PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2023-24

Seguindo a normativa que regula o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso académico 2022-23 (Decreto 13/2022 do 3 de febreiro) no día de hoxe 24 de Abril publicamos a listaxe provisional do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso académico 2023/24

As persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes provisionais, coa puntuación desagregada dos criterios de baremo:

Presencial:  no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

Non presencial: a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais,non se poderán consultar por ningún outro medio físico ou electrónico de publicación, nin facer fotos das mesmas.

Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación das listaxes na secretaría do centro.

As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.