CONVOCATORIA DE PRAZAS NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS 2023/2024

Convócanse prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2023/2024.

 

PRAZO ORDINARIO:

  • •.Para os solicitantes matriculados en BACHARELATO, entre o 7 de xuño e o 12 de xullo de 2023. 

  • •.Para os solicitantes matriculados en CICLOS FORMATIVOS, entre o 7 de xuño e o 1 de agosto de 2023. 

  • •.Publicación da listaxe provisional: o 22 de agosto de 2023. 

  • •.Prazo para formular a reclamación: ata 5 días hábiles despois da publicación da listaxe. 

  • •.Publicación da listaxe definitiva e da adxudicación de praza: O 4 de setembro de 2023. 

PRAZO EXTRAORDINARIO:

  • •.Cando feita a adxudicación de prazas no período ordinario existan no respectivo centro residencial prazas vacantes , abrirá un prazo de presentación de solicitudes do 4 ó 8 de setembro de 2023. 

  • •.Publicación da listaxe provisional: 18 de setembro 2023. 

  • •.Prazo para formular reclamación: Ata o 25 de setembro de 2023. 

  • •.Publicación da listaxe definitiva e da adxudicación de praza: 29 de setembro de 2023. 

  •  MÁIS INFORMACIÓN NO ARQUIVO