Skip to Content

Información de interese

LISTAXE DEFINITIVA DOS LIBROS DE TEXTO 2020/2021

Nos seguintes enlaces aparecen a relación dos libros de texto de Bacharelato para o vindeiro curso académico. Os libros que non figuren nas diferentes listas non haberá que compralos.

No caso dos libros de 3º da ESO non será necesario comprar ningún libro, xa que o centro dispón de libros suficientes para repartir a todo alumnado.

No caso dos libros de 4º da ESO non será necesario comprar ningún libro, xa que o centro dispón de libros suficientes para repartir a todo alumnado.

Recordar tamén que o IES é centro Edixgal, polo que tanto en 1º da ESO como en 2º da ESO, os libros serán dixitais e non se necesitará comprar ningún. Calquera libro que o profesorado destes cursos utilice como apoio será facilitado polo centro.

O alumnado de 1º ESO terá que comprar o libro de actividades de Educación Plástica, xa que nel ser farán os distintos exercicios do curso. No seguinte enlace figura o ISBN de dito libro:

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA

Aberto o prazo para presentar proxectos para a xestión e explotación da cafetería do centro dende o 20 de xuño ata o 26 de xuño, ambos incluídos.

Para máis información pódese consultar o seguinte enlace: INSTRUCIÓNS.

CALENDARIO ABAU DEFINITIVO

No seguinte enlace pódese consultar o calendario definitivo da Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade deste curso 2016/2017: CALENDARIO.

Para máis información a cerca da proba recoméndase consultar a páxina da CiUG.

LUNS 30 DE XANEIRO DÍA NON LECTIVO

Recórdase que o vindeiro luns 30 de xaneiro non haberá clases xa que foi aprobado no Consello Escolar celebrado o 15 de setembro de 2016, quedando así establecido no calendario escolar do curso 2016/17 do IES Cabo Ortegal. As clases reanudaranse o martes 31 de xaneiro no seu horario habitual.

1ºBAC RUTA XEOLÓXICA POLOS ACANTILADOS DE LOIBA

O pasado xoves 1 de decembro o alumnado de 1º de Bacharelato do IES Cabo Ortegal realizou una ruta xeolóxica por Loiba, guiada por Francisco Canosa e organizada pola biblioteca do centro. Colaboraron na organización da viaxe didáctica os departamentos de Educación Física e Bioloxía.

Ruta Loiba

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR (VOTACIÓNS)

Tal e como figura no calendario electoral referente á renovación parcial dos membros do Consello Escolar 2016 do IES Cabo Ortegal, os horarios das votacións dos diferentes sectores realizaranse o luns 28 de novembro no seguinte horario:

  • ALUMNADO: Ao longo da mañá a partir das 9:20 horas.
  • PROFESORADO: Ás 14:00 horas.
  • PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS: Ás 14:30 horas.
  • NAIS E PAIS:  Entre as 19:00 e as 20:25 horas.

MAGOSTO 2016

O pasado 16 de novembro celebramos, como xa vén sendo habitual nos últimos anos, o Magosto no IES Cabo Ortegal. Houbo degustación de castañas, xogos populares e actividades deportivas.

  



ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O próximo luns 21 de novembro terá lugar, ás 10:10 horas na sala de usos múltiples do IES Cabo Ortegal, o sorteo público dos compoñentes das mesas electorais de pais/nais e de alumnado.

A constitución das mesmas terá lugar o propio día das votacións (luns 28 de novembro) previa comunicación aos interesados.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR (CALENDARIO ELECTORAL)

Tendo en conta o Decreto 92/1988, do 28 de abril modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e a resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG do 4 de outubro) pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar, o martes 8 de novembro constituíuse a Xunta Electoral que regula o proceso de eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar 2016, quedando aprobado o calendario do mesmo.

