Proxecto Voz Natura

FAVORECENDO A RECICLAXE DA MATERIA

O martes 20 de decembro o alumnado de 4º de ESO encargado da horta ecolóxica comezou o proceso de elaboración de compost a partir de restos orgánicos, co obxectivo de ter un abono adecuado para os cultivos, ademais de demostrar deste xeito o que se pode facer co lixo orgánico favorecendo o proceso natural de reciclaxe da materia.
Utilizando un composteiro instalado por eles a tal efecto, foron colocando ramas no fondo e despois capas de follas e herba e de residuos domésticos de xeito alternativo.
Se todo vai ben, dentro de uns meses teremos un excelente (e barato) abono ecolóxico.

SEMENTAR, SEMENTAREI ...

A partir da 3ª semana de decembro, estívose a facer a sementeira de landras de carballo e outras sementes de árbores actóctonas con alumnado de todos os cursos da ESO e máis de de bacharelato.
Reutilizando recipientes que foron traendo das súas casas os alumnos e alumnas do IES,  levaron a cabo esta tarefa, deeixándoos logo no invernadoiro.
Esperamos que en breve agromen as plantiñas e teñamos bos exemplares para facer a repoboación!

INVERNADOIRO: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO QUE VAI DESENVOLVER O PROXECTO: REALIZACIÓN DUN PEQUENO HORTO DE CULTIVO ECOLÓXICO.

O alumnado que se vai encargar do proxecto de realizar un pequeno horto ecolóxico no invernadoiro está a cursar 4º de ESO. Trátase dun grupo de 10 estudantes e estes son os seus nomes:

Adrián Amor, Thalia Bustelo, Jacobo Esparís, Victoria Fernández, Julián Fontáns, Jorge Garabal, Alba Lamas, Adrián Noya, Raquel Quiñoy e Celeste Tojo.

CREACIÓN DUN ESPAZO ARBÓREO AUTÓCTONO. PRIMEIROS PASOS

O venres 5 de novembro levouse a cabo a primeira fase do proxecto que se vai desenvolver durante este curso, incluído no programa Voz Natura
Os primeiros labores realizados foron o acondicionamento do terreo e a colocación do invernadoiro no que se instalará un pequeno horto ecolóxico, e que se usará, ademais,  para a sementeira das árbores autóctonas coas que se vai facer unha experiencia de repoboación dun bosque da comarca.
O Departamento de Bioloxía, encargado de coordinar estes traballos, fará unha estratificación de diferentes sementes recollidas por alumnado e profesorado interesado en colaborar co proxecto.
En breve disporemos tamén dun pequeno composteiro para residuos orgánicos domésticos.

Distribuir contido