Skip to Content

Curso 2014-2015

Charlas cooperativismo no IES da Oficina de Fomento Cooperativo de Ortegal

27/05/2015 10:25
27/05/2015 11:15

” Coñece as Cooperativas” para alumnos de 4º de ESO : Data mércores 27 de Maio de 2015

A duración aproximada sería de 10:25 a 11:15h. Neste caso, o obxectivo principal da charla estaría centrado nos valores e principios cooperativos, que diferencian as cooperativas do resto de formas xurídicas.

Charlas cooperativismo no IES da Oficina de Fomento Cooperativo de Ortegal

25/05/2015 16:00
25/05/2015 17:40

“Coñecendo a fórmula cooperativa” para alumnos do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e de Educación Secundaria de Adultos (ESA): Data luns 25 de Maio de 2015

A duración aproximada será de 16:00h ata 17:40, podendo adaptar a duración ás necesidades do centro e dos alumnos. O obxectivo principal desta charla é dar a coñecer a fórmula cooperativa como alternativa ao autoemprego, que os asistentes consideren o cooperativismo como unha opción a valorar no seu futuro profesional.

Visita ao Campus de Lugo

27/03/2015 08:30
27/03/2015 18:00

O alumnado de 1º de bacharelato do IES Cabo Ortegal recibiu unha charla xeral sobre o Campus e logo realizaron os itinerarios do seu interese.

GAÑADORES DO CONCURSO DE DESEÑO

21/11/2014 12:05

Xa temos gañadores do concurso de deseño de camisetas e paraugas.

Os tres gañadores foron:

   1º Premio: Federico Valentín Pérez Freire de 4º ESO

   2º Premio: Nerea Vale Santiago de 3º ESO  

   3º Premio: Verónica Sebastianelli Díaz de 1º ESO

NORABOA AOS TRES!

Deseño gañador  

CONCURSO DE SOMBREIROS

25/11/2014 08:30
Cartel concurso de sombreiros  

O Departamento de Francés celebra o 25 de novembro un concurso de deseño de sombreiros, en conmemoración de "LA Sainte Catherine".

 

Ese día exporanse os sombreiros presentados no primeiro recreo, e a continuación, no segundo, procederase á entrega de premios.

 

CAMPAÑA ESCOLAR "UN MAR DE CULTURA"

14/01/2015 08:30

O pasado mércores 14 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º da ESO, acompañados por profesorado dos Departamentos de Bioloxía e de Xeografía e Historia, desprazouse a Foz para participar na campaña escolar de divulgación da cultura e os recuros do mar “Un Mar de Cultura: Os nenos e o Mar”. Na actividade realizaron unha ruta ornitolóxica, visitaron o museo provincial do mar (San Ciprián) e coñeceron o traballo de Paco, o carpinteiro de ribeira da vila (única na Mariña Lucense).

Museo 1    Museo 2   

Carpinteiro

DÍA DE ROSALÍA

24/02/2015 10:25
Rosalía
O pasado 24 de febreiro celebrouse o "Día de Rosalía" co gallo da conmemoración do seu nacemento.
Mediante unha inicativa da Biblioteca, o noso centro celebrou unha actuación especial do alumnado de 2º de BAC e 1º de ESO, interpretando "Adiós ríos, adiós fontes" e "Negra sombra" no segundo recreo, tentando así lembrar os poemas de Rosalía e manter viva a súa lembranza entre os máis novos.

 

VISITA DE NÚÑEZ SINGALA

25/02/2015 10:25

O pasado mércores 25 de febreiro o noso alumnado recibiu a visita do escritor Núñez Singala para falar dos libros que leron ao longo destes últimos meses. Con 3º ESO falou de Instrucións para tomar café, con 2º ESO de Comedia bífida e con 1º ESO comentou O achado do castro.

     

Agradecementos dende aquí pola súa visita.

VISITA AO PARQUE EXPERIMENTAL SOTAVENTO

02/03/2015 08:30

O pasado luns 2 de marzo o alumnado de 3º e 4º da ESO visitou o parque experimental de Sotavento, que se atopa no Concello de Xermade. Na visita puideron ver unha vivenda bioclimática e aprender un pouco máis sobre as enerxías renovables.

Sotavento  Sotavento

VISITA DO FÍSICO JORGE MIRA

05/06/2015 12:20

O pasado venres 5 de xuño estivo na biblioteca do IES Cabo Ortegal o Físico, investigador e divulgador galego Jorge Mira para impartir dúas charlas: a primeira, para 1º, 2º e 3º ESO, sobre o  percorrido histórico pola loita do ser humano para determinar as dimensións do universo, dende os gregos ata os nosos días; e a segunda, para 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato, sobre curiosidades da ciencia que atinxen á selección sexual, cálculos de temperaturas do ceo-inferno e o movemento do botafumeiro...entre outras cousas. Ao remate das charla houbo unha quenda de preguntas.

