Skip to Content
TELÉFONOS DE CONTACTO: 881960101 - 698148050 - 698148051

1ºBAC RUTA AO FUCIÑO DO PORCO

13/05/2021 10:30
13/05/2021 17:00

O xoves 13 de maio de 10:30 a 17:00 horas, o alumnado de 1º BAC realizará unha ruta ao Fuciño do Porco organizada polo Club de Ciencias do instituto.

 

3ºPMAR CHARLA IMPARTIDA POR FADEMUR

10/05/2021 16:50
10/05/2021 17:40

O alumnado de 4º ESO A ten unha charla sobre a "violencia de género" e "mitos do amor romántico" a cargo de FADEMUR o luns 10-5-2021 de 16:50 a 17:40 horas

4ºESOA CHARLA IMPARTIDA POR FADEMUR

10/05/2021 16:00
10/05/2021 16:50

O alumnado de 4º ESO A ten unha charla sobre a "violencia de género" e "mitos do amor romántico" a cargo de FADEMUR o luns 10-5-2021 de 16:00 a 16:50 horas

3ºESOA CHARLA IMPARTIDA POR FADEMUR

10/05/2021 10:10
10/05/2021 11:00

O alumnado de 3º ESO A ten unha charla sobre a "violencia de género" e "mitos do amor romántico" a cargo de FADEMUR o luns 10-5-2021 de 10:10 a 11:00 horas

4ºESO: TALLER QUÉROTE

20/04/2021 12:20
20/04/2021 14:00

O alumnado de 4º ESO asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 12:20 a 14:00 horas

3ºESO TALLER QUÉROTE

20/04/2021 10:10
20/04/2021 12:20

O alumnado de 3º ESO asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 10:10 a 12:20 horas

3ºPMAR TALLER QUÉROTE

20/04/2021 08:30
20/04/2021 10:10

O alumnado de 3º PMAR asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 08:30 a 10:10 horas

1ºBAC RUTA Á PRAIA DE AREAS NEGRAS

15/04/2021 10:30
15/04/2021 17:00

O xoves 15 de maio de 11:50 a 17:00 horas, o alumnado de 1º BAC realizará unha ruta á Praia de Areas Negras de Teixidelo organizada polo Club de Ciencias do instituto.


 

ENQUISA CONVIVENCIA ESCOLAR 2021

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco desta Estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025, polo que faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Cubrir o cuestionario estímase que leva uns 10-15 minutos.

Ao longo desta semana facilitarase  o código de acceso á recollida de datos, sendo a data límite para cubrir a enquisa o 29 de abril (incluído).

Nas seguintes ligazóns pódese acceder aos diferentes formularios para a recollida de datos de cada sector da comunidade educativa:

 

Agradecémoslle a súa colaboración e participación nesta recollida de datos.

4º ESO CHARLA CON ARANTZA PORTABALES

12/04/2021 16:00
12/04/2021 16:50

O alumnado de 4º ESO ten unha charla coa autora Arantza Portabales o luns 12-4-21 de 16:00 a 16:50 horas

I CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA

A historia da peregrina Exeria é unha desas historias inspiradoras que todo o mundo debería coñecer. Viviu no século IV d.C. e nesa época iniciou unha atrevida viaxe en solitario ata a Terra Santa, Exipto e Mesopotamia. As súas impresións sobre o periplo, as paisaxes e as xentes que foi vendo durante meses foinas recollendo nun libro, o Itinerarium Egeriae.

En honor a esta curiosa e independente muller, considerada a primeira escritora galega da que temos coñecemento, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Illa de San Simón, en colaboración coa Biblioteca, convocamos conxuntamente o I Certame de microrrelato e fotografía Exeria. Nesta primeira edición, pareceunos que non había mellor tema para homenaxear a esta figura que as viaxes.

Pica aquí para acceder ás bases do certame.

CONCURSO SNACK EXPERIMENTS

19/04/2021 12:55
19/04/2021 12:55

O Club de Ciencia organiza o concurso 'Snack Experiments' para o alumnado de 1º Bach. O concurso consiste en gravar un video curto no que se leve a cabo un experimento breve con materiais que se teñen na casa.

  

 Vídeos finalistas

Gañadora do concurso

 

Agasallo aos participantes

 

 

 

EXPOSICIÓN CIUDAD CIENCIA 'LAS CHICAS SOMOS GUERRERAS'

24/03/2021 11:00
24/03/2021 12:20

O alumnado de 1º Bacharelato visita a exposición 'Las chicas somos guerreras' no local social da Casa do Concello o mércores 24 de marzo de 11:00 a 12:20h. Dita exposición é unha nova proposta do proxecto de divulgación Ciudad Ciencia para Cariño, que foi deseñada polo Museo Nacional de Ciencias Naturais do CSIC.

                        

 

4ºESO RELEVO2 CHARLA COMERCIALIZACIÓN E TRANSFORMACIÓN

16/03/2022 09:20
16/03/2022 10:10

O alumnado de 4º ESO ten una charla sobre COMERCIALIZACIÓN. Distribución e outros puntos de venta, organizada polo departamento de Orientación e impartida por membros dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro, o mércores 16-3-22 de 09:20 a 10:10 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

2ºBAC B CHARLA USC

15/03/2021 12:20
15/03/2021 13:10

O alumnado de 2º BAC B ten unha charla, impartida por Javier López, dentro do programa A Ponte da USC o luns 15-3-21 de 12:20 a 13:50 horas

2ºBAC A CHARLA USC

15/03/2021 10:10
15/03/2021 11:50

O alumnado de 2º BAC A ten unha charla, impartida por Javier López, dentro do programa A Ponte da USC o luns 15-3-21 de 10:10 a 11:50 horas

Equipo de Dinamización da Lingua Galega do curso 2023-2024

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal do curso 2023-2024 está integrado polos seguintes membros:

  • Coordinadora: Sara Filgueira Lorenzo
  • Representantes do profesorado: David Loureiro González e María Jesús Martínez Fustes
  • Representantes do alumnado: Alba Martínez Fernández, Eric Castro Martínez e Sandra Fraga López
  • Representante do persoal non docente: Carlos Castro Durán

O EDLG publica as novas sobre as actividades que organiza e outra información de interese na súa conta de Instagram.

