Skip to Content
TELÉFONOS DE CONTACTO: 881960101 - 698148050 - 698148051

2º ESO DÍA DO LIBRO MERCADO DE LIBRO USADO

23/04/2024 11:00
23/04/2024 11:30

Para conmemorar o Día do Libro montamos un mercado de intercambio de libros usados no recreo


DÍA DO LIBRO 2024

23/04/2024 11:00
23/04/2024 11:30

No Día do Libro, fixemos unha lectura compartida de anacos dalgunhas obras relevantes da literatura universal nos idiomas do alumnado.

Podedes ver que o pasamos moi ben!!

Velaquí unhas mostras...

 
 

1º BAC DESAFÍO CANSAT CERCEDA

23/04/2024 07:50
23/04/2024 17:00
O 23 de abril de 2024 foi o lanzamento do noso satélite. Foi todo ben con relación á carcasa e ó paracaídas. O paracaídas logrou abrir á perfección e a lata non sufríu danos graves.
Pero non todo foi óptimo para o noso equipo PixinSat, tivemos problemas coa placa do Arduino e non puidemos recoller ningún dato á hora do lanzamento.
Nos vídeos que se mostran a continuación podedes ver a recollida do Sat e a noticia do Telexornal.

OBRADOIRO DE INTRODUCIÓN AO CINE DE ANIMACIÓN 1ª PARTE

22/04/2024 11:30
22/04/2024 14:00

Un grupo de 15 alumnas/os de ESO e 1º BAC participa na primeira sesión do obradoiro "ANÍMATE! introdución ao cine de animación" da man do artista local Borja Guerrero Parapar, o luns 22-04-24 de 11:30 a 14:00 horas.

Trátase de abrir unha vía de traballo e de creación enfocado ao mundo do audiovisual e do cine. As novas tecnoloxías permítennos traballar no mundo da animación con material próximo sen necesidad de contar cun gran presuposto, facer producións “profesionais” co mundo que nos rodea, todo vai depender da nosa pericia e destreza coas distintas ferramentas e materiais que utilicemos: – Imaxinación, Gañas, Materia prima (lápices, papeis, plastilina, obxectos de refugallo…) e Tablet ou móbil.

Primeira parte

Introdución ao mundo da animación: Falaremos do precinema para axudarmos a entender o funcionamento da animación, para isto valerémonos de múltiples xoguetes ópticos que nos darán unha visión máis real e cercana do que é a animación; o seu funcionamento e os principios teóricos.

Proxección de curtametraxes en stop motión: A modo de exemplo e para introducirnos no cinema de animación visionaremos diferentes curtas, onde poderemos comentar e analizar sobre a propia realidade plástica do stop motión e todo o que nos aporta.

Práctica co software “Stop Motion Studio”: Familiciarémonos co programa de animación para aprender o seu funcionamento, podendo cen­trarnos posteriormente no proceso de animación.

 

CONCURSO-FOLIADA DAS LETRAS GALEGAS

16/04/2024 09:50
16/04/2024 09:50

 

3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO: Agradecementos

12/04/2024 00:00
12/04/2024 00:00

Laura FO dí: " Ainda estou asimilando a semana que acabamos de pasar cos nosos amibos bretóns. Non teño máis que palabras de agradecemento polo ben que saíu! Creo que esta experiencia foi un claro exemplo de que traballando en equipo, todo funciona. Grazas ao meu alumnado, aos meus compis, ao equipo directivo e por suposto, ás familias. Seguirei presumindo de traballar no mellor instituto de Galiza!

 

3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO IV: Despedida

11/04/2024 08:30
11/04/2024 21:00

O xoves 11 había que despedirse así que, como bos galegos, fixémolo cunha romaría na que houbo música, baile, danza de arcos e, como non, comida e bebida. Parecía que ninguén se quería ir xa que estiveron de troula ata que anoiteceu. Esperamos que todos teñan un bo e enriquecedor recordo.
Aquí estaremos a vos esperar para cando queirades volver.
Boa viaxe!!! ✈️

 

3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO III: Xeoparque do Cabo Ortegal

10/04/2024 08:30
10/04/2024 20:30

O mércores 10 comezou o recorrido polo noso recén estreado Xeoparque Cabo Ortegal onde o alumnado de bioloxía fixo as presentacións de cada zona.

Despois foron, de vivos como di a tradición, a San Andrés de Teixido e para finalizar visitaron o "banco máis bonito do mundo" nos acantilados de Loiba.

A xornada foi inmellorable xa que o SOL acompañounos durante todo o día!!!

3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO II: Santiago

09/04/2024 08:30
09/04/2024 20:30

Pois hoxe martes 9 a visita foi a Santiago onde, ademais de ver os principais monumentos da localidade e pasear polas súas marabillosas rúas, tivero o privilexio de subir ás cubertas escalonadas de Catedral, que se recorren en toda a súa extensión.

Este ceo de pedra ofrece a opostunidade única de entender as distintas etapas de construción do templo; ter as súas torres, cúpulas e pináculos ao alcance da man e gozar de inmellorables perspectivas sobre as prazas monumentais.