O prazo de presentación de candidaturas está aberto dende o mércores 9 de novembro ata as 14:00 horas do xoves 17 de novembro, quedando proclamadas as diferentes candidaturas o venres 18 de novembro ás 12:20 horas.

No seguinte enlace pódese consultar o calendario electoral: CALENDARIO.

 

LIBROS DE TEXTO 2016/2017 PARA 1º E 3º DA ESO (FONDO SOLIDARIO)

Nos seguintes enlaces figuran os libros de texto que ten que comprar o alumnado de 1º ou 3º da ESO. As listaxes están diferenciadas en cada curso dependendo de se solicitaron o fondo solidario ou non.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2016/2017)

O luns 17 de maio vense de publicar a ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

REQUISITOS E PRAZOS

Para poder optar ás axudas será necesario devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2015/16.

Os libros correspondentes ao curso 2015/2016 deberanse devolver con data límite do 23 de xuño, agás o alumnado con algunha materia pendente que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine en setembro.

Compre destacar que:

  • Ao Fondo solidario de libros (alumnado que se vaia a matricular en 1º e 3º da ESO o próximo curso) poderá optar calquera familia independentemente da renda.
  • Ás axudas para adquirir libros de texto (alumnado que se vaia a matricular en 2º e 4º da ESO o próximo curso) poderán optar aquelas familias con rendas per cápita iguais ou inferiores a 9000€.
  • Ás axudas para adquirir material escolar (alumnado que se vaia a matricular en calquera dos cursos da ESO o próximo curso) poderán optar aquelas familias con rendas per cápita iguais ou inferiores a 5400€.

O prazo remata o 23 de xuño. Excepcionalmente, para aquel alumnado que repita 4º de ESO que non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, poderá presentala no prazo dun mes desde a formalización da matrícula. 

PROCEDEMENTO

As solicitudes faranas os pais/nais ou titores/as legais do alumnado cubrindo o ANEXO I da convocatoria que entregarán na administración do centro, sendo este o encargado de tramitar as solicitudes a través das distintas aplicacións.

O citado ANEXO I pódese solicitar na administración do IES Cabo Ortegal ou ben descargalo dende o seguinte enlace: ANEXO I.

Xunto co ANEXO I deberase entregar:

  • Unha copia do libro de familia no que figuren os membros computables da unidade familiar.
  • Copia dos DNI (NON É NECESARIO se autoriza a consulta telemática)
  • Copia da declaración da renda do exercicio 2014 (NON É NECESARIO se autoriza a consulta telemática).
  • De selo caso, copia de sentenza xudicial de separación ou divorcio, certificado de discapacidade

 

Pódese acceder a todo o relativo á ORDE no seguinte enlace: ORDE axudas libros e material escolar.

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2016/2017

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición.

Pódese consultar a toda a información relativa a dita orde no seguinte enlace: Orde de 12 de marzo de 2013.

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

O pasado día 10 de novembro publicouse no DOG una nova ORDE pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Esta nova convocatoria vai dirixida a todas aquelas familias que non se puideron acoller ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquelas que, tendo solicitada a dita axuda, resultasen excluídas por unha causa emendable. Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude.

O prazo para presentar as solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (do 11 de novembro ao 21 de novembro).

No seguinte enlace pódese consultar a ORDE.

BECAS PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS PARA O CURSO 2015-2016

O prazo de presentación de solicitudes remata:

  • O 30 de setembro para os niveis NON universitarios.
  • O 15 de outubro para os universitarios.

Na seguinte ligazón podes acceder á información segundo os diferentes tipos e niveis de ensino: INFORMACIÓN.

Información de interese

Nesta sección podedes atopar información de interese para os pais/nais/titores legais do alumnado co centro:

  • Información sobre as titorias de cada grupo

 

Remate das Actividades Extraescolares

05/06/2009 00:30
05/06/2009 20:30

No día de hoxe rematan as actividades extraescolares do presente curso escolar 2008-09

Distribuir contido


by Dr. Radut