Skip to Content

Curso 2008-2009

Encontro con Alfonso Álvarez Cáccamo

01/06/2009 17:00
01/06/2009 17:40

Os Departamentos de Lingua Galega e Normalización Lingüística organizaron un encontro do alumnado de 3º e 4º de ESO co escritor Alfonso Álvarez Cáccamo autor de Bosque de levas

Encontro con Xosé Miranda Ruíz

19/05/2009 11:00
19/05/2009 12:00

Os Departamentos de Lingua Galega e Normalización Lingüística organizaron un encontro do alumnado de 1º e 2º de ESO co escritor Xosé Miranda Ruíz autor de Ariadna e Pel de lobo

Xornada de Intercambio co IES A Pinguela

12/05/2009 08:30
12/05/2009 20:00

A Equipa de Normalización Lingüística organizou unha actividade complementaria co alumnado de 3º da ESO na que visitaron o IES A Pinguela e un dos alfares máis antigos de Europa situado en Gundivós (Monforte de Lemos, Ourense)

Visita aos museos científicos coruñeses

06/05/2009 08:30
06/05/2009 20:00

Os Departamentos de Ciencias Naturais e Tecnoloxía organizaron para o alumnado de 3º e 4º da ESO e 4º da ESA a actividade complementaria na que visitaron os museos científicos de A Coruña

The Big Challenge

07/05/2009 10:25
07/05/2009 11:15

O Departamento de Inglés participa con parte do seu alumnado na actividade The Big Challenge 2009

Remate das Actividades Extraescolares

05/06/2009 00:30
05/06/2009 20:30

No día de hoxe rematan as actividades extraescolares do presente curso escolar 2008-09

The Big Challenge: entrega de premios

09/06/2009 12:00
09/06/2009 12:20

O Departamento de Inglés convocou ao alumnado participante no The Big Challenge 2009 para facer entrega dos premios acadados

Visita a A Coruña

02/06/2009 00:45
02/06/2009 18:15

O Departamento de Orientación efectuou unha actividade complementaria co alumnado da Aula de Necesidades Educativas Especiais na que visitaron A Coruña (Aquarium, Torre de Hércules, Museo das Ciencias, ...)

ENCONTRO CON MANUEL NÚÑEZ SINGALA

27/05/2009 13:00
27/05/2009 14:00

Os Departamentos de Lingua Galega e Normalización Lingüística organizaron un encontro do alumnado de 1º e 2º de ESO co escritor Manuel Núñez Singala autor de Comedia bífida

Concerto Didáctico de Jazz e Swing

15/05/2009 12:20
15/05/2009 14:00

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o Departamento de Música preparou, para todo o centro, un concerto didáctico a cargo do grupo de músicos Clifford 8

Desenvolvemento do proxecto ANOCA (Aprender no cárcere)

03/04/2009 12:20
03/04/2009 14:00
Charla-coloquio por parte do profesorado do EPAPU de Teixeiro, acompañados por internos do centro penitenciario, coa colaboración do departamento de Filosofía do IES Cabo Ortegal

Coñece Cariño

13/03/2009 10:25
13/03/2009 13:45
O Departamento de Orientación realizou co alumnado da aula de necesidades educativas especiais unha visita ás instalacións do Concello, da Cofraría de pescadores e do Mercado municipal

Xornada de intercambio co IES "A Pinguela"

11/03/2009 11:15
11/03/2009 18:00
A equipa de Normalización Lingüística organizou, para o alumnado de 3º de ESO, unha xornada de intercambio co IES A Pinguela de Monforte de Lemos na que se visitou a Granxa do Souto (Mera), San Andrés de Teixido, Cabo Ortegal e outros lugares da contorna de Cariño

Deporte na escola

11/03/2009 09:30
11/03/2009 14:00
O alumnado de 1º e 2º da ESO participa na xornada de Deporte na Escola, que nesta ocasión se celebra en Ortigueira, baixo a supervisión do Departamento de Educación Física.

Charla informativa da USC

09/03/2009 10:25
09/03/2009 11:15
O Departamento de Orientación organizou para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato unha charla informativa co título A ponte entre o ensino medio e a universidade de Santiago de Compostela, impartida por representantes da USC.

Visita a Institutos e Facultades de Ferrol

27/02/2009 08:30
27/02/2009 16:30
O Departamento de Orientación visitou, co alumnado de 4º da ESO, distintos ciclos formativos que se imparten nos institutos de Ferrol e algunhas facultades do Campus de Esteiro (Ferrol).