Os rapaces disfrutaron moito e foi unha delicia poder escoitalo. Esperamos que plantase unha semente de curiosidade e interese pola ciencia, o noso primeiro obxectivo con estas charlas. 

Esta actividade foi realizada polo Departamento de Biblioteca, e colaboraron os Departamentos de Física e Matemáticas.

Mira

CHARLA DO CRONISTA JOSE CARLOS BREIJO RODRÍGUEZ

15/06/2015 16:00

Como remate dos actos levados a cabo este ano dentro do Plan Proxecta, na liña do Proxecto Terra, tivo lugar a conferencia dun gran coñecedor da historia da Comarca do Ortegal. O Cronista José Carlos Breijo Rodriguez (actual director do instituto de Cedeira) impartiu este luns unha charla sobre a evolución histórica da vila de Cariño, analizando tamén a evolución urbana dos espazos públicos e as súas tradicións.

Estes coñecementos serán de gran axuda para a elaboración dos traballos finais do alumnado de 4º da ESO sobre os espazos públicos da vila. Estes traballos estarán expostos na entrada do centro dende finais desta semana.

Carlos Breijo

CLUB DE LECTURA Lingua Galega

05/06/2015 12:05
05/06/2015 13:10
Hoxe rematou o clube de lectura deste curso, gozando coa lectura e cun doce. O alumnado de 4º ESO participou nesta actividade lendo o libro Tes ata as 10 de Francisco Castro.
 

 

ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º BACHARELATO

O pasado xoves 18 de xuño celebrouse o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Tivo lugar no auditorio de Cariño ás 20:00 horas e a el asistiu profesorado, persoal do centro, alumnado e familias.
O acto iniciouse co discurso do director, pasando a continuación ao visionado de vídeos recordatorios das alumnas e alumnos e de Dirección, discurso do alumnado e entrega de bandas e diplomas.

Dende o IES Cabo Ortegal os nosos mellores desexos para a nova etapa que comezan.

Acto graduación

 

FESTA CLUB DE LECTURA

Como xa é costume nestes últimos anos, o pasado mércores 17 de xuño celebrouse na biblioteca do centro a festa do club de lectura. Durante a mesma fíxose entrega dos diplomas ao alumnado participante nos distintos clubes e ao alumnado colaborador da biblioteca ao longo do curso.

Ao finalizar o acto desgustaron unha merenda na cafetería do centro.

Club de lectura

CHARLA DO CRONISTA JOSE CARLOS BREIJO RODRÍGUEZ

Como remate dos actos levados a cabo este ano dentro do Plan Proxecta, na liña do Proxecto Terra, tivo lugar a conferencia dun gran coñecedor da historia da Comarca do Ortegal. O Cronista José Carlos Breijo Rodriguez (actual director do instituto de Cedeira) impartiu este luns unha charla sobre a evolución histórica da vila de Cariño, analizando tamén a evolución urbana dos espazos públicos e as súas tradicións.

Estes coñecementos serán de gran axuda para a elaboración dos traballos finais do alumnado de 4º da ESO sobre os espazos públicos da vila. Estes traballos estarán expostos na entrada do centro dende finais desta semana.

Carlos Breijo

 

VISITA DO FÍSICO JORGE MIRA

O pasado venres 5 de xuño estivo na biblioteca do IES Cabo Ortegal o Físico, investigador e divulgador galego Jorge Mira para impartir dúas charlas: a primeira, para 1º, 2º e 3º ESO, sobre o  percorrido histórico pola loita do ser humano para determinar as dimensións do universo, dende os gregos ata os nosos días; e a segunda, para 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato, sobre curiosidades da ciencia que atinxen á selección sexual, cálculos de temperaturas do ceo-inferno e o movemento do botafumeiro...entre outras cousas. Ao remate das charla houbo unha quenda de preguntas.

Os rapaces disfrutaron moito e foi unha delicia poder escoitalo. Esperamos que plantase unha semente de curiosidade e interese pola ciencia, o noso primeiro obxectivo con estas charlas. 

Esta actividade foi realizada polo Departamento de Biblioteca, e colaboraron os Departamentos de Física e Matemáticas.

