Educación vial a través do teatro

05/11/2007 10:30

O alumnado de 4º de ESO participará na campaña "Onde está o perigo?" que organizan os Departamentos de Educación e Xuventude e Tráfico e Seguridade Cidadá así como a Xefatura de Tráfico da Coruña.

A primeira proposta desta campaña vai dirixida ao alumnado de secundaria e consiste na representación da obra de teatro musical titulada "133.6FM. No espazo interior".

A representación teatral será na sala Mozart do Auditorio de Santiago de Compostela o luns 5 de novembro ás 12 horas.

O alumnado de 4º irá acompañado polo seu profesorado-titor/a co gallo de continuar traballando en titoría os distintos temas que sobre Educación Vial se introducen na obra de teatro, como son respectar os sinais, poñerse o casco, abrocharse o cinto de seguridade ou non beber cando se vai conducir.