Forum Orienta 09 e visita á Fundación Luís Seoane (exposición El idioma de los muros)

11/02/2009 08:30
11/02/2009 20:00
O Departamento de Orientación organizou, para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato, unha saída didáctica a A Coruña na que se visitou a III Edición do Forum Orienta, centrado en difundir e promover os estudos superiores entre o alumnado, e a visita á  Fundación Luís Seoane na que se expón a mostra de Jean Dubuffet O idioma dos muros, unha serie fundamental de 15 litografías realizadas en 1945 polo artista francés para acompañar aos poemas de Eugène Guillevic, e outros destacados traballos do autor como a súa gran serie de litografías titulada Les Phénomènes (1957).

VISITA Á CAPELA 2009

16/01/2009 08:30
16/01/2009 14:00

A Equipa de Normalización Lingüística do Centro organizou unha visita ao Centro de Interpretación de Xogos Tradicionais que se atopa no CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela) para todo o alumnado de 1º ESO.

Visita a ASPROMOR Ortigueira

12/12/2008 10:10
12/12/2008 13:10

O Departamento de Orientación realizou, co alumnado de educación especial, unha visita ás instalacións de ASPROMOR en Ortigueira.

Festival de Nadal

19/12/2008 10:30
19/12/2008 13:15

Todo o alumnado do centro asistíu ao festival de Nadal que se celebrou na Casa da Cultura do Concello de Cariño

Campaña de limpeza

17/12/2008 13:10
17/12/2008 14:00

O alumnado de 4º ESO C participa na campaña de limpeza que tódolos anos se realiza no noso centro.

Campaña de limpeza

16/12/2008 10:25
16/12/2008 11:15

O alumnado de 4º ESO A participa na campaña de limpeza que tódolos anos se realiza no noso centro.

Campaña de limpeza

11/12/2008 11:15
11/12/2008 12:00

O alumnado de 4º ESO B participa na campaña de limpeza que tódolos anos se realiza no noso centro.

Enquisa estatal sobre uso de drogas en ensinanzas secundarias

04/12/2008 00:20
04/12/2008 11:15

O Plan Nacional sobre Drogas (PNSD) é unha iniciativa gobernamental creada o ano 1985 destinada a coordinar e potenciar as políticas que, en materia de drogas, levan a cabo desde as distintas Administracións Públicas e entidades sociais en España. Neste PNSD colabora o Plan de Galicia sobre dogras e a Consellería de Educación.

O alumnado foi elixido de forma aleatoria pola empresa encargada da realización das enquisas contratada pola Consellería de Educación.

 

Representació teatral

28/01/2009 10:10
28/01/2009 14:00

Saída didáctica do alumnado ao Colexio Santa Juana de Lestonac de Ferrol para asistir a unha representación en inglés Living Europe representada por 2B THEATRE.

We´re here to help

20/11/2008 13:10
20/11/2008 14:00

O Departamento de Inglés organizou a actividade We´re to help (Burlington Speech Trainer) para o alumnado da sección bilingüe de 4º da ESO B, de 4º ESO C e de 1º de BAC.

II Xornada de "Deporte na Escola"

25/11/2008 10:10
25/11/2008 14:00

O Departamento de Educación Física organiza, outro ano máis, as xornadas de convivencia, deportivas e culturais "Deporte na Escola" nas que interveñen, nesta data, o alumnado de 1º e 2º da Eso do noso centro e dos IES As Telleiras de Narón e o IES de Ortigueira.

Aquí podedes ver unha selección dos mellores momentos da actividade.

I Xornada de Deporte na Escola

18/11/2008 10:10
18/11/2008 14:00

O Departamento de Educación Física organiza, outro ano máis, as xornadas de convivencia, deportivas e culturais "Deporte na Escola" nas que interveñen, nesta data, o alumnado de 3º e 4º da ESO do noso centro e do IES As Telleiras de Narón.

Visita ao Centro de Investigacións Tecnolóxicas de Ferrol

14/11/2008 09:20
14/11/2008 13:10

O alumnado de 1º de Bac e 2º Bac, modalidades científico-tecnolóxica e ciencias da natureza e da saúde, realizou unha visita ao Centro de Investigacións Tecnolóxicas de Ferrol.

MAGOSTO 2008

17/11/2008 16:00
17/11/2008 17:40

Esta tarde celebramos o magosto no IES Cabo Ortegal, unha iniciativa da ENL coa colaboración do profesorado do centro.

Tamén se organizaron diferentes estacións de xogos populares que dirixirán os alumnos e as alumnas de 1º de Bacharelato. Algúns xogos son: carreiras de sacos, o paluelo, a petanca, a corda, a goma, os zancos, a mariola, ...

Distribuir contido


by Dr. Radut