Mira

INTERCAMBIO CULTURAL 2015: CARIÑO EN ALFOZ-VALADOURO

08/06/2015 08:00
08/06/2015 17:40

Hoxe fomos visitar aos nosos amigos do IES Alfoz-Valadouro. Fixemos unha visita turística polos lugares máis característicos da zona: o Instituto; o Castelo do Castro Ouro; a Finca Galega; a Praia das Catedrais,…. Moitas grazas por este día marabilloso.

 

INTERCAMBIO CULTURAL 2015: ALFOZ EN CARIÑO

01/06/2015 10:25
01/06/2015 17:40
Hoxe recibimos a visita dos alumnos de 3º ESO do IES  de Alfoz. Fixemos unha visita turística polos lugares máis emblemáticos de Cariño: a fábrica de conservas “La Pureza”, a vila, o Cabo Ortegal, San Andrés de Teixido,… e por suposto, o noso Instituto.
 
 
 
 

CONCERTO DE SÉS 2015

19/05/2015 10:25
19/05/2015 12:05

Seguindo coa conmemoración do día das Letras Galegas, o pasado martes 19 de maio, o alumnado de 2º ciclo da ESO e de Bacharelato asistitui ao concerto de Sés.

Esta actividade foi organizada polo Departamento de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Concello de Cariño que subencionou a actividade. Dende aquí agradecer a súa colaboración.

 

 

LETRAS GALEGAS 2015

15/05/2015 10:25
15/05/2015 12:05

Clebramos o día das letras galegas. O alumnado asistiu a un concerto do grupo "Acadacanto" no que actuaron Guadi Galego e Guillerme Fernández.

Esta actividade foi organizada polo Departamento de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Concello de Cariño.

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA DO ILUSTRADOR XAQUÍN MARÍN

O pasado xoves 16 de abril o IES Cabo Ortegal tivo a honra de recibir ao ilustrador e humorista gráfico Xaquín Marín, que veu a impartir dous obradoiros nos que, ademais de gozar cos seus debuxos, deleitonunos con anécdotas da súa traxectoria vital e profesional.Neste acto participou o alumnado de 2º ciclo da ESO e de Bacharelato.


Xaquín1   Xaquín2   Xaquín3

Pódese consultar a noticia que publicou La Voz de Galicia no seguinte enlace: La Voz de Galicia (Xaquín Marín).

VISITA DO ILUSTRADOR XAQUÍN MARÍN

16/04/2015 10:25
16/04/2015 12:10

Hoxe recibimos a visita do ilustrador Xaquín Marín; realizou unha actividade lúdica na que participaron os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e Bacharelato. Ademais de facernos gozar cos seus debuxos, deleitounos con anécdotas da súa traxectoria vital e profesional.

Xaquín2

VISITA Á CAPELA 2015

27/03/2015 08:30
27/03/2015 14:00

O alumnado de 1º ESO visitou o Museo Etnográfico da Capela. Alí viaxamos no tempo e descubrimos como vivían os nosos antepasados; descubrimos apeiros de labranzas, distintos utensilios usados na vida doméstica: artesas, olas da nata, a roca e o fuso, a sella,…;e coñecemos os oficios máis tradicionais: zoqueiros, carpinteiros, xastres, cesteiros, …

http://1.bp.blogspot.com/-54wdMq5mghA/VRWvmlKSFCI/AAAAAAAAAu4/_86cmkY-9Es/s1600/DSC02595.JPG

Despois de adquirir tantos coñecementos, fomos xogar cos nenos do CEIP Mosteiro de Caaveiro e amosáronos a súa colección de xoguetes africanos, entre outras cousas. Moitas grazas pola vosa atención. http://3.bp.blogspot.com/-2-5u8VAWrwM/VRWxEvzwgxI/AAAAAAAAAvU/jAoHs_Ag9Nc/s1600/DSC02660.JPG

 

VISITA AO PARQUE EXPERIMENTAL SOTAVENTO

O pasado luns 2 de marzo o alumnado de 3º e 4º da ESO visitou o parque experimental de Sotavento, que se atopa no Concello de Xermade.

Sotavento  Sotavento

Na visita puideron ver unha vivenda bioclimática e aprender un pouco máis sobre as enerxías renovables.

VISITA DE MANUEL NÚÑEZ SINGALA

25/02/2015 08:30
25/02/2015 14:00

Hoxe o noso alumnado recibiu a visita do escritor Núñez Singala para falar dos libros que leron ao longo destes últimos meses. Con 3º ESO falou de Instrucións para tomar café, con 2º ESO de Comedia bífida e con 1º ESO comentou O achado do castro.

Agradecementos dende aquí pola súa visita.

 

     

 

ENTROIDO 2015

O pasado 13 de febreiro celebramos o entroido no IES Cabo Ortegal. Contamos nesta actividade coa colaboración do Concello de Cariño e da Asociación de Nais e Pais Beiramar.

A media mañá entregáronse os premios das Actividades organizadas polo Concello: "Gymkana" e "Actividades creativas". Neste acto estiveron presentes a Alcaldesa e a responsable da área social e familiar do Concello, que fixeron entrega dos distintos agasallos ao alumnado.

   

 A continuación, e xa disfrazados, desgustamos todos dun chocolate con churros á vez que, aqueles que así o desexaron, se pasaban polo Photocall que a ANPA instalou na entrada para inmortalizar o momento.

      

Xa para rematar a xornada, alumnos e alumnas do centro deleitáronnos cunhas actuación musicais.

     

Dende aquí queremos agradecer a colaboración de todos e todas no desenvolvemento da xornada: profesorado, persoal de administración e servizos, ANPA e Concello.

Grazas e ata o ano que ben!!!

ENTROIDO 2015

13/02/2015 12:05

O pasado 13 de febreiro celebramos o entroido no IES Cabo Ortegal. Contamos nesta actividade coa colaboración do Concello de Cariño e da Asociación de Nais e Pais Beiramar.

A media mañá entregáronse os premios das Actividades organizadas polo Concello: "Gymkana" e "Actividades creativas". Neste acto estiveron presentes a Alcaldesa e a responsable da área social e familiar do Concello, que fixeron entrega dos distintos agasallos ao alumnado.

   

 A continuación, e xa disfrazados, desgustamos todos dun chocolate con churros á vez que, aqueles que así o desexaron, se pasaban polo Photocall que a ANPA instalou na entrada para inmortalizar o momento.

      

Xa para rematar a xornada, alumnos e alumnas do centro deleitáronnos cunhas actuación musicais.

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dende aquí queremos agradecer a colaboración de todos e todas no desenvolvemento da xornada: profesorado, persoal de administración e servizos, ANPA e Concello.

Grazas e ata o ano que ben!!!

CAMPAÑA ESCOLAR "UN MAR DE CULTURA"

O pasado mércores 14 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º da ESO, acompañados por profesorado dos Departamentos de Bioloxía e de Xeografía e Historia, desprazouse a Foz para participar na campaña escolar de divulgación da cultura e os recuros do mar “Un Mar de Cultura: Os nenos e o Mar”. Na actividade realizaron unha ruta ornitolóxica, visitaron o museo provincial do mar (San Ciprián) e coñeceron o traballo de Paco, o carpinteiro de ribeira da vila (única na Mariña Lucense).

Museo 1       Museo 2 Carpinteiro

      

CONCURSO “ACTIVIDADES CREATIVAS” DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os resultados do concurso foron os seguintes:

  • CATEGORÍA “COLLAGE”:

          1º PREMIO ——— ADRIAN RUBIDO MARTÍNEZ

          2º PREMIO ——— CARLA SALGUEIRO BEREIJO

          3º PREMIO ——— LAURA YÁÑEZ MONTERO

          4º PREMIO ——— ALICIA DORADO SANTIAGO

  • CATEGORÍA DEBUXO 1º E 2º ESO

          1º PREMIO ——— BEATRIZ VILA LOZANO

          2º PREMIO ——— JOSÉ MIGUEL SARAS RODRÍGUEZ

          3º PREMIO ——— DAVID ALVES FONTELA

          4º PREMIO ——— VERÓNICA SEBASTIANELLI DÍAZ

  • CATEGORÍA DEBUXO 3º E 4º ESO

          1º PREMIO ——— ADRIAN PERNAS LAMAS

          2º PREMIO ——— CLARA ARCOS LOZANO, AZAHAR FERRANDIZ ALMAGRO, NEREA VALE SANTIAGO

  • CATEGORÍA FOTOGRAFÍA: Deserto

Os agasallos para os primeiros premios serán un vale ou material escolar-deportivo e a inclusión nun calendario que se elaborará co tema da non violencia de xénero.

Os demais premios: inclusión no calendario que se elaborará co tema da non violencia de xénero.

Curtametraxes conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

24/11/2014 12:20
24/11/2014 13:10

Luns 24-11-14

  • Curtametraxes 1,2,3
  • Curso 1ºESO A
  • Aula 1º ESO A
  • 12:20-13:10
  • Dto. Orientación, Concello Cariño
Distribuir contido


by Dr. Radut