O IES de Brión Súmase a iniciativa BRIÓN EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA .O dia 25N convidamos a toda a comunidade educativa a vir vestida de negro, co obxectivo de amosar publicamente a nosa repulsa contra a violencia machista.
Co lema “Se é amor, non doe" dende a Biblioteca fíxose unha selección de lecturas que están á nosa disposición.Escolleuse tamén unha serie de curtas en varias linguas, pois a violencia contra as muleres está presente en todas as sociedades e culturas.. O mércores visionaránse na biblioteca.
Tamén sumouse co cancelo #BibliotecasSTOPViolencia para visibilizar as iniciativas deste día.
O cartaz e selección de curtas
https://bibliobrion.blogspot.com/2020/11/25-novembro-dia-internacional-contra.html
Como estabamos a traballar co Origami, engadimos a esta iniciativa
Navega en igualdade, fai o teu barquiño: https://bibliobrion.blogspot.com/2020/11/navega-en-igualdade-fai-tua-barquina-de.html
Dende o Equipo de Normalización lingüística convocouse un concurso de HAIKUS (1º, 2º e 3º ESO) e MICRORRELATOS (4º ESO e BACH) co lema 25 novembro VIOLENCIA = 0
VER CARTAZ
Dende o Departamento de Orientación, traballarase co alumnado de 3º e 4º de ESO nas horas de titoría os distintos tipos de violencia de xénero e os mitos do amor romántico.
NON TES DISCULPA PARA NON SUMARTE
PARTICIPA NALGUNHA DAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS