SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-24

xúntase pdf do DOG coa convocatoria

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Procedemento administrativo:     ED330B

Beneficiarios/as.-

     -Axudas para material escolar: alumnado matriculado en ESO.

     -Fondo solidario de libros:  o noso centro está incluído no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2023/24 polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

Documentación necesaria.-

 -Impreso de solicitude ED330B (Anexos I e II): (xúntase impreso solicitude pdf instrucións para cubrila)

 -Copia de documento que acredite a unidade familiar (31 de decembro de 2021): Libro de familia, sentenza de divorcio/convenio regulador, ou no seu defecto certificado de convivencia expedido polo Concello correspondente.

A data do 31 de decembro de 2021 poderá seroutra, cando unha sentencia de separación ou divorcio sexa posterior a dita data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero, nos que se aplicará o disposto na lexislación específica.

    -Se é o caso: Certificado do grao de discapacidade do alumno ou calquera membro da familia. Documentación xustificativa de situación de violencia de xénero. Resolución de acollemento de alumnado en situación de tutela da Xunta de Galicia.

Forma de presentación de solicitudes.

  • Electrónica: utilice a aplicación FONDO LIBROS e presente solicitude na SEDE ELECTRÓNICA  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla da aplicación Fondo Libros)

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos  na aplicación FONDO LIBROS  imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

  Alumnado con necesidade específicas de apoio educativo.

Ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en  1º, 2º 3º e 4º da ESO que, a xuízo do centro docente, non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso no que estea matriculado e para o que non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale co que poderá adquirir os libros ou o material didáctico e complementario específico que o centro docente determine en cada caso, polos importes establecidos no artigo 2.2.d) da convocatoria. Esta situación deberá acreditarse cun informe do centro onde se xustifique a necesidade de adquirir o material indicado para o alumno e a imposibilidade de empregar os libros de texto do fondo solidario de calquera curso, que debe quedar arquivado xunto coa solicitude.

NOTA IMPORTANTE: Os vales de libros e/ou material deberán levar obrigatoriamente a sinatura e o selo orixinais do centro, incluso no caso de estar asinados electronicamente,

ORDE DO 10 DE  MAIO DE 2023 : AXUDAS E FONDO LIBROS:

LIGAZÓN
IMPRESO SOLICITUDE ED 330B (ANEXO I E II): LIGAZÓN
INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR IMPRESO: LIGAZÓN
MANUAL DO USUARIO PARA O CIDADÁN LIGAZÓN