Skip to Content

ENTROIDO 2015

O pasado 13 de febreiro celebramos o entroido no IES Cabo Ortegal. Contamos nesta actividade coa colaboración do Concello de Cariño e da Asociación de Nais e Pais Beiramar.

A media mañá entregáronse os premios das Actividades organizadas polo Concello: "Gymkana" e "Actividades creativas". Neste acto estiveron presentes a Alcaldesa e a responsable da área social e familiar do Concello, que fixeron entrega dos distintos agasallos ao alumnado.

   

 A continuación, e xa disfrazados, desgustamos todos dun chocolate con churros á vez que, aqueles que así o desexaron, se pasaban polo Photocall que a ANPA instalou na entrada para inmortalizar o momento.

      

Xa para rematar a xornada, alumnos e alumnas do centro deleitáronnos cunhas actuación musicais.

     

Dende aquí queremos agradecer a colaboración de todos e todas no desenvolvemento da xornada: profesorado, persoal de administración e servizos, ANPA e Concello.

Grazas e ata o ano que ben!!!



page | by Dr. Radut