Skip to Content

Información de interese

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO 2023-2024

Na mañá dos días 10 e 11 de abril vaise levar a cabo en toda a Comunidade Autónoma de Galicia a avaliación de diagnóstico no 2º curso da ESO.

Esta avaliación trátase dunha proba anónima de carácter anual e que pretende avaliar as competencias do alumnado en comunicación lingüística (Lingua Galega, Lingua Castelá e Lingua Estranxeira) así como en matemáticas.

Esta proba non ten ningún efecto académico e non se reflectirá no expediente do alumnado. O seu obxectivo principal no é outro que obter información sobre o sistema educativo e do grao de adquisición das competencias en cada centro. Os resultados analizaranse de forma conxunta tomando como referencia o alumnado de toda Galicia.

Pódese consultar máis información no seguinte enlace: AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO 2023-2024.

ADMISIÓN DE ALUMNADO (CURSO 2024-2025)

Unha vez rematado o prazo de reserva de praza para o alumnado procedente do centro adscrito CEIP Manuel Fraga Iribarne infórmase que todo o alumnado de 6º de primaria que realizou a solicitude  ten praza asignada para o vindeiro curso 24-25.

Comeza no mes de marzo o proceso de admisión, sendo o prazo de presentación de solicitudes ordinarias do 1 ao 20 de marzo de 2024 (ambos incluídos)

As familias poderán presentar as solicitudes de admisión do alumnado de xeito presencial (formato papel cumprimentado o modelo ED550B) no centro educativo, ou ben de xeito electrónico (formato dixital) a través da aplicación accesible no seguinte enlace:

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

Pódese consultar máis información na instrución da Consellería no seguinte enlace: INSTRUCIÓN.

 

 

CALENDARIO FINAL DE CURSO

Pódese consultar tamén no seguinte enlace:

CALENDARIO FINAL CURSO

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES DE AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Desde o 20 de maio está aberto o prazo para solicitar as axudas para material escolar destinadas a alumnado matriculado en Primaria, ESO e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (ao ser o IES Cabo Ortegal un centro Edixgal con libros de texto dixitais, non se solicitan axudas para libros de texto).

O prazo para a realización dos trámites necesarios finaliza  o 21 de xuño, este incluído. A presentación de solicitudes realizarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderán presentar as solicitudes de xeito presencial no centro educativo ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo común cumprimentando o seguinte formulario: ANEXO SOLICITUDE e que deberá ser entregado na administración do centro. 

As convocatorias poden consultarse no Diario Oficial de Galicia e no Portal Educativo

CONVOCATORIA BOLSAS DE ESTUDO 2023/2024 (Estudos postobrigatorios)

Convocadas as Bolsas para estudantes que no vindeiro curso académico 2023/2024 cursen ensinanzas postobrigatorias.

Poderá ser beneficiario das distintas contías o alumnado que non superando unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que cumprindo uns determinados requisitos de aproveitamento académico cursen no ano académico 2023/2024 calquera das seguintes modalidades:

  • Bacharelato.
  • Formación profesional de grao medio e de grao superior.
  • Ciclos Formativos de Grao Básico.
  • Ensinanzas artísticas profesionais e superiores.
  • Ensinanzas deportivas.
  • Estudos relixiosos superiores.
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.
  • Ensinanzas universitarias do sistema universitario español cursadas en centros españois. 

As solicitudes deberán realizarse online a través da sede electrónica na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en https://www.educacionyfp.gob.es, sendo o prazo establecido para a presentación dende o 27 de marzo de 2023 ata o 17 de maio de 2023, ambos inclusive.

Pódese consultar máis información nos seguintes enlaces:

- Estracto da Resolución.

- Páxina web becaseducación.

 

MODIFICACIÓNS AO CALENDARIO ESCOLAR: AVALIACIÓN NA ESO E BACHARELATO

Publicada a  ORDE do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, na que se indica que a 3ª avaliación e a avaliación final de todos os niveis da ESO deben desenvolverse nas mesmas datas, polo que as sesións da 3ª avaliación e da avaliación final da ESO desenvolveranse conxuntamente a partir do día 22 de xuño.

