TEATRO E AMIZADE

Queremos agradecer a todas as persoas que compartiron con nos o pracer de escoitar esta tarde-noite a Manuel Lourenzo, Rubén Ruibal e Alberte Álvarez, recordando a quen foi o seu amigo, o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. Queremos agradecer a súa presenza na mesa a Manuel Lourenzo, Rubén Ruibal, Alberte Álvarez e ao noso compañeiro Suso Sambade. Grazas especialmente a Belén Quintáns por, entre outras cousas, compartir con nos esta tarde-noite de teatro e amizade.