Xornada de portas abertas coa presenza de Víctor Freixanes

O pasado día 28 de febreiro, celebrouse no IES de Brión, un acto inaugural con motivo da apertura do novo centro, para os alumnos, ex-alumnos e profesores.
O acto contaba coa presenza de Mariña Álvarez Rei, profesora no instituto e unha excepcional escritora con obras publicadas e dous premios no seu haber.
Ela foi a encargada de presentar ao señor Víctor Freixanes, autor de varios libros narrativos e membro da Real Academia Galega.
O discurso de Freixanes estaba dirixido a Xosé María Álvarez Blázquez, xa que este ano se lle adica o día das Letras Galegas.
Durante o acto, o señor Freixanes falounos e comentounos aspectos da vida e da obra de Blázquez, e incluíu varias historias anecdóticas no seu discurso.
O momento máis emotivo foi cando Freixanes recitou varios poemas compostos e recollidos en libros de Álvarez Blázquez.
Logo, Mariña entregoulle un presente en nome da comunidade escolar.
O acto ramatou cunha gran ovación dirixida a Víctor Freixanes e déuselle as grazas por acompañarnos e poder contar coa súa presenza neste día.
Tamén lle agradecemos a súa asistencia a tódalas persoas que esa tarde quixeron acompañarnos.
Para todos nós, foi un día moi emotivo xa que nos reencontramos con antigos profesores e compañeiros e ademais, tivemos o grande placer de que viran este novo centro, polo cal todos loitamos, e aínda que eles non poidan disfrutalo, poden ter a satisfacción de que grazas ó seu esforzo este proxecto xa é unha realidade.

Cristina Labandeira, Elisa Bargo