Pódense consultar as principais directrices no seguinte enlace:

ADENDA PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO (CURSO 2023-2024)

RESOLUCIÓN DA RESERVA DE PRAZA

Unha vez rematado o prazo para realizar a reserva de praza, infórmase que TODO o alumnado do CEIP Manuel Fraga Iribarne que presentou a solicitude de reserva de praza para cursar 1º da ESO no curso académico 2023-2024 no IES Cabo Ortegal foi admitido e obtivo praza.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO (CURSO 2023-2024)

PRIMEIRA FASE DE RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

O prazo de solicitudes para realizar a reserva de praza do alumnado que cursará estudos no IES Cabo Ortegal en 1º da ESO no curso académico 2023-2024 abrangue do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos. 

Para poder realizar a reserva de praza deberase presentar presencialmente ou a través da aplicación admisionalumnado o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde. Este formulario será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. 

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso (CEIP Manuel Fraga Iribarne) ou a través da antedita aplicación. 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR (Renovación parcial 2022)

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setembro) da Dirección Xeral de Educación, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros de Consellos Escolares de centros docente sostidos con fondos públicos, e unha vez constituída a Xunta Electoral que regulará todo o proceso, pódese consultar o calendario electoral no seguinte enlace: CALENDARIO ELECTORAL.

Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios e nos seguintes enlaces pódese consultar toda a información relevante relacionada coa convocatoria de cada un dos sectores:

Rutas e horario do transporte escolar

As rutas e os horarios do transporte escolar durante o curso 2022-2023 son:

 

FIGUEIROA - FIGUEIROA FONTE - A COVA - CERCA - FONTAO -CASAS NOVAS:

Entrada mañá 08:00-08:20 horas / Saída mañá 14:10-14:49 horas

Entrada tarde 15:10-15:50 horas / Saída tarde 17:50-18:29 horas

 

CABANÁN - FEÁS ESTEIRO - SISMUNDI - REBOREDO (2) - A ORTIGUEIRA:

Entrada mañá 07:55-08:20 horas / Saída mañá 14:10-14:35 horas

Entrada tarde 15:25-15:50 horas / Saída tarde 17:50-18:15 horas

 

CARIÑO DE ARRIBA - PEDRA CHANTADA - A COFRADÍA:

Entrada mañá 08:10-08:20 horas / Saída mañá 14:10-14:20 horas

Entrada tarde 15:40-15:50 horas / Saída tarde 17:50-18:00 horas

 

RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA A XESTIÓN DA COVID-19

Segundo as últimas instrucións publicadas pola Consellería no relativo á xestión da Covid-19 no ámbito educativo, informamos que:

  • Segue sendo recomendable a ventilación dos espazos, polo que na medida do posible continuarase cunha óptima ventilación das aulas e zonas comúns do centro.
  • Seguirase promovendo a hixiene de mans e a hixiene respiratoria.
  • A máscara é recomendable cando se presenten síntomas compatibles coa enfermidade ou naquelas persoas con criterios de vulnerabilidade. Neste punto é importante recordar aos usuarios de transporte escolar que polo de agora a máscara si é obrigatoria no interior do bus.
  • Finalmente cando unha persoa sexa positivo por Covid poderá asistir ao centro sempre que non se atope mal, pero nese caso terá a obriga de utilizar máscara. No caso en que a sintomatoloxía lle impedise asistir con normalidade ao centro, non acudirá, como no caso de calquera outra enfermidade común.

INICIO DO CURSO 2021-2022

O curso académico 2021-2022 comezará para todo o alumnado o vindeiro mércores 15 de setembro no seu horario habitual a partir das 8:30 horas. Dedicaranse os primeiros minutos da primeira sesión para facer entrega ao alumnado do horario, das axendas e para recordar os aspectos máis importantes das Normas de Organización e Funcionamento, en especial todas aquelas relativas ás medidas de organización, de hixiene e de seguridade derivadas do Protocolo COVID do centro.

Seguiranse realizando entradas escalonadas:

  • Entrada do alumnado transportado: Entre as 8:15h e as 8:25 h (PORTA TRASEIRA DE ACCESO ÁS PISTAS DEPORTIVAS).
  • Entrada do alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO: Antes das 8:25 h (PORTA PRINCIPAL).
  • Entrada do alumnado de 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato: Entre as 8:25h e as 8:30 h (PORTA ENFRONTE AO PAVILLÓN DEPORTIVO).
  • Entrada do alumnado de Ciclo: Entre as 15:55h e as 16:00 h (PORTA PRINCIPAL).