3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO I: A Coruña

08/04/2024 08:30
08/04/2024 20:30

O noso instituto ten convidados: o alumnado de Liffré e tres dos seus profesores están de intercambio polas nosas terras.
O luns 8 tocou visitar A Coruña e, aínda que o tempo non acompañou moito, parece o aproveitaron e o pasaron moi ben

 
 
 

CANSAT PROBA PARACAÍDAS 2

08/04/2024 16:00
08/04/2024 18:00

Este luns 8 probamos unha das carcasas có paracaídas, a carcasa estaba chea de pezas as cales axudáronos a pesar e saber canto pesaría a lata cando se lle meterán as pezas do Arduino.
Comprobamos que a carcasa sobreviviu á herba pero non ó cemento.

 

 
 
 

1º BAC DESAFÍO CANSAT NO DIARIO DE FERROL

O noso alumnado participante no desafío CanSat que á Axencia Espacial Europea impulsa cada ano foi protagonista da noticia publicada o domingo 31 de marzo no Diario de Ferrol.

Podedes ver a noticia completa no seguinte enlace:

https://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/comarcas-cielo-cuatro-centros-participaran-lanzamiento-cansat-2024-4769007

 

4º ESO VIAXE DIDÁCTICA FIN DE ETAPA

21/03/2024 00:00
21/03/2024 00:00

O alumnado de 4º ESO realiza a súa viaxe didáctica de Fin de Etapa a Tenerife do 16 ao 22 de marzo de 2024.

 


 
 
 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IV CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA 'EXERIA'

 

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redondela) e do IES Mendiño (Redondela), en colaboración coa Biblioteca Escolar, convocamos a IV edición do Certame de microrrelato e fotografía Exeria, destinado a todo o alumnado dos tres centros organizadores. 

 

Nesta cuarta edición, a temática proposta son os descubrimentos. Explorar o mundo é unha aventura que nos conecta coa nosa curiosidade e herdanza. Con este certame, celebramos a valentía dos descubrimentos, invitando a compartir historias e imaxes que capturan a esencia destas exploracións. Sumádevos a esta viaxe de palabras e imaxinación, onde cada participante é un navegante moderno. Deixade que as vosas creacións descubran novos horizontes e inspirade outras persoas a facer o mesmo. Animámosvos a mergullarvos no pasado ou a soñar con futuros destinos, capturando a esencia dos descubrimentos nun microrrelato e nunha imaxe. Estades preparadxs para explorar e compartir os vosos mundos? Participade e descubride os territorios ocultos da vosa creatividade!

 

O prazo de presentación dos traballos é do 15 de marzo ó 5 de abril de 2024.

 

Picade aquí para acceder ás bases completas do certame.

XA TEMOS PUNTO LARANXA

11/03/2024 17:02

Xa está instalado no instituto o Punto Laranxa contra o acoso escolar nos centros educativos galegos cunha imaxe común e uniforme para que sexa perfectamente identificads e accesible.

Este punto laranxa ten un formato físico na propia instalación e outro virtual a través da web de cada centro educativo. A nosa é http://www.edu.xunta.gal/centros/iescaboortegal/node/1780

O seu funcionamento é como o dunha caixa de correos a través da cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.

Para xestionar esta caixa de correos, en cada centro educativo constitúese un equipo de actuación contra o acoso escolar integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro. Deste xeito, o alumnado conta cun equipo de referencia ao que dirixirse no caso de que o precise.

Ademais, no novo Protocolo educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar recentemente actualizado, establécese un procedemento de intervención ante os posibles casos que se coñezan por esta vía.

     

REIVINDICACIÓN DO 8 M

Fermoso mural realizado por Janire Adrián e Andrea Pérez, de 4º ESO, para o noso recuncho violeta.

8M. Non celebramos, reivindicamos!!!

Xa está instalada no corredor de acceso á cafetería a nosa reivindicación do 8M, Día Internacional da Muller.

O alumnado de 4º de Proxecto Competencial preparou estas urnas com recordatorio da impotancia do voto feminino.

Pero esta vez non se trata de votar, queremos que a comunidade educativa reflexione sobre os dereitos das mulleres. Podes responder as preguntas que se propoñen?

Non celebramos, reivindicamos!!!


 

INTEGRACIÓN EN TORONTO. PIALE 2023. BEATRIZ OTERO ESTEBAN

08/03/2024

Beatriz Otero, unha das profes de Tecnoloxía do centro, participou no programa PIALE 2023  que consistiu na integración nun instituto de Toronto durante 4 semanas. Aquí vos deixa un pequeno resumo da experiencia.

 
Música del video musical de Alegría del Circo del Sol
Letra: Calaude Amesse, Franco Dragone, Manuel Trados.
Música: de René Dupéré.

1º BAC DESAFÍO CANSAT XORNADA EN SANTIAGO

06/03/2024 08:30
06/03/2024 08:30

O alumnado de 1º BAC que forma parte do equipo de Polos Creativos participa o mércores 6 de marzo de 08:30 a 18:00 horas nunha xornada informativa de prelanzamento do Cansat na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

O Desafío Cansat está incluido dentro do programa de innovación educativa Polos Creativos, o cal está en pleno desenvolvemento en todos os centros educativos galegos.

