Formación de usuarios

Sesións formativas curso 2018-19. O novo alumnado coñece a biblioteca do centro

header

Un ano máis, a biblioteca escolar Roberto Vidal Bolaño do IES de Brión convidou ao novo alumnado de 1º da ESO a coñecer a biblioteca do centro a través dunhas sesións informativas co fin de divulgar os servizos que ofrece a biblioteca a toda a comunidade educativa.

As visitas á biblioteca conduciron aos estudantes ata un espazo que quere converterse nun centro de recursos para o correcto desenvolvemento do traballo académico e tamén para o tempo de lecer, a través do libro, a lectura e as novas tecnoloxías da información e a comunicación.

As charlas celebráronse no mes de decembro. Cada sesión prolongouse durante aproximadamente 50 min.; nelas, informouse aos novos usuarios e novas usuarias da situación da biblioteca no centro, dos materiais dos que dispón e a súa organización, do sistema de clasificación e ordenación empregado, do acceso aos catálogos (OPAC) e dos servizos que ofrece (sala, préstamo a domicilio, acceso á internet, libros en formato dixital, etc.).

O alumnado tamén coñeceu un pouco de historia do libro e das bibliotecas, a súa función na sociedade e a evolución destas cara un novo concepto: o de mediatecas; centros de recursos para a formación e a información e o aproveitamento do tempo de lecer, onde os novos soportes e medios de transmisión da información están casa día máis presentes.

O equipo de bibliotecas do centro foi o encargado de coordinar as visitas, que contaron coa colaboración do resto de docentes e dun técnico de biblioteconomía. Unhas sesións que ao longo do curso se complementarán con outras actividades de formación de usuarios.

Sesións formativas para os novos usuarios da biblioteca. Curso 2016-17

Un ano mais, a biblioteca escolar Roberto Vidal Bolaño do IES de Brión convidou a todos os alumnos e alumnas de 1º da ESO a unhas sesións informativas co fin de divulgar entre o novo alumnado os servizos que ofrece a biblioteca a toda a comunidade educativa.

Estas visitas á biblioteca conducen aos estudantes ata un espazo que busca converterse nun centro de recursos para o correcto desenvolvemento do traballo académico e tamén para o tempo de lecer, a través do libro, a lectura e as novas tecnoloxías da información e a comunicación.

As charlas celebráronse este ano entra a última semana de outubro e a primeira de novembro. Cunha duración de aproximadamente 50 min., as sesións informaron aos novos usuarios da situación da biblioteca no centro, dos materiais dos que dispón e a súa organización, do sistema de clasificación e ordenación empregado, do acceso aos catálogos (OPAC) e dos servizos que ofrece (sala, empréstito a domicilio, acceso á internet, libros en formato dixital, etc.).

O alumnado aprendeu un pouco de historia do libro e das bibliotecas, a súa función na sociedade e a evolución destas cara un novo concepto: o de mediatecas; centros de recursos para a formación e a información e o aproveitamento do tempo de lecer, onde os novos soportes e medios de transmisión da información están casa día máis presentes.

O equipo de bibliotecas do centro foi o encargado de coordinar as visitas, que contaron coa colaboración do resto de docentes e dun técnico de biblioteconomía. Unhas sesións que ao longo do curso se complementarán con outras actividades de formación de usuarios.

Sesións formativas para os novos usuarios da biblioteca. Curso 2015-16

A biblioteca escolar Roberto Vidal Bolaño recibiu un ano máis as visitas de todos os alumnos e alumnas de 1º da ESO co fin de divulgar entre o novo alumnado os servizos que ofrece a biblioteca a toda a comunidade educativa.

As visitas conducen aos estudantes ata un espazo que busca converterse nun centro de recursos para o correcto desenvolvemento do traballo académico e tamén para o tempo de lecer, a través do libro, a lectura e as novas tecnoloxías da información e a comunicación.

As charlas, que este ano se celebraron na última semana de novembro, mostraron aos novos usuarios a situación da biblioteca no centro, os materiais dos que dispón e a súa organización, o sistema de clasificación e ordenación empregado, o acceso aos catálogos (OPAC) e os servizos que ofrece (sala, empréstito a domicilio, acceso á internet, libros en formato dixital, etc.). A dispoñibilidade na sala de medios audiovisuais permitiu que os alumnos coñeceran as páxinas web da biblioteca (incluída no portal web do centro) e do club de lectura Raíña Lupa.

Os alumnos tamén aprenderon un pouco de historia do libro e das bibliotecas, a súa función na sociedade e a evolución destas cara un novo concepto: o de mediatecas; centros de recursos para a formación e a información e o aproveitamento do tempo de lecer, onde os novos soportes e medios de transmisión da información están casa día máis presentes.