Ao igual que tamén se continuará coas saídas escalonadas:

  • Saída do alumnado de 1º da ESO: Ás 13:50 h (PORTA PRINCIPAL).
  • Saída do alumnado de 2º da ESO: Ás 13:52 h (PORTA PRINCIPAL).
  • Saída do alumnado de 3º da ESO: Ás 13:54 h (PORTA PRINCIPAL).
  • Saída do alumnado de 4º da ESO: Ás 13:56 h (PORTA ENFRONTE AO PAVILLÓN DEPORTIVO).
  • Saída do alumnado de 1º BAC: Ás 13:58 h ( (PORTA ENFRONTE AO PAVILLÓN DEPORTIVO).
  • Saída do alumnado de 2º BAC: Ás 14:00 h ( (PORTA ENFRONTE AO PAVILLÓN DEPORTIVO).
  • Saída do alumnado do CICLO: Ás 20:25 h (PORTA PRINCIPAL).

Agás as reunións coas familias do alumnado de 1º da ESO que terán lugar o martes 14 de setembro ás 17:00 horas, as reunións do resto de familias co profesorado titor prevense realizar algo máis adiante, posiblemente a finais de setembro ou principios de outubro.

INFORMACIÓN FIN DE CURSO 2º BACHARELATO (Avaliación final ordinaria)

Unha vez rematado o curso para 2º de Bacharelato, as datas relacionadas coa publicación de notas, entrega de boletíns, revisión e reclamación das cualificacións de 2º de bacharelato, así como o período para a entrega da documentación ABAU, poderanse consultar no seguinte enlace: CALENDARIO FINAL 2º BAC.

Así mesmo, toda a información de interese para formalizar a matrícula na proba ABAU ordinaria 2021 está dispoñible no seguinte enlace: INFORMACIÓN MATRÍCULA ABAU.

Toda esta información transmitirase tamén na reunión que se manterá co alumnado o mércores 19 ás 10:30 horas na aula desdobre 2º ESO B.

As probas da avaliación final extraordinaria terán lugar entre o mércores 16 e o martes 22 de xuño. Nos vindeiros días publicarase o calendario de exames.

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Este ano 2021 homenaxeamos a Xela Arias, poeta, tradutora e profesora, sendo a quinta muller que recibe esta homenaxe nos 58 anos de existencia da celebración.

4ºESO: TALLER QUÉROTE

20/04/2021 12:20
20/04/2021 14:00

O alumnado de 4º ESO asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 12:20 a 14:00 horas

3ºESO TALLER QUÉROTE

20/04/2021 10:10
20/04/2021 12:20

O alumnado de 3º ESO asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 10:10 a 12:20 horas

3ºPMAR TALLER QUÉROTE

20/04/2021 08:30
20/04/2021 10:10

O alumnado de 3º PMAR asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 08:30 a 10:10 horas

ENQUISA CONVIVENCIA ESCOLAR 2021

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco desta Estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025, polo que faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Cubrir o cuestionario estímase que leva uns 10-15 minutos.

Ao longo desta semana facilitarase  o código de acceso á recollida de datos, sendo a data límite para cubrir a enquisa o 29 de abril (incluído).

Nas seguintes ligazóns pódese acceder aos diferentes formularios para a recollida de datos de cada sector da comunidade educativa:

 

Agradecémoslle a súa colaboración e participación nesta recollida de datos.

2ºBAC B CHARLA USC

15/03/2021 12:20
15/03/2021 13:10

O alumnado de 2º BAC B ten unha charla, impartida por Javier López, dentro do programa A Ponte da USC o luns 15-3-21 de 12:20 a 13:50 horas

2ºBAC A CHARLA USC

15/03/2021 10:10
15/03/2021 11:50

O alumnado de 2º BAC A ten unha charla, impartida por Javier López, dentro do programa A Ponte da USC o luns 15-3-21 de 10:10 a 11:50 horas

2ºBAC A CHARLA ORIENTACIÓN

22/12/2020 12:20
22/12/2020 13:10

O alumnado de 2º BAC A ten unha charla impartidas polo departamento de orientación o martes 22-12-20 de 12:20 a 13:10 horas.

2ºBAC B CHARLA ORIENTACIÓN

22/12/2020 10:10
22/12/2020 11:00

O alumnado de 2º BAC B ten unha charla impartidas polo departamento de orientación o martes 22-12-20 de 10:10 a 11:00 horas.

CONMEMORACIÓN 25 N

O alumnado de 1º da ESO que cursa a materia de Investigación e tratamento da información elaborou este vídeo para conmemorar o 25 N. 

ORDE 6/11/2020 PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMANDO

Publicada a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21: ENLACE Á ORDE.

Para poder optar a esta axuda haberá que presentar na administración do centro educativo o ANEXO I de solicitude cuberto e que se pode descargar dende o seguinte enlace: ANEXO I

  • Non ten que presentar solicitude o alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, é dicir, aquelas familias á que se lles entregou o cheque para material escolar non é necesario que fagan ningún trámite pois xa estarían admitidos.
  • Si terían que presentar solicitude aquelas familias que non están no caso anterior e que ademais cumpran algún deste requisitos: Familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € - Alumnado matriculado en educación especial - Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia - Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 16 ao 27 de novembro de 2020.

MÁSCARAS PRESENTADAS AO CONCURSO DE SAMAÍN 2020

06/11/2020 12:05
06/11/2020 12:05

Deixámosvos unhas fotos das máscaras gañadoras e de tódolos traballos presentados ao concurso de samaín:

FORMACIÓN NOVOS USUARIOS DA BIBLIOTECA

29/10/2020 11:49
29/10/2020 11:49

O xoves 29 de outubro levouse a cabo unha sesión de formación dos novos usuarios de 1º ESO, que debido ás circunstancias actuais se realizou en dous espazos e en varias quendas.

Comezamos conversando co grupo na súa aula. A rapazada contounos que é para eles unha Biblioteca, as súas experiencias previas nestes lugares e a súa relación coa lectura. A continuación proxectamos un vídeo elaborado polo Equipo da Biblioteca no que o alumnado dos cursos máis altos nos explican as novas normas de uso derivadas da crise da COVID. Podedes ver o vídeo completo na web do centro (pica aquí).

En quendas baixaron á biblioteca para que os novos usuarios puidesen coñecer os seus fondos e ver como están organizados.



 

 

REANUDACIÓN DOS PRAZOS NO PROCESO DE ADMISIÓN

En virtude da RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, acórdase o restablecemento do procedemento de admisión do alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria e bacharelato en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020-2021.

Nesta Resolución, os prazos a ter en conta serán os seguintes:

  • Presentación de solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio (ambos incluídos).
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula ordinaria: do 1 ao 10 de xullo.

 

O alumnado de nova incorporación que desexe solicitar praza para o próximo curso no IES  Cabo Ortegal, pode realizar a solicitude dunha das seguintes formas:

  • Dixitalmente mediante no seguinte enlace: ADMISIÓN ALUMNADO

  • Presencialmente entregando toda a documentación pertinente no IES Cabo Ortegal en horario de atención ao público de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas.

CANCELADA 1º e 2º BAC CHARLAS TEMÁTICAS

14/04/2020 10:25
14/04/2020 12:05

O alumnado de 1º e 2º BAC ten unha charla e un taller sobre "D3 mobile: escaneado 3D de obxectos reais co móbil/TÁE" o martes 14 de abril de 2020 de 10:25 a 12:05  horas

3ºEA CHARLA DISLEXIA

12/03/2020 10:25
12/03/2020 11:15

O xoves 12 de marzo de 10:25 a 11:15 horas o alumnado de 3ºESO A ten unha charla sobre dislexia impartida Elena Balado Aneiros, alumna de 4ºESO A.

3º ESO A e ADES: ECOTONO

14/02/2020 10:25
14/02/2020 12:05

O alumnado de 3º ESO A e Ades realiza unha saída á praia o venres 14 de febreiro de 2020 de 10:25 a 12:05 horas

Distribuir contido


by Dr. Radut