A actividade está organizada polo equipo de Polos Creativos do IES Cabo Ortegal

     

 

 

3º ESO ENCONTRO CON ANDREA MACEIRAS

05/03/2024 11:30
05/03/2024 12:20

O alumnado de 3º ESO recibe á escritora Andrea Maceiras o martes 5-3-24 de 11:30 a 12:20 horas para conversar arredor da obra O que sei do silencio.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca, EDLG e Lingua Galega.

 

1º e 2º BAC CHARLA USC e ABAU

04/03/2024 12:20
04/03/2024 14:00

O alumnado de 1º e 2º de BAC ten unha charla sobre a USC e ás ABAU, impartida por Francisco Rodríguez Lestegas, o luns 4-3-24 de 12:20 a 14:00 horas.

 

Organizada polo departamento de Orientación

1º ESO PISCINA

20/02/2024 11:30
20/02/2024 14:00

O alumnado de 1º ESO A realiza unha actividade na piscina municipal o MARTES 20 DE FEBREIRO DE 2024 de 11:30 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e conta coa colaboración do Concello de Cariño.

 

2º ESO PISCINA

20/02/2024 08:30
20/02/2024 11:00

O alumnado de 2º ESO A e B realiza unha actividade na piscina municipal o MARTES 20 DE FEBREIRO DE 2024 de 08:30 a 11:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e conta coa colaboración do Concello de Cariño.

 

XV OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA NO IES CABO ORTEGAL

07/02/2024 10:30
07/02/2024 18:00

O mércores 7 de febreiro 47 alumnas e alumnos dos centros IES Concepción Arenal e IES Fernando Wirtz de A Coruña, IES Afonso X de Cambre, IES Concepción Arenal de Ferrol, IES Fernando Esquío de Neda, IES Virxe de Cela de Monfero e do IES Cabo Ortegal de Cariño participaron na XV Olimpíada de Xeoloxía no IES Cabo Ortegal.

Ás 10:30 horas a alcaldesa de Cariño Ana María López Fernández e a tenente alcalde Laura García Ruíz recibiron ao profesorado e ao alumnado dos 7 centros da provincia da Coruña participantes.


Unha vez rematado o acto de recepción realizaron unha xincana xeolóxica na contorna do Cabo Ortegal para a continuación dar paso ás probas teóricas no IES Cabo Ortegal de Cariño.


Despois dun bo xantar, participaron nunha visita de campo por algúns dos principais puntos do Xeoparque, guiados polo Doutor en Xeoloxía Francisco Canosa.


E para finalizar, entregaronse os diplomas ás gañadoras e ós gañadores das probas da maña, que foron:

Mellor grupo mixto: IES Alfonso X O Sabio (Cambre) e IES Concepción Arenal (Ferrol)

1º premio: Alejandro López - IES Concepción Arenal (Ferrol)

2º premio: Iván Arca - IES Alfonso X O Sabio (Cambre)

3º premio: Diego Sánchez- IES Fernando Wirtz (A Coruña)

Áccesit 4ºESO: Román Rojo - IES Rafael Dieste (A Coruña)

O gañador do 1º premio participará na fase española, que se celebrará o 13 de abril en Zamora. Moita sorte!!!

4º ESO OLIMPÍADAS XEOLOXÍA

07/02/2024 10:30
07/02/2024 18:00

4 alumnos de 4º ESO participan na olimpiada de Xeoloxía o mércores 7-2-24 de 10:30 a 18:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Ciencias Naturais

4º ESO e 1º e 2º BAC VISITA Á USC

30/01/2024 07:00
30/01/2024 17:30

O alumnado de 4º ESO e de 1º e 2º BAC realiza unha visita ao Campus de Santiago de Compostela o martes 30-1-24 de 7:00 a 17:30 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Orientación

 

 

 

 

2º ESO A e B CHARLA PEGADA DIXITAL

22/01/2024 11:30
22/01/2024 13:10

O alumnado de 2º ESO A e B participa na charla sobre Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais o luns 22-1-24 de 11:30 a 13:10 horas.

É un programa que convoca a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e abordará a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os e as menores.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

1º e 2º BAC DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

17/01/2024 08:00
17/01/2024 17:30

O alumnado de 1º e 2º BAC asiste a Actividades de Divulgación Científica que se realizan na facultade de Ciencias da UDC o mércores 17-1-24 de 8:30 a 17:30 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Física e Química.

    

 
 

4º ESO A e PDC PLAN DIRECTOR

09/01/2024 10:10
09/01/2024 11:00

O alumnado de 4º ESO A e PDC ten unha charla do Plan Director sobre "Violencia sobre a muller" o martes 09-01-24 de 10:10 a 11:00 horas.

A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.

3ºESO PLAN DIRECTOR

09/01/2024 11:30
09/01/2024 12:20

O alumnado de 3º ESO ten unha charla do Plan Director sobre "Violencia sobre a muller" o martes 09-01-24 de 11:30 a 12:20 horas.

A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut