AMPLIACIÓN DE AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Publicada no Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro de 2022 a Resolución de concesión directa da ampliación das axudas para adquirir material escolar.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.

As familias poden recoller o vale de 25€ no centro a partir do martes 18 de outubro.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría antes do 1 de decembro de 2022.

Ver resolución aquí: DOG nº 196. 14/10/22