Skip to Content
TELÉFONOS DE CONTACTO: 881960101 - 698148050 - 698148051

1ºBAC RUTA PRAIA AREAS NEGRAS

29/04/2022 08:30
29/04/2022 14:00

O venres 29 de maio de 08:30 a 14:00 horas, o alumnado de 1º BAC realizará unha ruta á Praia de Areas Negras de Teixidelo.

A actividade está organizada polo Club de Ciencias do instituto.

                    

3º, 4º ESO e 1º BAC CONCERTO

28/04/2022 12:00
28/04/2022 14:00

O alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º de BAC teñen un concierto no Auditorio Municipal o xoves 28-04-2022 de 12:00 a 14:00 horas

A actividade está organizada polo departamento de Biblioteca en colaboración co Concello de Cariño

2ºESO CHARLA DO CPEIG

27/04/2022 11:30
27/04/2022 12:20

O alumnado de 2º ESO ten unha charla sobre o Uso responsable das novas tecnoloxías o mércores 27-04-2022 de 11:30 a 12:20 horas.

Está impartida por un membro do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia dentro do plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

ABRIL, MES DO LIBRO E DA TERRA NO IES CABO ORTEGAL

Programa de actividades para conmemorar o Mes do Libro e da Terra, organizado conxuntamente pola Biblioteca, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Departamento de Lingua Galega e Literatura e Proxecto Ríos.

3º ESO CHARLA CO ESCRITOR ANTONIO M. FRAGA

25/04/2022 09:00
25/04/2022 09:50

O alumnado de 3º ESO recibe ao escritor Antonio M. Fraga o luns 25-04-2022 de 09:00 a 09:50 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca, EDLG e Lingua Galega.

 

 

4ºESO VIAXE FIN DE ETAPA

19/04/2022 09:00

O alumnado de 4º de ESO realiza a viaxe de fin de etapa a Portugal dende o martes 19 ao venres de abril de 2022.

3º ESO CHARLA DA USC

04/04/2022 11:30
04/04/2022 12:20

O alumnado de 3º ESO ten unha charla da USC sobre A Idade Media e o cómic o luns 04-04-2022 de 11:30 a 12:20 horas.

A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.

 

II CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA "EXERIA"

 

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redondela) e do IES Mendiño (Redondela), en colaboración co Equipo de Biblioteca do IES Cabo Ortegal e co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, convocamos a II edición do Certame intercentros de microrrelato e fotografía "Exeria", destinado a todo o alumnado dos tres centros organizadores. 

Nesta segunda edición, a temática proposta para os traballos é a pandemia e, como novidade, outorgaranse en cada categoría dous premios independentes para o mellor microrrelato e para a mellor fotografía. 

O prazo de presentación dos traballos é do 1 ó 20 de abril de 2022. 

Pica aquí para acceder ás bases completas do certame.

4ºESO CHARLA VERDADES E TROLAS SOBRE AS VACINAS E A COVID

29/03/2022 08:30
29/03/2022 17:00

O alumnado de 4º ESO ten una charla sobre VERDADES E TROLAS SOBRE AS VACINAS E A COVID, impartida polo profesor Dr. Federico Martinón-Torres no Pazo de Cultura de Narón o martes 29-03-22 de 08:30 a 17:00 horas (por confirmar).

A actividade está organizada polo Club de Ciencias do IES Cabo Ortegal.

  

TODOS CINE VERSIÓN ORIXINAL

28/03/2022 08:30
28/03/2022 17:00

Todo o alumnado do centro verá no cine Dúplex de Ferrol a película Délicieux en versión orixinal en francés o luns 28-03-2022.

A actividade será 08:30 a 17:00 horas e está organizada polos departamentos de Francés e Inglés.

4ºESO RELEVO2 CHARLA COMERCIALIZACÓN E TRANSFORMACIÓN

25/03/2022 09:20
25/03/2022 10:10

O alumnado de 4º ESO ten una charla sobre Produtos da pesca. Saídas profesionais. Posta en valor, selos e marcas de calidade, organizada polo departamento de Orientación e impartida por membros dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro, o venres 25-03-22 de 09:20 a 10:10 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

3ºPMAR CHARLA RELEVO2

25/03/2022 11:30
25/03/2022 12:20

O alumnado de 3º PMAR ten una charla sobre Saidas profesionais no sector marítimo pesqueiro, organizada polo departamento de Orientación e impartida por membros dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro, o venres 25-03-22 de 11:30 a 12:20 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

3ºESOA CHARLA EDUREFERENTES

25/03/2022 11:30
25/03/2022 12:20

O alumnado de 3º ESO A participa o venres 25-03-2022 de 11:30 a 12:20 nunha sesión do programa educativo EduReferentes. Nesta sesión o alumnado terá a oportunidade de traballar diferentes habilidades sociais e de comunicación coa axuda de profesionais.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

1º ESO A e B RECITAL DE POESÍA POLAS RÚAS DE CARIÑO

21/03/2022 11:30
21/03/2022 14:00

Para conmemorar o Día da Poesía o alumnado de 1º de ESO A e B realiza un recital de poesía polas rúas de Cariño o luns 21 de marzo de 11:30 a 13:45 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca e EDLG.

1ºESOA REGUEIFAS

21/03/2022 16:00
21/03/2022 17:00

O alumnado de 1º ESO A asiste a un obradoiro de regueifas en liña, impartida por Alba María, o luns 21-03-2022 de 16:00 a 17:00 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega.

1ºESOB REGUEIFAS

14/03/2022 16:00
14/03/2022 17:00

O alumnado de 1º ESO B asiste a un obradoiro de regueifas en liña, impartida por Alba María, o luns 14-03-2022 de 16:00 a 17:00 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega.

TERCEIRO NÚMERO DO SABICHÓMETRO

 

No marco da Semana da Prensa 2022, publicamos o terceiro número d'O Sabichómetro 2.0., que dá conta do acontecido no centro na primeira parte deste curso. A revista pódese ler picando aquí.

1º e 2º BAC Visita á USC e á Catedral

03/03/2022 08:00
03/03/2022 21:00

O alumnado de 1º e 2º de BAC realiza un recorrido guiado pola Universidade de Santiago de Compostela, visita o Pórtico da Gloria e recorre, con guía, as Cubertas da Catedral o xoves 3-3-2022 de 08:00 a 21:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

1º ESO A e B CONCURSO DE DISFRACES

25/02/2022 11:30
25/02/2022 12:20

O alumnado de 1º da ESO A e B participa no concurso de disfraces que terá lugar o venres 25-02-2022 de 11:30 a 12:20 horas. Ao seu remate subirán ás súas clases correspondentes.

A actividade está organizada polo IES Cabo Ortegal e conta coa colaboración da ANPA.

TODOS CHAOLAS E CHOCOLATE 2022

25/02/2022 11:00
25/02/2022 12:20

Para celebrar o Entroido, todo o centro degustará chocolate con chaolas o venres 25-2-2022 nos recreos e ás 16:00 horas para o alumnado do CICLO.

 

1º e 2º BAC de Música

25/02/2022 08:30
25/02/2022 22:30

O alumnado de 1º e 2º BAC que cursa Música realiza unha visita á Domus e ao Aquarium de A Coruña e asiste á representación do musical de Ghost o venres 25 de febreiro 08:30 a 22:30 horas.

1º ESO A e B ACTIVIDADE NA PISCINA

24/02/2022 11:30
24/02/2022 14:00

O alumnado de 1º A e B realiza unha actividade na piscina municipal o xoves 24 de febreiro de 2022 de 11:30 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e conta coa colaboración do Concello de Cariño.

4ºESO, 1º e 2º BAC CONCURSO DE DISFRACES

24/02/2022 12:20
24/02/2022 14:00

O alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC participa no concurso de disfraces que terá lugar o xoves 24-02-2022 de 12:20 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo IES Cabo Ortegal.

2ºESO CHARLA VIOLENCIA DE XÉNERO

24/02/2022 08:30
24/02/2022 10:10

O alumnado de 2º ESO ten unha charla sobre a Violencia de xénero no novo contexto dixital o xoves 24-2-2022 de 08:30 a 10:10 horas.

A sesión está organizada pola Deputación de A Coruña, o Concello de Cariño e o IES Cabo Ortegal, e impartida por PantallasAmigas coa misión de promocionar un uso seguro e saudable de Internet e outras TIC, así como o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e a adolescencia.

1º ESO A e B ACTIVIDADE NA PISCINA

22/02/2022 11:30
22/02/2022 14:00

O alumnado de 1º A e B realiza unha actividade na piscina municipal o martes 22 de febreiro de 2022 de 11:30 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e conta coa colaboración do Concello de Cariño.

 

2º ESO ACTIVIDADE NA PISCINA

17/02/2022 11:30
17/02/2022 14:00

O alumnado de 2º A realiza unha actividade na piscina municipal o xoves 17 de febrero de 2022 de 11:30 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e conta coa colaboración do Concello de Cariño.

 

2º ESO ACTIVIDADE NA PISCINA

15/02/2022 11:30
15/02/2022 14:00

O alumnado de 2º A realiza unha actividade na piscina municipal o martes 15 de febrero de 2022 de 11:30 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e conta coa colaboración do Concello de Cariño.

CONCURSO 11F DIA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

11/02/2022 00:01

O Club de Ciencia organiza un concurso o venres 11 de febreiro con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Para participar neste xogo terás que resolver o encrucillado o máis rápido posible durante os recreos do venres.

 

ENTREGA DE PREMIOS

  

  

PROGRAMA ESCOLAR DE FROITA E LEITE

31/01/2022 08:30

O noso instituto participa, outro ano máis, no Programa de froita e leite na escola que organiza o FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e subvenciona pola Unión Europea.

A partir do próximo luns 31 xaneiro, o alumnado poderá consumir unha peza de froita (10 días) e un brick de leite (20 días) durante os recreos.

Poderán escoller entre mandarina, mazá, pera ou plátano e o leite é 100% galega!!!!

A o longo do terceiro trimestre repetiremos o programa completo.

Distribuir contido


by Dr. Radut