Skip to Content
TELÉFONOS DE CONTACTO: 881960101 - 698148050 - 698148051

4º ESO DIGITALWEEK

16/12/2023 00:00
16/12/2023 00:00

O noso alumnado de 4º ESO participou nun programa de inmersión lingüística nos Peares do 10 ao 16 de decembro.

Xunto ao alumnado doutros centros, potencian especialmente a súa capacidade para a comprensión e expresión orais mediante a estancia durante varios días nunha instalación que posibilita a inmersión total en inglés con profesorado nativo.

Así mesmo, mediante a metodoloxía CLIL, facilítase a adquisición de contidos adecuados para cada etapa educativa, e os programas complétanse coa realización de talleres, xogos, deporte, ...

      

1º ESO PLAN DIRECTOR

13/12/2023 10:10
13/12/2023 11:00

O alumnado de 1º ESO A ten unha charla do Plan Director sobre "Ciberseguridade" o mércores 13-12-23 de 10:10 a 11:00 horas.

A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.

 

3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO

05/04/2024 00:00
05/04/2024 00:00

Parte do alumnado de 3º e 4º ESO e de 1º BAC que cursa francés recibe ao alumnado do Lycée Simone Veil de Liffré, na Bretaña, para continuar co intercambio entre os centros do 5 ao 12 de abril de 2024.

A actividade está organizada polo departamento de Francés.

CONCURSO DE ENIGMAS NO INSTI

30/11/2023 08:30
30/11/2023 14:00

Dentro do #mesdacienciaengalegonasbibliotecas, nas últimas semanas desenvolvemos o noso concurso de enigmas, organizado pola Biblioteca, o @edlg_ortegal e o @club_ciencias_ortegal.
Un ano máis o concurso contou con gran participación do alumnado, que durante oito recreos intensos espremeron os miolos para resolver os enigmas científicos e lingüísticos que lle fomos propoñendo diariamente. A cousa estivo emocionante! Tanto, que se produciu un empate na categoría T-Rex! Así que a próxima semana haberá un enigma final para determinar os gañadores!!!


3ºESO PLAN DIRECTOR

29/11/2023 13:10
29/11/2023 14:00

O alumnado de 3º ESO ten unha charla do Plan Director sobre "Drogas e alcohol" o mércores 29-11-23 de 12:20 a 13:10 horas.

A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.

4ºESO A E PDC PLAN DIRECTOR

29/11/2023 11:30
29/11/2023 12:20

O alumnado de 4º ESO ten unha charla do Plan Director sobre "Drogas e alcohol" o mércores 29-11-23 de 11:30 a 12:20 horas.

A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.

1ºESO PLAN DIRECTOR

29/11/2023 10:10
29/11/2023 11:00

O alumnado de 1º ESO ten unha charla do Plan Director sobre "Delitos de odio e discriminación" o mércores 29-11-23 de 10:10 a 11:00 horas.

A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.

TODOS MAGOSTO e CELEBRACIÓN DO 25N

27/11/2023 16:00
27/11/2023 17:40

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O luns 27-11-23, de 16:00 a 17:40 horas, todo o centro participa na conmemoración polo 25N e despois celebramos o Magosto. Haberá degustación de castañas asadas e, se a meteoroloxía o permite, poderase participar en xogos tradicionais no exterior. 

A actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración do Departamento de Educación Física.


4ºESO A E PDC IGUALDADE

20/11/2023 16:00
20/11/2023 17:40

O alumnado de 4º A e PDC asiste a un taller sobre "Volencia de xénero no novo contexto dixital" o luns 20-11-23 de 16:00 a 17:40 horas.

Está impartido por June Pereiro do equipo de formación en Igualdade e Convivencia de Pantallas Amigas dentro das actuacións ofertadas pola Secretaría Xeral de Igualdade.

 

Organiza o Departamento de Orientación e o Concello de Cariño


2º ESO XIV OBRADOIRO E CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

06/11/2023 08:30
06/11/2023 19:30

O alumnado de 2º ESO participa no XIV Obradoiro e Concurso Galego de Robótica en A Coruña o luns 6-11-23 de 08:30 a 19:30 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía

IES CABO ORTEGAL PRIMEIROS AUXILIOS

1º BAC A PRIMEIROS AUXILIOS

30/10/2023 10:10
30/10/2023 11:00

O alumnado de 1º BAC asiste a unha charla sobre "Primeiros Auxilios" o luns 30-10-23 de 10:10 a 11:00 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Orientación

 

3º ESO A PRIMEIROS AUXILIOS

30/10/2023 09:20
30/10/2023 10:10

O alumnado de 3º ESO A asiste a unha charla sobre "Primeiros Auxilios" o luns 30-10-23 de 09:20 a 10:10 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Orientación

 

4º ESO A e PDC PRIMEIROS AUXILIOS

30/10/2023 08:30
30/10/2023 09:20

O alumnado de 4º ESO A e PDC asiste a unha charla sobre "Primeiros Auxilios" o luns 30-10-23 de 08:30 a 09:20 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Orientación

 

 

2º ESO A e B PRIMEIROS AUXILIOS

27/10/2023 13:10
27/10/2023 14:00

O alumnado de 2º ESO A e B asiste a unha charla sobre "Primeiros Auxilios" o venres 27-10-23 de 13:10 a 14:00 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Orientación

 

1º ESO A PRIMEIROS AUXILIOS

26/10/2023 09:20
26/10/2023 10:10

O alumnado de 1º ESO A asiste a unha charla sobre "Primeiros Auxilios" o xoves 26-10-23 de 09:20 a 10:10 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Orientación

1º e 2º BAC: CHARLA ASOCIACIÓN FRAGAS DO ORTEGAL

17/10/2023 11:30
17/10/2023 13:10

O alumnado de 1º e 2º de BAC ten unha charla sobre "Ese maravilloso desconocido llamado árbol"o martes 17-10-23 de 11:30 a 13:10 horas.

Será impartida por Mónica Maceiras Rioboó, Enxeñeira Técnica Agrícola na especialidade de xardinería e arboricultura.

 

A actividade está organizada polo departamento de Bioloxía

TODOS ACTIVIDADE DE ROGER ARIAS

10/10/2023 12:00
10/10/2023 14:00

Todo o centro acude ao Auditorio de Cariño o martes 10-10-2023 de 12:00 a 14:00 horas no programa de animación á lectura 'Ler conta moito' na que Roger Arias nos ofrece a actividade 'Ver un mundo nun gran de area'. É un espectáculo multidisciplinar que aúna música, poesía e pintura, no que se enfatizan valores como a ecoloxía, a imaxinación ou a empatí.

A actividade está organizada pola Biblioteca Pública do Concello de Cariño e a Biblioteca do IES Cabo Ortegal

1º BAC TALLER MICÓFILO

22/09/2023 12:20
22/09/2023 13:10

O alumnado de 1º BAC participa nun taller micófilo o venres 22-9-2023 de 12:20 a 13:30 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Bioloxía e o Club de Ciencias

4º ESO TALLER MICÓFILO

22/09/2023 11:30
22/09/2023 12:20

O alumnado de 4º ESO participa nun taller micófilo o venres 22-9-2023 de 11:30 a 12:20 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Bioloxía e o Club de Ciencias

3º ESO TALLER MICÓFILO

22/09/2023 10:10
22/09/2023 11:00

O alumnado de 3º ESO participa nun taller micófilo o venres 22-9-2023 de 10:10 a 11:00 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Bioloxía e o Club de Ciencias

MANUAL DE USUARIO DE ABALAR MÓBIL

Aquí podedes descargar o Manual de usuario de AbalarMóbil (decembro 2022)

INFORMACIÓN ABALAR MÓBIL PARA AS FAMILIAS

 Podedes aceder á información sobre abalar Móbil premendo na imaxe de abaixo

INFORMACIÓN E-DIXGAL PARA AS FAMILIAS

Podedes aceder á información sobre E-dixgal premendo na imaxe de abaixo

FIN DE CURSO: FINAIS DEPORTIVAS E ANDAINA A FORNOS

21/06/2023 08:30
21/06/2023 14:00
O mércores 21 de xuño realizaranse diferentes actividades para despedir o curso escolar.

Ás 8:30 horas o alumnado subira ás aulas, pasarase lista e baixarán ao patio para ata aproximadamente as 10:30 xogar as finais das diferentes actividades deportivas que se viñeron ralizando nos recreos ao longo do curso.

Unha vez rematados os partidos realizaremos unha andaina á praia de Fornos co horario seguinte (son horas aproximadas):

 

  • 10:30-11:30 horas: saída a pé do instituto e chegada á praia.
  • 11:30-13:30 horas: tempo de lecer na praia e comida (o centro mercará como é habitual algo para comer e beber).
  • 13:30 horas: regreso en bus ao instituto.
  • 14:00 horas: recollida de material das aulas, saída dos buses e remate da xornada.

 

RETOS DOS POLOS CREATIVOS. VÍDEO PRESENTADO

21/06/2023 10:44

Aquí vos deixamos o vídeo de Polos Creativos que o centro presentou ao reto proposto pola Consellería. Moitas grazas a todos os participantes!

 

ENTREGA DA REVISTA FUME

20/06/2023 11:00
20/06/2023 11:30

O 20 de xuño fixemos entrega dos exemplares da revista Fume cos traballos do alumnado que participou no obradoiro "A linguaxe da ilustración: unha forma visual de contar historias" realizado polo artista local Borja Guerrero Parapar.
Grazas a Borja pola maquetación a OQO Editora pola impresión.
Esperamos continuar coa formación o próximo curso!!!

  

3º e 4º ESO e 1º BAC ACTIVIDADES ACUÁTICAS

12/06/2023 10:10
12/06/2023 17:40

O alumnado de 3º e 4º ESO e de 1º BAC realiza unha xornada de actividades acuáticas o luns 12-6-23 de 10:10 a 17:40 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física.


1º BAC: CHARLA TED DO INSTITUTO BEMBÉZAR DE AZUAGA (BADAJOZ)

12/06/2023 00:00
12/06/2023 00:00

Juanma García, director do IES Bembézar de Azuaga (Badajoz) púxose en contacto con David Loureiro, porofesor de Lingua Castelá do noso instituto, para unha colaboracíon dos dous centros.

Realizaron un TED que trata de glosar as bondades de localidades con nomes singulares como é o caso de Malcocinado (Badajoz) e Cariño (A Coruña) e demostrar que tras un nome chamativo alberganse grandes encantos.

Será Julia, alumna de 1º de BAC e natural de Malcocinado quen vai a facer a charla coa colaboración do alumnado de 1º de BAC de Cariño.

Grazas por pensar en nós!!!

.

Podedes atopar os 2 vídeos do proxecto completo no enlace ao TED:

https://youtube.com/playlist?list=PLVISDicGzNUjG6NUwlZtQk304Z08dDmU-

Distribuir contido


by Dr. Radut