O equipo de bibliotecas do centro foi o encargado de coordinar as visitas, que contaron coa colaboración do resto de docentes e dun técnico de biblioteconomía. Unhas sesións que ao longo do curso se complementarán con outras actividades de formación de usuarios.

Sesións formativas para os novos usuarios da biblioteca

Como cada comezo de curso a biblioteca escolar Roberto Vidal Bolaño do IES de Brión organiza unha visita de todos os alumnos e alumnas de 1º da ESO ás súas instalacións co fin de divulgar entre o novo alumnado os servizos que ofrece a biblioteca a toda a comunidade educativa.

As visitas conducen aos estudantes ata un espazo que busca converterse nun centro de recursos para o correcto desenvolvemento do traballo académico e tamén para o tempo de lecer, a través do libro, a lectura e as novas tecnoloxías da información e a comunicación.

As charlas, que este ano se celebraron en datas próximas ao 24 de Outubro Día das Bibliotecas, mostraron aos novos usuarios a situación da biblioteca no centro, os materiais dos que dispón e a súa organización, o sistema de clasificación e ordenación empregado, o acceso aos catálogos (OPAC) e os servizos que ofrece (sala, empréstito a domicilio, acceso á internet, libros en formato dixital, etc.). A dispoñibilidade na sala de medios audiovisuais permitiu que os alumnos coñeceran as páxinas web da biblioteca (incluída no portal web do centro) e do club de lectura Raíña Lupa.

Os alumnos tamén aprenderon un pouco de historia do libro e das bibliotecas, a súa función na sociedade e a evolución destas cara un novo concepto: o de mediatecas; centros de recursos para a formación e a información e o aproveitamento do tempo de lecer, onde os novos soportes e medios de transmisión da información están casa día máis presentes.

O equipo de bibliotecas do centro foi o encargado de coordinar as visitas, que contaron coa colaboración do resto de docentes e dun técnico de biblioteconomía. Unhas sesións que ao longo do curso se complementarán con outras actividades de formación de usuarios.

Os alumnos de 1º da ESO visitan a biblioteca

Visita a biblioteca alumnos 1º da ESO Visita a biblioteca alumnos 1º da ESO
 

Un ano máis, os alumnos de 1º da ESO do instituto tiveron a oportunidade de coñecer a biblioteca escolar de primeira man, grazas ás visitas guiadas que cada inicio de curso se organizan co fin de divulgar entre o novo alumnado os servizos que ofrece a biblioteca do centro.

Unhas visitas que conducen aos estudantes ata un espazo de referencia que busca converterse en centro de recursos para o correcto desenvolvemento do traballo académico e para o tempo de lecer. Un lugar onde a comunidade educativa pode acceder á información a través do libro e os novos soportes que a era dixital nos ofrece.

As charlas pretenden que os novos alumnos e alumnas se familiaricen coa situación da biblioteca, os materiais dos que dispón e a súa organización espacial, o sistema de clasificación e ordenación, os servizos que ofrece (sala, empréstito a domicilio, acceso a internet, mediateca, etc.).

Na sesión tamén se falou sobre a función das bibliotecas na sociedade, da evolución destas cara a un novo concepto: o de mediatecas, centros de recursos para a formación, a información e o tempo de lecer, onde os novos soportes e medios de transmisión da cultura e do coñecemento están cada día máis presentes.

As charlas, duns cincuenta minutos de duración, foron coordinadas dende o equipo de biblioteca, contando coa colaboración do resto de profesores e do técnico en biblioteconomía que colabora co centro. A dispoñibilidade na sala de medios audiovisuais permitiu que os alumnos se familirizaran coas páxinas web da biblioteca (incluída no portal web do centro) e do club de lectura Raíña Lupa.

Concurso Coñece a biblioteca

biblioteca escolar

Todos os anos, a comezo de curso, os alumnos de 1º da ESO do IES de Brión visitan a biblioteca do centro no transcurso dunha sesión organizada para dar a coñecer o seu funcionamento. A situación da biblioteca, a organización dos fondos, os diferentes servizos... e algunhas cousiñas máis, trátanse nesta visita guiada que procura que todos os escolares coñezan as posibilidades educativas e de lecer da biblioteca do seu centro.
Pero, acadariamos os obxectivos?. Que mellor maneira de  sabelo que retando a este alumnado nun concurso onde poden demostrar que coñecen a súa biblioteca escolar.

Cales son as bases?

