para conmemorar o 25 N. 

MÁSCARAS PRESENTADAS AO CONCURSO DE SAMAÍN 2020

06/11/2020 12:05
06/11/2020 12:05

Deixámosvos unhas fotos das máscaras gañadoras e de tódolos traballos presentados ao concurso de samaín:

FORMACIÓN NOVOS USUARIOS DA BIBLIOTECA

29/10/2020 11:49
29/10/2020 11:49

O xoves 29 de outubro levouse a cabo unha sesión de formación dos novos usuarios de 1º ESO, que debido ás circunstancias actuais se realizou en dous espazos e en varias quendas.

Comezamos conversando co grupo na súa aula. A rapazada contounos que é para eles unha Biblioteca, as súas experiencias previas nestes lugares e a súa relación coa lectura. A continuación proxectamos un vídeo elaborado polo Equipo da Biblioteca no que o alumnado dos cursos máis altos nos explican as novas normas de uso derivadas da crise da COVID. Podedes ver o vídeo completo na web do centro (pica aquí).

En quendas baixaron á biblioteca para que os novos usuarios puidesen coñecer os seus fondos e ver como están organizados.



 

 

CANCELADA CLUB DE LECTURA

29/05/2020 00:00
29/05/2020 00:00

O alumnado, inscrito no club de lectura do curso 19-20, participa nunha actividade realizada polo equipo de Biblioteca o venres 29 de maio de 2020

CANCELADO CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO

24/04/2020 10:25
24/04/2020 12:05

O venres 25 de abril de 2020 o departamento de Biblioteca realizará unha serie de actividades de 10:25 a 12:05 horas

1º ESO FORMACIÓN NA BIBLIOTECA

02/10/2019 11:15
02/10/2019 12:05

O alumnado de 1º de ESO ten unha sesión de formación na biblioteca do centro o mércores 2 de outubro de 11:15 a 12:05 horas.

2º ESO A e ADES CHARLA SOBRE HÁBITOS SAUDABLES

04/12/2018 10:25
04/12/2018 10:25

O martes 4-12-18 de 10:25 a 11:15 o alumnado de 2º ESO A e A des asiste, na Biblioteca do centro, a unha charla impartida por Tamara Freire sobre Hábitos Saudables.

3º ESO A e B VISITA A MONDOÑEDO

26/11/2018 08:30
26/11/2018 17:40

 O alumnado de 3º ESO A e B realiza unha visita a Mondoñedo o luns 26-11-18 de 08;30 a 17:40 horas

VISITA AO ARSENAL DE FERROL E CHARLA DE XURXO MARIÑO

20/11/2018 08:30
20/11/2018 14:00

Todo o alumnado de 1º de BAC e o que cursa Física e Química e Bioloxía de 4º da ESO realizan unha visita ao Arsenal de Ferrol e participan na charla de Xurxo Mariño o martes 20-11-18 de 08:30 a 14:00 horas

ALUMNOS DO IES NA VOZ DE GALICIA

19/04/2018 08:52

Os alumnos do IES Cabo Ortegal Mario Fraga Fernández, estudiante de 1º de Bac, e Adrián Pernas Lamas, de 2º de Bac, foron entrevistados pola Voz de Galicia.

Mario é debuxante de cómics e ten publicado o seu traballo «Arlén», e Adrián decántase polo realismo e exporá os seus debuxos no Museo Pedagóxico de Galicia.

Podedes ver a entrevista completa clicando no seguinte enlace

Mario, amosando a portada do seu cómic Arlén e Adrián cun debuxo feito por el

ALMORZOS SAUDABLES PARA 2º ESO B

09/04/2018 08:30
09/04/2018 09:20

O alumnado de 2º ESO B almorzou na cafetería do instituto de 08:30 a 09:20 horas

ALMORZOS SAUDABLES PARA 2º ESO A

05/04/2018 08:30
05/04/2018 09:20

O alumnado de 2º ESO A almorzou na cafetería do instituto de 08:30 a 09:20 horas

VISITA DAS REDEIRAS DE CARIÑO

23/03/2018 10:25
23/03/2018 11:15

O alumnado de 1º ESO reciben a visita das redeiras de Cariño de 10:25 a 11:15 horas.


PANXOLIÑAS NO IES

19/12/2017 12:05
19/12/2017 12:20

O 19 de decembro "The 0,5 Band" felicitou o Nadal con 5 panxoliñas en inglés:

- 2º BACH: "Deck the hall" e "Auld land syne"
- 2º ESO: "Xmas tree", "Santa klaus is coming to town" e "We wish you a merry xmas"
 
 

ALMORZOS SAUDABLES

15/11/2017 08:20
15/11/2017 09:53

O mércores 15 de novembro de 08:30 a 09:20 horas o alumnado de 2º ESO B participou nun almorzo saudable na cafetería do instituto.

Distribuir contido


by Dr. Radut