Estamos a piques de representar a adaptación de "Animaliños"

O grupo de Teatro do IES de BRION está a rematar os ensaios de "Animaliños" de Roberto Vidal Bolaño.

A directora do grupo de Teatro Beatriz Graña Barcia, fixo varias adaptacións da obra: a primeira, ao comezo do curso, cando se fixo o "casting" ; a segunda, cando algúns alumnos e alumnas  non se responsabilizaron dos seus compromisos e deixaron de vir aos ensaios, por tal motivo houbo que "adaptar" a adaptación..., e por último, cando xa non tiñamos esperanzas de poder representar a obra, chegou a primavera e con ela máis actores, todos de 1º da ESO...

As datas da representación, que será no propio instituto, están por decidir. ¡Estade atentos!

AdxuntoTamaño
CURSOS SELECCIONADOS.doc27.5 KB