1. Pode participar todo o alumnado matriculado no centro en 1º da ESO durante o curso 2012-2013.
2. A participación farase en grupos de 4 ou 5 persoas que se inscribirán na biblioteca nun dos recreos durante a semana do 26 ao 30 de novembro.
3. O día 3 de decembro no 2º recreo cada equipo participante recollerá na biblioteca unha folla con 8 pistas que deben levarlles a descubrir os datos que se preguntan.
4. O gañador será o equipo que primeiro entregue na biblioteca (a Armando ou a Mercedes) a folla coas respostas correctas. No momento da entrega quedará rexistrada a data e hora. No caso de coincidir máis dun grupo, farase un sorteo.
5. Cada persoa do grupo gañador será obsequiada cun libro, cómic, CD ou DVD da súa elección.
6. O feito de participar neste concurso implica a aceptación de todas as bases.

Pregamos que poñades moito coidado en non deixar os libros que empreguedes na vosa búsqueda dos datos fóra do seu sitio.

Podedes consultar calquera dúbida coas seguintes persoas:
Mercedes Souto (coordinadora da biblioteca)
Esther García e Xavier L. Tomé (profesores do equipo de biblioteca)
Armando (bibliotecario)

Visita á biblioteca dos alumnos de 1º da ESO

biblioteca escolar do IES de Brión
 

Os alumnos e alumnas de primeiro curso visitaron a biblioteca do centro nunhas sesións orientadas á formación de usuarios. Con estas charlas preténdese que os novos alumnos e alumnas coñezan a situación da biblioteca, os materiais dos que dispón e a súa organización espacial, o sistema de clasificación e ordenación, os servizos que ofrece (sala, empréstito a domicilio, acceso a internet, mediateca, etc.).

Tamén se incidiu da función das bibliotecas na sociedade, na evolución destas cara a un novo concepto: o de mediatecas, centros de recursos para a formación, a información e o tempo de lecer, onde os novos soportes e medios de transmisión da cultura e do coñecemento están cada día máis presentes.

A sesións, duns cincuenta minutos de duración, foron coordinadas dende o equipo de biblioteca, contando coa colaboración do resto de profesores e do técnico en biblioteconomía que colabora co centro.

Nos vindeiros meses, estas sesións complementaranse con novas charlas, dirixidas aos alumnos e alumnas de primeiro ano, onde se mostrará en profundidade o catalogo on-line do Proxecto Meiga e como procurar materiais nel, para logo localizalos autonomamente na sala. Tamén se organizarán sesións dirixidas ao resto de niveis académicos, con actividades de procura documental empregando as ferramentas que a biblioteca do centro pon a disposición da comunidade educativa.

Visitas á Biblioteca Municipal dos alumnos de 1º Ciclo da ESO

Sala principal BPM de Brión

Abril, mes do libro, é tamén o inicio dunha nova etapa da Biblioteca Municipal de Brión. Dende comezos de mes, unhas renovadas instalacións están a disposición de todos os usuarios da biblioteca pública de Brión. A nova localización, no primeiro andar da antiga Casa Consistorial, permite a biblioteca duplicar o seu espazo, pasando dos case 100 aos máis de 190 m2 cos que agora conta. Unha mellora que se aprecia nada máis entrar, sobre todo cando se combina coa maior altura e luminosidade do local, que dispón dun teito de madeira no que se localizan tres puntos de iluminación natural que ambientan a sala principal, creando unha agradable atmosfera que favorece a lectura.

O espazo estruturase en tres salas. A central, acolle o fondo principal, e nela atópase o mostrador de atención ao público, as computadoras de acceso a internet e 16 postos de lectura. Dende ela pódese acceder a ás outras dúas, que se sitúan nas esquinas do edificio. Trátase de espazos especializados, un deles pensado para o estudio, con 8 postos de lectura, e outro para acoller aos usuarios máis pequenos.

O mobiliario foi aproveitado na súa gran parte, coma os andeis ou ou o mostrador de atención ao público. Incorporáronse novas mesas e cadeiras moito máis cómodas que as anteriores, tanto no servizo de acceso a Internet coma para lectura e estudo. A lectura informal na biblioteca dispón agora duns cómodos sofás, recuperados da vella alcaldía.

Coa idea de dar a coñecer as novas instalacións aos máis novos do concello, a Biblioteca Municipal e o IES de Brión organizan esta semana un programa de visitas guiadas dos alumnos de 1º Ciclo da ESO á Biblioteca Pública de Brión. Con elas preténdese non só dar a coñecer as novas instalacións, tamén informar sobre os servizos que a biblioteca obrece á comunidade e o xeito de acceder a eles.

Visitas á biblioteca escolar dos alumnos de primeiro curso da ESO

Un ano máis os alumnos e alumnas de primeiro curso visitaron a biblioteca do centro nunhas sesións orientadas cara a formación de usuarios. A idea destas charlas é dar a coñecer aos novos alumnos e alumnas a situación da biblioteca, os materiais dos que dispón, a súa organización espacial na sala, o sistema de clasificación e ordenación, os servizos que oferta (sala, empréstito a domicilio, acceso a internet, mediateca, etc.).

Tamén se falou da función das bibliotecas na sociedade, na evolución destas cara a un novo concepto: o de mediatecas, centros de recursos para a formación, a información e o tempo de lecer, onde os novos soportes e medios de transmisión da cultura e do coñecemento están cada día máis presentes.

A sesións, duns cincuenta minutos de duración, foron coordinadas dende o equipo de biblioteca, contando coa colaboración do resto de profesores e do técnico en biblioteconomía que colabora co centro. A principal sorpresa foi descubrir que a maioria dos rapaces e rapazas que acudiron xa eran usuarios habituais da biblioteca, a pesar de levar pouco tempo no instituto. Toda unha inxección de ánimo para o equipo que participa e colabora no proxecto de biblioteca de centro.

Cara ao vindeiro trimestre, estas sesións complementaranse con novas charlas, dirixidas aos alumnos e alumnas de primeiro ano, onde se mostrará en profundidade o catalogo on-line do Proxecto Meiga e como procurar materiais nel, para logo localizalos autonomamente na sala. Tamén se organizarán sesións dirixidas ao resto de niveis académicos, con actividades de procura documental empregando as ferramentas que a biblioteca do centro pon a disposición da comunidade educativa.

FORMACIÓN DE USUARIOS: Visitas guiadas a biblioteca de todos os niveis educativos

Dentro do Programa de Mellora das Bibliotecas Escolares e no apartado de Formación de usuarios queremos promover entre o alumnado o coñecemento e as posibilidades de formación, información e lecer que a nosa biblioteca ofrece. Para tal fin, dende hai varios anos, véñense programando a comezos de curso unha serie de visitas guiadas á biblioteca de todo o alumnado do centro.

Segundo o nivel educativo, a charla orientase nun senso ou outro, atendendo aos contidos impartidos en anteriores visitas. Así, aos alumnos de 1º da ESO preséntaselle a biblioteca por primeira vez, orientándoos sobre a súa organización, servizos e funcionamento.

No resto de niveis educativos a charla introduce aos rapaces no aproveitamento dos recursos informativos que a biblioteca ofrece, facendo especial fincapé nas ferramentas que as novas tecnoloxías da información aportan aos usuarios das bibliotecas, como uso dos catalogos on-line, o apartado biblioteca na páxina web do centro e o uso das ferramentas que ofrece Internet para a procura de información.

As sesións, a cargo dun técnico en biblioteconomía, contan con apoio multimedia, imprescindible para garantir a comprensión do crecente papel das novas tecnoloxías no acceso a información e aos contidos culturais e educativos.


Visitas formativasVisitas formativas

Preme nas imaxes para maximizalas

As visitas programadas, de todos os grupos e niveis educativos do centro, desenvolvéronse segundo o seguinte esquema:

DATA HORA GRUPO MATERIA PROFESOR/A

30 outubro

9:35 a 10:25

1º C

PROX. INTERD.

MARÍA

30 outubro

10,25 a 11,15

1º A

PROX. INTERD

MARÍA

31 outubro

9:35 a 10:25

1º B

C. SOCIAIS

OBDULIA

31 outubro

10,25 a 11,15

2º A

C. SOCIAIS

OBDULIA

2 novembro

9,35 a 10,25

2º B

C.NATURAIS

BAÑOS

2 novembro

10,25 a 11,15

2º C

MATEMÁTICAS

BRETAÑA

5 novembro

9,35 a 10,25

3º A

INGLÉS

PILAR

5 novembro

10,25 a 11,15

3º B

C. SOCIAIS

PEDRO

6 novembro

9,35 a 10,25

3º DIV

A. CIENTÍFICO

ÁNGEL

7 novembro

9,35 a 10,25

4º DIV

A. CIENTÍFICO

ÁNGEL

8 novembro

9,35 a 10,25

4º A

L. GALEGA

SUSO

8 novembro

10,25 a 11,15

3º C

MATEMÁTICAS

TOÑO

9 novembro

9,35 a 10,25

4º B

L. CASTELÁ

CONSUELO

Distribuir contido