CONCURSO 11F DESCUBRE AS TÚAS CIENTÍFICAS

11/02/2021 20:41
12/02/2021 20:41

O Club de Ciencias en colaboración coa Biblioteca e o Equipo de Dinamización organiza un concurso para todo o alumnado da ESO e Bacharelato coincidindo có 11 de Febreiro, Día da Nena e a Muller na Ciencia.

  

Gañadoras do concurso

  

 

PROGRAMA DO FOMENTO DO CONSUMO DE FROITAS E LEITE NA ESCOLA

Un ano máis participamos no Programa Escolar de Consumo de Frutas, Hortalizas y Leche, financiado pola Unión Europea, co fin de promover o consumo destes produtos e consolidar hábitos alimentarios saudables no alumnado dos centros escolares.

Dende o 14 de xaneiro o alumnado do noso centro dispón de mandarinas clementinas, mazás golden, peras conferencia, plátanos de canarias e leite enteira feiraco para o seu consumo durante os recreos.

 

O SABICHÓMETRO ESTÁ DE VOLTA!

 

Neste curso excepcional retomamos a publicación da nosa revista escolar, O Sabichómetro, agora nunha versión dixital e con acceso a materiais audiovisuais, adaptada ós tempos que corren. Podes ler xá o primeiro número, correspondente ó primeiro trimestre, picando aquí

I CAMPIONATO DE CUBO DE RUBIK

I Campionato de Cubo de Rubik do IES Cabo Ortegal, organizado polo Equipo da Biblioteca en colaboración co Club de Ciencias no marco das actividades do Mes da Ciencia en galego.

Nesta mañá gris, a chuvia deunos unha tregua e por fin puidemos celebrar o tan agardado I Campionato do cubo de Rubik, que tiveramos que adiar.

A expectación era máxima no patio e xs participantes estiveron á altura. Canto talento no Cabo Ortegal!!
 
 
 
Dende aquí queremos darlle as grazas a todo o alumnado que participou e os nosos parabéns ós gañadores das dúas categorías por resolver o reto nun tempo récord. Que cracks!

Anxo Taracido, de 2º ESO, gañador da categoría de 1º, 2º e 3º ESO (2 minutos e medio)

Mónica Rodríguez, de 4º ESO, gañadora da categoría de 4º ESO e BACH (7,88 segundos)

Xa sabedes, todo o mundo a practicar que o próximo ano temos que superar estas marcas!

Pica aquí para ver o vídeo resumo do campionato!

CONCURSO EN BUSCA DO ENIGMA PERDIDO

19/11/2020 20:09
27/11/2020 20:09

O Club de Ciencias organiza, en colaboración coa Biblioteca e o Equipo de Dinamización, o concurso 'En busca do enigma perdido' do 19 ao 27 de novembro coincidindo co mes da ciencia en galego.

  

Gañadores do concurso

  

  

  

  

1ºBACB CONMEMORACIÓN 25N

27/11/2020 10:10
27/11/2020 11:00

Con motivo da semana conmemorativa da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asistente social do Concello de Cariño impartirá información sobre ese tema o venres 27 de novembro de 2020 de 09:20 a 10:10 horas

1ºBACA CONMEMORACIÓN 25N

27/11/2020 09:20
27/11/2020 10:10

Con motivo da semana conmemorativa da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asistente social do Concello de Cariño impartirá información sobre ese tema o venres 27 de novembro de 2020 de 09:20 a 10:10 horas

1ºESO CONMEMORACIÓN 25N

26/11/2020 12:20
26/11/2020 13:10

Con motivo da semana conmemorativa da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asistente social do Concello de Cariño impartirá información sobre ese tema o xoves 26 de novembro de 2020 de 12:20 a 13:00 horas

CONMEMORACIÓN 25 N

O alumnado de 1º da ESO que cursa a materia de Investigación e tratamento da información elaborou este vídeo para conmemorar o 25 N. 

3ºPMAR CONMEMORACIÓN 25N

25/11/2020 11:30
25/11/2020 12:20

Con motivo da semana conmemorativa da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asistente social do Concello de Cariño impartirá información sobre ese tema o mércores 25 de novembro de 2020 de 11:30 a 12:20 horas

4ºESO CONMEMORACIÓN 25N

25/11/2020 08:00
25/11/2020 09:20

Con motivo da semana conmemorativa da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asistente social do Concello de Cariño impartirá información sobre ese tema o mércores 25 de novembro de 2020 de 08:30 a 09:20 horas

3ºESO CONMEMORACIÓN 25N

24/11/2020 13:10
24/11/2020 14:00

Con motivo da semana conmemorativa da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asistente social do Concello de Cariño impartirá información sobre ese tema o martes 24 de novembro de 2020 de 13:10 a 14:00 horas

2ºESO CONMEMORACIÓN 25N

23/11/2020 16:50
23/11/2020 17:40

Con motivo da semana conmemorativa da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asistente social do Concello de Cariño impartirá información sobre ese tema o luns 23 de novembro de 2020 de 16:50 a 17:40 horas

Distribuir contido


by Dr. Radut